Juan Bautista Puchades Quilis

escultor valenciano fincado en Mondoñedo (1934- )

Juan Bautista Puchades Quilis, nado en Valencia o 16 de marzo[1] de 1934[2], é un escultor residente en Mondoñedo.

Modelo:BiografíaJuan Puchades
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1934 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Facebook: Puchades-de-Mondoñedo-126853340708976 Editar o valor en Wikidata
Estatua de Antonio Gandoy, feita por Puchades, en Lugo
Estatua de Antonio Gandoy, feita por Puchades, en Lugo (2004)

Traxectoria

editar

Estudou Belas Artes na Escola Superior de S. Carlos de Valencia, rematando en 1958. Chegou a Mondoñedo en 1960[2], como profesor no Instituto San Rosendo. En Mondoñedo casou coa súa muller, Alicia. Dende o ano 1970 é catedrático de debuxo[1]. Como escultor, investiga as posibilidades do ferro; realiza esculturas con este material, con madeira, con pedra e bronce[3].

Pertenceu ó grupo Los Urogallos, fundado en 1962, e foi asemade cofundador do Grupo Artístico e Cultural O Feitizo - Amigos das Artes (1977)[4] e O mundo da Galea (1999)[4].

En 2011 foi nomeado fillo adoptivo do concello de Mondoñedo.[1][5]

Exposicións

editar
  • Oviedo, 1966[1]
  • Vigo, 1977
  • Rathaus Murten, Suíza, 1978
  • A Coruña, 1980
  • Lugo, 1980
  • Getafe, 1991
  • Mar, Viveiro 2018[6]
  • Modelando Vidas. Museo Provincial de Lugo, 2018[7]
 
Imaxe de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo, de Puchades (1991)

Certames

editar
  • Mestre Mateo (Santiago - 1971)
  • Nacional de Pequeña Escultura (Valladolid - 1972)
  • Segorbe (Castelló - 1974)
  • Nacional de Escultura y Pintura (Madrid - 1975)
  • Bimilenario (Lugo - 1976)
  • III Bienal de Escultura (Sarria - Lugo - 1977)
  • II Bienal de Escultura (Vilanova da Cerveira - Portugal - 1980)
  • Salón de Primavera (Valencia - 1981)
  • Bicentenario de Nobles y Bellas Artes S. Eloy (Salamanca - 1984)
  • Centro Internacional de Arte Contemporánea do Salón das Nacións Unidas (París - 1984)

Obras individuais

editar

Monumento ós Caídos de Lugo (1962)

Premios

editar
  • 1º Premio en Mestre Mateo.
  • 1º Premio de Segorbe.
  • 1º Bimilenario de Lugo.
  • 1º da III Bienal de Sarria.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Juan Puchades Quilis Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2018-11-26. 
  2. 2,0 2,1 "«Cheguei coa intención de quedarme para un ano e xa levo 58 anos»". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-11-25. Consultado o 2018-11-26. 
  3. 'Aproximación a la escultura contemporánea', Un. de Vigo http://www.investigo.biblioteca.uvigo.es/xmlui/bitstream/handle/11093/685/Aproximación_a_la_escultura_contemporánea.pdf
  4. 4,0 4,1 "Juan Puchades pasará á historia con Mondoñedo". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-04-26. Consultado o 2018-11-26. 
  5. "Puchades ya es Fillo Adoptivo de Mondoñedo". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-05-01. Consultado o 2018-11-26. 
  6. "Muestra colectiva viveirense llamada". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-07-17. Consultado o 2018-11-26. 
  7. "PressReader.com - Connecting People Through News". www.pressreader.com. Consultado o 2018-11-27. 

Ligazóns externas

editar