Joshua Fishman
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Joshua Fishman (Shikl Fishman)[1], nado en 1926 en Filadelfia e finado o 1 de marzo de 2015, foi un sociolingüista norteamericano, especialista en yiddish e creador do concepto de diglosia.
(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xullo de 1926 Filadelfia, Estados Unidos de América |
Morte | 1 de marzo de 2015 (88 anos) Bronx, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Columbia Universidade de Pensilvania |
Actividade | |
Campo de traballo | Sociolingüística, lingüística, Psicoloxía social e Lingua yiddish |
Ocupación | lingüista, escritor de non ficción, profesor universitario, sociolingüista, sociólogo |
Empregador | Universidade Stanford Universidade de Pensilvania |
Membro de | |
Obra | |
Arquivos en | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Traxectoria
editarEstudou na Universidade de Pensylvania e na de Columbia. En 1960 obtén o posto de profesor de psicoloxía na Universidade Yeshiva de Nova York. Fundou o International Journal of the Sociology of Language.
Especializado no bilingüismo e nos procesos de substitución lingüística, a súa obra Language Loyalty in the United States (1966) serviu de base para a aprobación da Lei de educación bilingüe dos Estados Unidos (1968).
Coas súas obras Readings in the Sociology of Language (1968) e Advances in the Sociology of Language (1971-1972) foi un dos creadores da socioloxía da linguaxe. Fisham modificou a definición de diglosia dada por Charles Ferguson, para lle dar un matiz de funcionalidade comunicativa diferente para cada variedade lingüística que fala a comunidade.
Notas
editar- ↑ Zuckermann, Ghil'ad (2012). "Introduction to the Joshua A. Fishman comprehensive bibliography", International Journal of the Sociology of Language (Int’l. J. Soc. Lang.) 213: 149-152.