José Vigo

futbolista arxentino

José Vigo Remuñana, nado en Buenos Aires o 22 de novembro de 1929, é un ex futbolista arxentino, de ascendencia galega, que xogaba de dianteiro. Destacou no Club Atlético Huracán e tras xogar en varios equipos máis da Arxentina e Colombia, instalouse en Galicia, onde foi un dos poucos futbolistas en vestir tanto a camiseta do Celta de Vigo como a do Deportivo da Coruña.

Modelo:BiografíaJosé Vigo
Nome orixinalJosé Vigo Remuñana
Biografía
Nacemento22 de novembro de 1929 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1946 Editar o valor en Wikidata - 1958 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Celta de Vigo

Traxectoria

editar

Naceu en Buenos Aires, sendo fillo dun matrimonio de emigrantes galegos, naturais da provincia da Coruña.[1] Comezou a súa carreira en 1946 xogando en Huracán, pasando logo por Gimnasia de La Plata e Ferro Carril Oeste, onde militou ata 1953. En total marcou 40 goles en 113 partidos na Primeira División da Arxentina.[2] En 1954 trasladouse a Colombia para xogar dous anos no Cúcuta Deportivo e un en Bucaramanga.

En 1957 instalouse en Galicia, onde fichou polo Celta de Vigo. Debutou co equipo celeste na Primeira División na xornada 13 da tempada 1957/58, nunha vitoria por 2-1 contra o Real Madrid en Balaídos, anotando o gol da vitoria fronte ao gardameta Rogelio Antonio Domínguez, tamén nacido en Buenos Aires. Na xornada 19 marcou dous goles contra o Las Palmas e acabou a tempada con catro goles en nove partidos.

En xullo de 1958 xogou nas filas do Deportivo da Coruña un partido amigable contra o Nacional de Montevideo en Riazor, cedido polo Celta de Vigo. O partido acabou 3-4 para os uruguaios, e a actuación de Vigo, autor do primeiro gol coruñés, agradou ao novo adestrador deportivista, Ernesto Pons,[3] polo que o club acabou pagando o seu traspaso unhas semanas despois.[4] Debutou en partido oficial na primeira xornada da tempada 1958/59 de Segunda División, contra o Basconia, marcando o único gol galego (1-1), e xogou case todos os partidos da tempada, marcando 18 goles. Foi o segundo máximo goleador do campionato de liga, só superado por Emilio Morollón, do Valladolid, e empatado con Miguel Jones. Na súa segunda tempada na Coruña, as súas cifras goleadoras reducíronse, marcando só 4 goles.

En 1961 regresou á Arxentina, onde xogou ata 1962 no San Telmo, da Primera B.

  1. "José Vigo". yojugueenelcelta.com (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  2. "JOSE VIGO". bdfa.com.ar (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  3. "5 minutos de charla con Ernesto Pons". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xullo de 1958. p. 10. 
  4. "Vigo ya es deportivista". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de agosto de 1958. p. 4. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar