José Peñarredonda Fernández

militar e político galego

José Peñarredonda Fernández, nado o 27 de outubro de 1893,[1] foi un militar e político galego.

Modelo:BiografíaJosé Peñarredonda Fernández

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1893 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Tui
26 de xullo de 1936 – 26 de outubro de 1936
← Guillermo VicenteManuel Cordovés Millet → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, político Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsRamón Peñarredonda Fernández Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Ingresou no Exército en 1911. Capitán de infantaría, en 1917 era segundo tenente do Batallón Cazadores de las Navas en Larache (Marrocos).[2] Na ditadura de Primo de Rivera foi presidente da Unión Patriótica de Tui. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Tui o 26 de xullo, permanecendo no cargo até o 26 de outubro de 1936. Participou na guerra ao mando da 3º Compañía da Bandeira Franco da Lexión estranxeira. Foi ascendido a comandante en febreiro de 1937[3] e estivo ao mando da IX Bandeira do Terceiro Terzo da Lexión. No mes de xullo de 1937 a Bandeira do Terzo que mandaba Peñarredonda fixo un desfile polo centro de Teruel no que "llevaba enarbolados en la punta de sus bayonetas, piernas, brazos, orejas, testículos y otros restos de un centenar de rojos hechos prisioneros en Bezas y que previamente dejados en pelota fueron fusilados con ametralladora en la plaza del pueblo...", actuación que foi protestada polo bispo.[4][5] Durante a batalla do Ebro era xefe dunha das brigadas da 50 División que foi desbordada e en parte aniquilada polo exército republicano. Como consecuencia foi expedientado. Foi separado do exército en setembro de 1938.[6]


Predecesor:
Guillermo Vicente Santiago
  
Alcalde de Tui
 
1936
Sucesor:
Manuel Cordovés Millet

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Añoveros Trías de Bes, Xabier; Martínez Gamallo, Loli (2007). Los alcaldes de Tui del siglo XX. Historia de la ciudad a través de los plenos municipales. Pontevedra: Deputación. ISBN 978-84-612-2481-4.