José Manuel Maza

José Manuel Maza Martín, nado en Madrid o 23 de outubro de 1951 e finado en Buenos Aires o 18 de novembro de 2017, foi un maxistrado, criminólogo e escritor español. Foi Fiscal Xeral do Estado desde 2016 até a súa morte.[1]

Modelo:BiografíaJosé Manuel Maza

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Manuel Maza Martín Editar o valor en Wikidata
23 de outubro de 1951 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de novembro de 2017 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesepse Editar o valor en Wikidata
Fiscal Xeral do Estado
25 de novembro de 2016 – 18 de novembro de 2017 (finado no cargo)
← Consuelo MadrigalLuis Navajas →
Maxistrado do Tribunal Supremo de España
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxuíz, Fiscal Xeral do Estado Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

BNE: XX1250352 Dialnet: 72613

Biografía

editar

Licenciouse en Dereito e en Historia pola Universidade Complutense de Madrid. Tamén obtivo un diploma en Criminoloxía pola mesma institución. Ingresou na Carreira Xudicial en 1975 e na Fiscal en 1978, onde foi o primeiro da súa promoción. Exerceu uns anos como avogado e como letrado da Rede Nacional de Ferrocarrís.[2] Estaba divorciado e tiña un fillo.[3] O 17 de novembro de 2017 foi ingresado nun hospital de Buenos Aires por unhas dores. Morreu ao día seguinte.[4]

Traxectoria

editar

Na década dos 90 foi portavoz da asociación conservadora de xuíces e maxistrados Unión Xudicial Independente (UJI). Durante eses anos pasou a ser xuíz decano de distrito en Madrid tras ocupar a titularidade nos xulgados de Alcorcón, Valencia e Cangas do Morrazo (Pontevedra). Máis tarde foi presidente da sección primeira na Audiencia Provincial de Madrid e en 2002 foi nomeado maxistrado da Sala Segunda do Tribunal Supremo ("Sala Penal"), en substitución de Adolfo Prego, que foi nomeado vogal do CGPX.

Foi autor do Manual de Psiquiatría Legal e Forense, Circunstancias que exclúen ou modifican a Responsabilidade criminal e Casación Penal Práctica, así como doutras publicacións relacionadas co Dereito Penal e os vínculos entre o Dereito e a Medicina.

Dentro da súa labor no Supremo, defendeu a inhabilitación do xuíz Baltasar Garzón por abrir unha causa que investigase os crimes do franquismo. En 2007 pronunciouse en contra da Doutrina Botín que permitiu arquivar o caso en contra do expresidente do Banco Santander, o defunto Emilio Botín. Tamén votou en contra de deixar en liberdade ao preso de ETA Ignacio Pujana, pola anulación da Doutrina Parot.

En abril de 2016, foi o relator da decisión de arquivar a querela de Manos Limpias contra os líderes do partido Podemos, Pablo Iglesias e Íñigo Errejón, por financiamento ilegal con fontes procedentes de Irán.

Foi o primeiro en desenvolver nunha sentenza a responsabilidade penal das persoas xurídicas, en aplicación da recente reforma do Código Penal de España.

Desde o 25 de novembro de 2016, por decisión do Consello de Ministros, foi Fiscal Xeral do Estado.[5]

Jose Manuel Maza foi reprobado, o 16 de maio do 2017, polo Congreso dos Deputados xunto ao Ministro de Xustiza Rafael Catalá Polo e Manuel Moix, este último presentou a súa renuncia como fiscal xefe Anticorrupción o 1 de xuño de 2017 tras revelarse a súa sociedade en Panamá.[6][7]

En setembro de 2017, José Manuel Maza, manifestou a posibilidade de deter ao presidente da Generalitat de Cataluña, Carles Puigdemont, por malversación de fondos públicos.[8]