José Luis Rivera Mallo
José Luis Rivera Mallo, nado en Vilagarcía de Arousa o 5 de setembro de 1936, é un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de setembro de 1936 (88 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Alcalde de Vilagarcía de Arousa | |
1983 – 1991 ← José Recuna – Joaquín Javier Gago López → | |
Senador de España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Traxectoria
editarIniciou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi concelleiro no concello de Vilagarcía de Arousa (1979-1983). En 1983 foi elixido alcalde de Vilagarcía de Arousa pola candidatura de Alianza Popular, revalidando a alcaldía en 1987. Foi Presidente do Consello de Administración de Fexdega (1983-1991) e Presidente da Mancomunidade de concellos de Arousa (1983-1991). Foi senador por Pontevedra na IV Lexislatura (1989-1993) e na V Lexislatura (1993-1996) ao saír escolleito nas eleccións de 1989 e de 1993. Entre 1996 e 1998 foi presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía
Porén, abandonou o Partido Popular e en 1999, 2003, en 2007 e en 2011 presentouse de novo á alcaldía de Vilagarcía de Arousa encabezando a candidatura de Independientes por Vilagarcía (IVIL), e obtendo respectivamente 3, 2, 1 e 1 concelleiro. Neste último ano, o concelleiro valeulle para darlle a alcaldía ao Partido Popular. Semanas despois integrouse de novo no Partido Popular, e a finais do ano 2011 integraba a terna que o PPdeG presentaba ao Senado pola provincia de Pontevedra, e para a que saíu elixido.
Predecesor: José Recuna |
alcalde de Vilagarcía de Arousa 1983 - 1991 |
Sucesor: Javier Gago |