Joselu Gómez

futbolista galego
(Redirección desde «José Luis Gómez Pérez»)

José Luis Gómez Pérez, coñecido como Joselu, nado en Palmeira (Ribeira) o 10 de xuño de 1987, é un exfutbolista galego, que xogaba de dianteiro. É, con 119 goles, o máximo goleador da historia do Racing de Ferrol, club no que militou durante nove tempadas (2014-2023) e ao que chegou despois de marcar 62 goles en dous anos co Compostela.

Modelo:BiografíaJoselu Gómez

(2022) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalJosé Luis Gómez Pérez
Biografía
Nacemento10 de xuño de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Palmeira, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,82 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Celta de Vigo
2008–2009 Lorca Deportiva Club de Fútbol 5(0)
2009–2009   CF Reus Deportiu 10(6)
2009–2010 Club Deportivo Teruel 40(7)
2010–2012   CCD Cerceda 53(23)
2012–2014   SD Compostela 70(56)
2014–   Racing de Ferrol

Traxectoria

editar

Formado na canteira do do Celta de Vigo, en 2004 entrou a formar parte do cadro do Celta B, onde non conseguiu a titularidade, fronte a outros dianteiros como Goran Marić ou Iago Aspas.

No verán de 2008 fichou polo Lorca Deportiva.[1] Despois de non ter moitas oportunidades, disputando só cinco partidos, no mercado invernal marchou ao CF Reus Deportiu, de Terceira División. Co Reus non chegou a un acordo para a súa renovación ao remate de tempada, fichando finalmente polo CD Teruel para a tempada 2009/10, da man do seu adestrador no Reus, Ramón Calderé.[2] Co club turolense acadou o ascenso á Segunda División B. Renovou unha tempada máis no CD Teruel e no mercado invernal da tempada 2010-2011 fichou polo Cerceda,[3] co que xogou o que restaba de tempada e outra máis, anotando na segunda delas 20 goles.[4] En xullo de 2011 marcou o seu primeiro gol na Copa do Rei, na vitoria por 2-0 fronte ao CD Tenerife.[5]

En 2012 chegou á SD Compostela,[6] debutando na primeira xornada de liga, e anotando 4 goles no seu primeiro partido en San Lázaro, fronte ao Deportivo Dorneda CF.[7] Acabou con 32 goles a súa primeira tempada en Santiago, 5 deles nos play-offs, contribuíndo de xeito destacado ao ascenso do equipo á Segunda División B. Foi o máximo goleador do Grupo I da Terceira, con 26 goles, 5 máis que Manu Barreiro e Luis Fernández. Na súa segunda campaña marcou 30 goles en 32 partidos, proclamándose como o máximo goleador dos catro grupos da Segunda B.

En 2014 fichou polo Racing de Ferrol. Na súa segunda tempada no club ferrolán foi o máximo goleador do seu grupo da Segunda B, con 20 tantos. Durante os seguintes anos foi engrosando a súa conta anotadora, superando os 109 goles de Pablo Rey e desbancándoo como o máximo goleador da historia do club.[8] O 17 de decembro de 2022 marcou o seu 119º e derradeiro gol co Racing de Ferrol, retirándose ao remate da tempada 2022/23, o día do seu 36º aniversario, despois de acadar o ascenso á Segunda División.[9]

Palmarés

editar
Racing de Ferrol
  1. "Tras Oprita, los próximos en llegar serán Iñaki y Joselu". Diario As (en castelán). 13 de agosto de 2008. Consultado o 7 de decembro de 2020. 
  2. "Teruel: firma Joselu" (en castelán). 15 de xullo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2021. Consultado o 4 de abril de 2022. 
  3. Ferreiro, José M. (12 de xaneiro de 2011). "El ribeirense Joselu ficha por el Cerceda para subir a Segunda B" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2020. 
  4. "El Teruel asciende a Segunda División B tras 19 años al ganar al Noja (2-1)". Aragón Digital (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2020. 
  5. Ferreiro, José M. (1 de setembro de 2011). "El Cerceda barre al Tenerife con una lección táctica". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2020. 
  6. "Joselu ficha por el compos y Rendo tambien" (en castelán). 28 de xuño de 2012. Consultado o 7 de decembro de 2020. 
  7. "El Compos se estrena con goleada en San Lázaro" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2020. 
  8. "Joselu Gómez hace historia en el Racing de Ferrol". Marca (en castelán). 3 de abril de 2022. Consultado o 4 de abril de 2022. 
  9. Quijano, Juan (13 de xuño de 2023). "Joselu Gómez : “Estaré eternamente agradecido”" (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar