José Juncal Verdulla

xornalista e político galego

José Juncal Verdulla, nado en Pontevedra o 4 de decembro de 1869 e finado en Barcelona o 20 de xuño de 1961[1], foi un empresario, pedagogo, xornalista e escritor galego.

Modelo:BiografíaJosé Juncal Verdulla

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1869 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xuño de 1961 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Embaixador de Espanha em Portugal (pt) Traducir
30 de setembro de 1933 – 26 de febreiro de 1936
Concelleiro de Barcelona
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, xornalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Radical Editar o valor en Wikidata

BUSC: juncal-verdulla-jose-n-1869

Traxectoria

editar

Empresario de pesca en Marín. Republicano lerrouxista, como xornalista fundou El Grito del Pueblo, dirixiu La Unión Republicana, La Acción e La Libertad e colaborou en El Combate, El Progreso e Galicia en Cataluña (Barcelona). Casado con Amelia Lerroux, irmá de Alejandro Lerroux, por motivos políticos estableceuse en Barcelona en 1910. Foi director da Escola de Maxisterio de Barcelona e presidente do Centro Galego de Barcelona, baixo o seu mandato a entidade meteuse de cheo na política radical, ata o punto de acabar actuando como un apéndice daquel partido. Foi o primeiro presidente da Federación de Casas regionales de Barcelona, colectivo fundado en 1929. Foi concelleiro e tenente de alcalde de Barcelona. Nomeado embaixador en Portugal en outubro de 1933, continuou no cargo ata febreiro de 1936, sendo substituído por Claudio Sánchez Albornoz.

  • Elementos de ciencia gramatical de la lengua hispanoamericana, 1912 e 1914.
  • La cuestión pedagógica en España, 1923.

Vida persoal

editar

Casou en Madrid con Amelia Lerroux García en agosto de 1907,[2] e foi pai de Manrique e Amelia Juncal Lerroux.

  1. Necrolóxica en La Vanguardia
  2. La Libertad, 25-8-1907, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar