José Gil Gordillo

futbolista español

José Gil Gordillo, nado en Sanlúcar de Barrameda (Cádiz) o 9 de outubro de 1960, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista.

Modelo:BiografíaJosé Gil Gordillo
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Sanlúcar de Barrameda, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor en Wikidata - 1997 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo da Coruña
  FC Barcelona
  Celta de Vigo

Traxectoria

editar

Saído da canteira do FC Barcelona, debutou co Barcelona Atlètic en Segunda División na tempada 1982–83, permanecendo na entidade até a campaña 1984–85. Na súa estadía no Barça B participou en 71 partidos e anotou 5 goles. Non chegou a debutar no primeiro equipo.

Na tempada 1985–86 fichou polo Deportivo da Coruña, naquel entón en Segunda División, co que conseguiu o ascenso a Primeira na campaña 1990–91.

Ao ano seguinte deixou o club branquiazul para recalar no Celta de Vigo, co que subiría tamén a Primeira División. Na campaña 1992–93, Gil debutou finalmente na máxima categoría, xogando 32 partidos. Nos catro anos cos vigueses en Primeira, o andaluz foi titular indiscutible no club galego, aínda que na última campaña, a 1995–96, xogou só 29 encontros. En total, sumou 137 partidos e 5 goles na máxima categoría do fútbol español.

No verán de 1996 deixou o Celta e fichou polo Rácing de Ferrol, retirándose pouco tempo despois.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar