Jorge Buxadé

político español

Jorge Buxadé Villalba, nado en Barcelona en 1975, é un avogado e político catalán.

Modelo:BiografíaJorge Buxadé

(2020) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Jorge Buxadé Villalba Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xuño de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Eurodeputado
Representa: Vox

16 de xullo de 2024 –

Circunscrición electoral: España

Eurodeputado
Representa: Vox

2 de xullo de 2019 –

Circunscrición electoral: España

Secretario Fundación Joan Boscà (pt) Traducir
2014 – 2015 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Abat Oliba CEU - licenciatura en Dereito (–1999) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado do estado, político, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Abat Oliba CEU (–1999)
Montserrat Nebrera González (en) Traducir
Universidade Internacional de Cataluña Editar o valor en Wikidata
Partido políticoVox (2014–)
Partido Popular (2004–2014)
Falange Española Auténtica (1996–2003)
Falange Española de las JONS (–1995) Editar o valor en Wikidata
Membro de

Sitio webjorgebuxade.es Editar o valor en Wikidata
Facebook: Jorge-Buxadé-Villalba-264967356864656 Twitter: Jorgebuxade Telegram: JorgeBuxade Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciouse en dereito pola Universidade Abat Oliva en 1999. En 2003 ingresou no corpo de avogados do Estado, destinado ao Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña [1].

Foi o avogado coa responsabilidade de recorrer contra o referendo de Arenys de Munt en 2009 [2]. Traballou en diversos despachos de avogados e dende marzo de 2018 é árbitro no Tribunal Arbitral de Barcelona [3].

En 1995 presentouse na candidatura da Falange Española de las JONS en Tarragona como número sete nas eleccións ao Parlamento de Cataluña. Ao ano seguinte figurou no número oito da Falange Española Auténtica por Barcelona nas eleccións xerais de 1996 [4]. En 2016 integrou como vicepresidente segundo a candidatura de Santiago Abascal para presidir Vox, e forma parte da executiva nacional do partido [5].

É profesor asociado de dereito administrativo na Universidade Internacional de Cataluña e na Universidade Abat Oliva. Foi presidente do Foro Català de la Família, secretario da Fundación Joan Boscà (2014 - 2015) e un dos impulsores da creación da Sociedad Civil Catalana.[6]

En marzo de 2020 ás portas do Parlamento Europeo dixo que eran "fermosas" as imaxes dun vídeo no que se vía a inmigrantes refuxiados fuxindo dunha violenta persecución por parte da policía grega despois de que os refuxiados tentasen entrar ao país heleno.[7]