Jon Aurtenetxe
Jon Aurtenetxe Borde, nado en Amorebieta (Biscaia), o 3 de xaneiro de 1992, é un futbolista español. Xoga de defensa e o seu actual equipo é o CD Tenerife, cedido polo Athletic Club.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Jon Aurtenetxe Borde 3 de xaneiro de 1992 (32 anos) Amorebieta-Etxano, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Jontxu | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,83 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 82 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Lateral e defensa central | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 15 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarAos 17 anos debutou co primeiro equipo o 17 de decembro de 2009 na Europa League contra o Werder Bremen en San Mamés, cando aínda pertencía ao xuvenil. Esa mesma tempada, proclamouse campión da Copa do Rei xuvenil ao vencer ao Real Madrid por 2-0, o 26 de xuño de 2010. Tras facer a pretemporada 2010/11 co primeiro equipo, o adestrador, Caparrós, decidiu contar con el e así, o 29 de agosto de 2010, debutou en liga co primeiro equipo fronte ao Hércules. A partir de entón fíxose coa titularidade do lateral esquerdo, a pesar de que a súa posición natural era a de central, e continuou xogando no primeiro equipo desbancando aos seus tres competidores no posto; Xabi Castillo, Mikel Balenziaga e Koikili. A pesar de ter ficha do Bilbao Athletic, Aurtenetxe non debutou con devandito equipo, habendo saltado directamente do xuvenil ao primeiro equipo.
A súa progresión viuse freada de golpe en decembro de 2010, cando sufriu unha grave lesión que lle fixo perderse o resto da tempada. Unha grave luxación no ombreiro foi a causante, da cal foi operado o 28 de decembro de 2010.[1] Ao final da tempada 2010/11, xogou algúns partidos co Bilbao Athletic para recuperar o estado de forma tras a súa lesión.
En xullo de 2011 o Athletic decidiu darlle ficha do primeiro equipo. No verán de 2013 foi cedido ao Celta de Vigo.
Selección nacional
editarXogou coa selección española Sub-17 quedando terceiro no mundial de Nixeria 2009 da categoría e en agosto de 2010 subíronlle á sub-19.[2]
Estatísticas
editar- Revisado: 17 de agosto de 2011.[3]
Club | Categoría | Tempada | Liga | Copa | UEFA | Total | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | |||
Categoría xuvenil | ||||||||||
Athletic Club Juvenil A | División de Honra Xuvenil | 2008/09 | 27 | 4 | 7 | 0 | - | - | 34 | 4 |
2009/10 | 13 | 2 | 7 | 0 | - | - | 20 | 2 | ||
Total club | 40 | 6 | 14 | 0 | - | - | 54 | 6 | ||
Carreira profesional | ||||||||||
Athletic Club | Primeira División | 2009/10 | - | - | - | - | 1 | 0 | 1 | 0 |
2010/11 | 10 | 0 | 2 | 0 | - | - | 12 | 0 | ||
Total club | 10 | 0 | 2 | 0 | 1 | 0 | 13 | 0 |
Palmarés
editarTorneos nacionais
editar- Copa do Rei Xuvenil (1): 2010
- Subcampión da Copa do Rei Xuvenil (1): 2009
Selección
editar- Eurocopa Sub-19 (1): 2011
Distincións individuais
editar- Trofeo Amets bat: 2011
Recoñecementos
editar- Seleccionado no 11 de prata do Fútbol Draft 2011.[4]
Notas
editar- ↑ Athletic Club, ed. (28 de decembro de 2010). "Operación a Jon Aurtenetxe". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2011. Consultado o 13 de xaneiro de 2011.
- ↑ Caparrós está molesto pola chamada de Aurtenetxe á sub'19
- ↑ Athletic Club (ed.). "Ficha oficial de Jon Aurtenetxe". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2010. Consultado o 25 de setembro de 2010.
- ↑ Fútbol Draft (ed.). "Premios Fútbol Draft 2010". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2010. Consultado o 8 de outubro de 2010.