Johann Ambrosius Bach
Johann Ambrosius Bach, nado en Erfurt o 22 de febreiro de 1645 e finado en Eisenach o 20 de febreiro de 1695, foi un músico alemán, pai do compositor Johann Sebastian Bach.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1645 Erfurt, Alemaña |
Morte | 24 de febreiro de 1695 (50 anos) Eisenach, Alemaña |
Actividade | |
Ocupación | compositor, músico, alta cappella (en) , organista, director de orquestra, trompetista, court musician (en) |
Xénero artístico | Música clásica |
Movemento | Música barroca |
Profesores | Christoph Bach (pt) |
Alumnos | Johann Sebastian Bach |
Instrumento | Órgano, trompeta e violín |
Familia | |
Familia | Familia Bach |
Cónxuxe | Maria Elisabetha Lämmerhirt |
Fillos | Johann Christoph Bach, Johann Jacob Bach, Johann Sebastian Bach |
Pais | Christoph Bach e Maria Magdalena Grabler |
Irmáns | Georg Christoph Bach Johann Christoph Bach II |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarO fillo de Christoph Bach (1613–1661), Ambrosius naceu en Erfurt, en Turinxia (actualmente en Alemaña e daquela pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico), sendo irmán xemelgo de Johann Christoph Bach (1645–1693). Ambrosius foi empregado como violinista na súa cidade natal.
En 1671 trasladouse a Eisenach (Turinxia), onde entrou a traballar como trompetista da corte e director dos músicos da cidade. O 1 de abril de 1668 casou coa súa primeira muller, Maria Elisabeth Lämmerhirt, coa que tivo oito fillos, dos cales catro se converteron en músicos, entre eles Johann Sebastian. Maria Elisabeth morreu o 3 de maio de 1694, e o 27 de novembro dese mesmo ano casou con Barbara Margaretha (nada Keul, xa enviudara dúas veces). Johann Ambrosius morreu en Eisenach menos de tres meses despois, e seus dous fillos, Johann Jacob Bach e Johann Sebastian Bach, trasladáronse a Ohrdruf co seu irmán máis vello, Johann Christoph Bach.
Fillos
editarJohann Ambrosius tivo oito fillox do seu matrimonio con Maria Elisabeth Lämmerhirt, deles todos morreron pasado o ano 1700 agás o primeiro fillo, que morreu aos seis meses:
- Johann Rudolf - bautizado o 19 de xaneiro de 1670 en Erfurt; † 17 de xullo 1670 en Erfurt (6 meses)
- Johann Christoph - bautizado o 18 de xuño de 1671 en Erfurt; † 22 de febreiro de 1721 en Ohrdruf (49 anos)
- Johann Balthasar - bautizado o 6 de marzo de 1673 en Eisenach; † 5 de abril de 1691 en Eisenach (18 anos)
- Johannes Jonas - bautizado o 2 de febreiro de 1675 en Eisenach; † 22 de maio de 1685 en Eisenach (10 anos)
- Maria Salome - bautizada o 27 de maio de 1677 en Eisenach; † 27 de decembro de 1728 en Erfurt (51 anos)
- Johanna Juditha - bautizada o 28 de xaneiro de 1680 en Eisenach; † 3 de maio de 1686 en Eisenach (6 anos)
- Johann Jacob - bautizado o 11 de febreiro de 1682 en Eisenach; † 16 de abril de 1722 en Estocolmo (40 anos)
- Johann Sebastian - nado o 21 de marzo de 1685 en Eisenach; † 28 de xullo de 1750 en Leipzig (65 anos)
Notas
editar- ↑ Wolff, Christoph (2000). Norton, ed. Johann Sebastian Bach: The Learned Musician (en inglés). New York. pp. 16–17. ISBN 0-393-32256-4.
- ↑ Rollberg, Friß (1927). "Johann Ambrosius Bach. Stadtpfeifer zu Eisenach von 1671–1695". Bach Jahrbuch (en alemán): 133–152.