Johan Lange

botánico danés

Johan Martin Christian Lange (Johan Lange) nado o 20 de marzo de 1818 e finado o 3 de abril de 1898, foi un botánico, pteridólogo, micólogo, briólogo e algólogo dinamarqués.

Modelo:BiografíaJohan Lange

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de marzo de 1818 Editar o valor en Wikidata
Fredericia, Dinamarca (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte3 de abril de 1898 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Copenhague, Dinamarca Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Copenhague Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánico, profesor universitario, explorador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRoyal Veterinary and Agricultural University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaLange Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAgnete Skovgaard Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Obtivo o posto de bibliotecario na "Biblioteca Botánica" da Universidade de Copenhague de 1851 a 1858, e Director do Xardín botánico de 1856 a 1876, docente de Botánica na Universidade Técnica Danesa de 1857 a 1862, e o mesmo no Colexio Real de Veterinaria e Agricultura de 1858 a 1893, chegando a profesor titular en 1892.

Comeza editando a súa Flora Danica en 1858, e foi o seu último editor con Japetus Steenstrup, Logo de finalizada a publicación de Flora Danica, edita Nomenclator Floræ Danicæ en 1887 - un volume indexando todas as pranchas de Flora Danica alfabética, sistemática e cronoloxicamente.

Explora moito Europa, completando extensivos estudos da flora de Dinamarca, Groenlandia e outras áreas europeas, especialmente a Península Ibérica, publicando "Willkomm & Lange": Prodromus Florae Hispanicae, 1861-80, e Prodromus Florae Hispanicae, coautor con Heinrich Moritz Willkomm. Os datos relativos á flora galega que se recollen no texto débense, practicamente en exclusiva, aos exemplares herborizados por Lange na súa viaxe en 1852, mantendo contacto con Miguel Colmeiro.[1] e tendo consultado o herbario de Pedro Andrés Pourret.

Expande a clasificación desenvolvida por Linneo, escribindo Plantenavne og navngivningsregler ("Nomes de Plantas e regras para nomealas") que influencia no desenvolvemento do Código Internacional de Nomenclatura Botánica (código San Luís), o sistema hoxe en uso.

Charles Darwin pediulle prestado un libro a Lange, e falla en retornarllo en tempo, como o menciona Darwin na súa correspondencia.[2]

Escolma da obra

editar

Obra con referencias a Galiza:

editar
  • Descriptio iconibus illustrata plantarum novarum … e Flora hispanica. 1864–1866
  • Prodromus Florae Hispanicae, coautor con Heinrich Moritz Willkomm. Na bibliografía aparecen citados o Flora Fanerogámica gallega (Planellas Giralt, 1852) e os Recuerdos botánicos de Galicia (Colmeiro, 1850). Willkomm, o coautor de Prodomus, dedicou a Miguel Colmeiro o nome da Genista candicans var. colmeiroi (Willk 1847) e Malva tournefortiana var. ou sin. colmeiroi (Willk 1859) [3]

Outra obra

editar
  • Haandbog i dean Danske Flora. 1850–1851, 4. Auflage 1886–1888.
  • Icones plantarum sponte nascentium in regnis Daniae et Norvegiae, in ducatibus Slesvici et Holsatiae et in comitatibus Oldenburgi et Delmenhorstiae (Íconos de plantas silvestres nos reinos de Dinamarca e Noruega, no ducado de Schleswig-Holstein, e nos principados de Oldenburg e de Delmenhorst)
  • Conspectus florae groenlandicae: Grønlands mosser (Muscineae) (Visión dos brións de Groenlandia)
  • Conspectus florae groenlandicae: 1. Fanerogamer og karsporeplanter (Visión das plantas vasculares de Groenlandia)
  • Conspectus florae groenlandicae: Tillæg til fanerogamerne og karsporeplanterne (Visión das plantas de Groenlandia, Suplemento de plantas vasculares)
  • Revisio specierum generis Crataegi … quae in hortis Daniae coluntur. 1897.
  • Arboretum scandinavicum. 1883.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar