Jean Paul
Johann Paul Friedrich Richter, máis coñecido como Jean Paul e ás veces como Jean Paul Richter ou só como Richter, nado en Wunsiedel, Baviera, Alemaña, e finado o 21 de marzo de 1763 en Bayreuth, Baviera, no 14 de novembro de 1825, foi un escritor novelista alemán e tivo moitos seguidores en Europa, sendo as súas obras moi populares no século XIX, a principios de século.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Johann Paul Friedrich Richter 21 de marzo de 1763 Wunsiedel, Alemaña (pt) |
Morte | 14 de novembro de 1825 (62 anos) Bayreuth, Alemaña |
Causa da morte | edema |
Lugar de sepultura | Q101493105 |
Educación | Universidade de Leipzig |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional, poesía, Prosa e Libreto |
Lugar de traballo | Leipzig Berlín |
Ocupación | escritor, poeta, novelista, libretista |
Período de actividade | 1781 - |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Jean Paul J. P. F. Hasus Jean-Paul Richter |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Жан Поль) Allgemeine Deutsche Biographie Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Polo seu enfoque sobre a conciencia e os soños, é considerado por algúns un precursor da psicanálise.[3]
Traxectoria
editarOrixe
editarEra fillo dun ministro protestante e estudou teoloxía en Leipzig.
Utilizou o alcume de Jean Paul en referencia ao escritor Jean-Jacques Rousseau.
Obras de finais do XVIII
editarDespois de 1787 publicou os seus primeiros contos famosos: Auswahl aus des Teufels Papieren nebst einem nöthigen Aviso vom Juden Mendel (1789, "Pasaxes escollidos dos papeis do demo xunto cun informe necesario sobre o xudeu Mendel"), Maria Wuz (1790) e Die unsichtbare Loge (1793, "A loxa invisible"). Con Hesperus (1795) alcanzou gran fama; despois viñeron obras importantes: Blumen-, Frucht-, und Dornenstücke (1796, "Pezas de flores, froitas e espiñas", tamén coñecido baixo o nome do heroe Siebenkäs), Quintus Fixlein (1796) e a novela didáctica Titan (1800-1803), a súa obra mestra.
Obras do século XIX
editarEn 1804 estableceuse na cidade de Bayreuth, e alonxouse das ideas neoclásicas do pasado e dos románticos posteriores, perdendo o seu entusiasmo por elas, aínda que non perdeu o sentido do humor: Dr. Katzenbergers Badereise (1809, "A viaxe de baño do doutor Katzenberger") e Des Feldpredigers Schmelzle Reise Nach Flätz mit forgehenden Noten (1809, "A viaxe do capelán militar Schmelzle a Flätz con notas preliminares").
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jean Paul |
Notas
editar- ↑ "Johann Paul Friedrich Richter - EcuRed". www.ecured.cu (en castelán). Consultado o 2024-03-28.
- ↑ "Biografia de Jean Paul Richter". www.biografiasyvidas.com. Consultado o 2024-03-28.
- ↑ "O Romantismo e a Psicanálise: algumas interfaces". 1library.org (en portugués). Consultado o 2024-03-28.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Alemaña |