James Hunt

piloto de Fórmula 1

James Simon Wallis Hunt, nado en Belmont, Sutton, o 29 de agosto de 1947 e finado en Wimbledon o 15 de xuño de 1993, foi un piloto de Fórmula 1 e comentarista deportivo en televisión. Proclamouse Campión Mundial de Pilotos en 1976.

Modelo:BiografíaJames Hunt

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) James Simon Wallis Hunt Editar o valor en Wikidata
29 de agosto de 1947 Editar o valor en Wikidata
Belmont, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte15 de xuño de 1993 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Wimbledon, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPutney Vale Cemetery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónWellington College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCarreira automobilística, Fórmula 1 e carreira de Fórmula 1 Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un (1973–1979), xornalista, piloto de automobilismo, locutor Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaReino Unido Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
-Hesketh Racing
-McLaren
-Wolf Racing Cars (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSuzy Miller (1974–1976), divorcio
Suzy Miller Editar o valor en Wikidata
PaisWallis Hunt Editar o valor en Wikidata  e Sue Editar o valor en Wikidata
IrmánsDavid Hunt Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0402481 WikiTree: Hunt-11621 Find a Grave: 6871692 Editar o valor en Wikidata

Os seus inicios

editar

James Hunt naceu en Belmont, Sutton, Surrey, era o segundo fillo de Wallis (1922-2001), un exitoso corredor de bolsa, e Sue Hunt. Os seus pais criárono nos estritos ambientes vitorianos e traballo duro para manter a disciplina na familia. Tiña unha irmá máis vella, Sally, tres irmáns máis novos, Peter, Timothy e David, e unha irmá moi nova, Georgina.[1] A familia de Hunt viviu nun piso en Cheam, Surrey, trasladouse a Sutton, cando tiña 11 anos e logo a unha casa máis grande en Belmont.[2] Antes do seu quinto aniversario, Hunt matriculouse nunha clase da gardería en Ambleside. Posteriormente, foi educado en Westerleigh School en Hastings, East Sussex a partir de 1955, e máis tarde no Colexio Wellington de Crowthorne, Berkshire .

Cando era novo, Hunt converteuse nun deportista competente. Xogou co equipo de crícket da escola Westerleigh, e xogou de porteiro de fútbol durante dous anos. Á idade de 12 anos entrou nun torneo de tenis para menores de 17 anos, e perdeu na final cun rival de 16 anos de idade. En lugar de felicitarse a si mesmo, chorou durante horas. Máis tarde competiu como júnior de Wimbledon, e tamén se converteu nun entusiasta xogador de squash e golfista.

Cando era un pícaro, Hunt estaba fascinado cos animais e aves, e tiña a intención de converterse en médico, co que estaba de acordo a súa familia. Pero, tiña unha personalidade persistentemente rebelde; por exemplo, os seus pais crían que empezara a fumar a idade de 10 anos, un costume que continuou ata a idade adulta, malia os seus intentos para deixalo. Era propenso ás rabietas violentas; como adulto, recoñeceu que era irascible.

Hunt aprendeu a conducir nun tractor nunha granxa en Pembrokeshire, Gales, durante unhas vacacións en familia, coa instrución do propietario da granxa.[3] Hunt pasou o seu exame de conducir unha semana despois do se 17º aniversario, momento no que dixo que a súa vida "comezou realmente".[4] Hunt tamén probou o esquí en 1965 en Escocia e fixo plans para outras viaxes de esquí. Antes de cumprir os 18 anos, foi a casa de Chris Ridge, o seu compañeiro de dobres no tenis. O irmán de Ridge, Simon, corría en Minis, e preparaba o seu coche para unha carreira en Silverstone esa fin de semana. Ridge levou a Hunt a ver a carreira, e aquí comezou a súa obsesión co automobilismo.[5]

Empezou correndo cun Mini propio, pasando logo á Fórmula Ford e á Fórmula 3. Hunt pronto foi recoñecido como un corredor rápido e espectacular, pero propenso a aparatosos accidentes, de aquí o seu ben gañado alcume de "Hunt the Shunt" (Hunt o tortazos).

En maio de 1972 anunciouse por parte do equipo STP-March que fora dado de baixa do equipo de Fórmula 3 e substituído por Jochen Mass. Despois da terminación da súa relación con STP-March, Hunt uniuse ao equipo Hesketh, onde era considerado como unha alma xemelga. O equipo inicialmente participou con Hunt na Fórmula 2 con pouco éxito, pero Lord Hesketh anunciou que participarían na F1, xa que non era significativamente máis caro.

Andaina na Fórmula 1

editar

1973-1975: Hesketh

editar
 
Hesketh 308 de Hunt de 1975 pilotado polo seu fillo, Freddie, en 2007
1973

Hesketh comprou un chasis dun March 731, que foi desenvolvido por Harvey Postlethwaite. O equipo inicialmente non foi tomado en serio polos rivais, que vían o equipo Hesketh como uns asistentes á festa gozando do glamour da Fórmula Un. A funda de piloto de Hunt mostraba un parche redondo feito especialmente que dicía: "Sexo: Almorzo de Campións" e máis tarde cambiou a un parche ovalado que dicía: "O sexo é unha cousa de alto rendemento".[6]. Con todo, o March Hesketh demostrou ser moito máis competitivo que os coches oficiais de March, e o seu mellor resultado foi o segundo lugar no Gran Premio dos Estados Unidos de 1973. Hunt tamén fixo unha breve incursión nas carreiras de coche deportivo nas Kyalami Nine Hours de 1973, pilotando un Mirage M6 xunto con Derek Bell, terminando segundo..[7]

Tralo final da tempada, Hunt foi galardoado co trofeo de Campbell da RAC pola súa actuación na Fórmula Un como o mellor piloto británico.[8]

1974

Para a tempada 1974 Hesketh construíu un coche, inspirado no March, chamado Hesketh 308, pero o motor V12 que o acompañaba nunca se materializou. A primeira proba do coche de Hunt chegou en Silverstone e atopouno máis estable que o seu predecesor, o March 731. Hunt foi retido cun soldo de £ 15.000.[9] O equipo Hesketh captou a imaxinación do público como un coche sen marcas de patrocinadores, unha insignia dun oso de peluche e un equipo de espírito despreocupado, que desmentía o feito de que os seus enxeñeiros eran profesionais altamente competentes. Na Arxentina, Hunt cualificou quinto e liderou brevemente antes de ser superado por Ronnie Peterson antes de que Hunt trompeara e, finalmente, se retirara debido a un fallo do motor.[10] En Suráfrica, Hunt retirouse do 5º lugar cun eixe de transmisión rota.[11] O punto culminante da tempada de Hunt foi unha vitoria na carreira fóra de campionato BRDC International Trophy en Silverstone, fronte a maioría dos pilotos habituais da F1.

1975
 
Hunt no Hesketh en 1975

Hunt logrou un sexto posto no Brasil e retirouse por un fallo de motor en Suráfrica. En España, Hunt liderou as primeiras seis voltas antes de chocar cunha barreira a mesma causa que a súa retirada en Mónaco. Sufriu outras dúas retiradas en Bélxica e Suecia, debidas a fallas mecánicas.[12] A primeira vitoria de Hunt chegou no Gran Premio dos Países Baixos de 1975 en Zandvoort. Terminou cuarto no campionato dese ano, pero Lord Hesketh quedou sen fondos e non puido atopar un patrocinador para o seu equipo. Pouco tempo antes do inicio da tempada de 1976, Hunt estaba buscando desesperadamente unha unidade, cando Emerson Fittipaldi deixou o equipo McLaren e uniuse ao equipo do seu irmán Copersucar-Fittipaldi . Sen outros mellores pilotos dispoñibles, a dirección do equipo fichou a Hunt en McLaren, un acordo negociado por John Hogan de Marlboro, para a seguinte tempada cun contrato de 200.000 $ dólares.[13] Hunt provocou de inmediato un gran revoo ao negarse a asinar unha cláusula no seu contrato que estipulaba que tiña que vestir de traxe nos actos do patrocinador. Hunt usaba camiseta e pantalóns vaqueiros e ía a miúdo descalzo aos actos do patrocinador aos que asistían os líderes mundiais, presidentes de empresas e magnates dos medios.

1976-1978: McLaren

editar
 
Hunt líder diante de John Watson no Gran Premio dos Países Baixos de 1976.
1976

1976 foi o mellor ano de Hunt, a tempada resultou ser unha das máis dramáticas e polémicas da historia. Aínda que as actuacións de Hunt no Hesketh déranlle unha boa sona, había algunhas conxecturas de si realmente podía ser un firme candidato ao campionato. Agora, como piloto de fábrica de McLaren, disipou moitos escépticos na primeira carreira no Brasil, onde, nun McLaren M23 apresuradamente reconstruído, conseguiu a pole position nos últimos minutos da cualificación. No transcurso do ano ía levar ao McLaren M23 a seis vitorias en Grandes Premios, pero cunha fiabilidade superior, o entón actual campión do mundo e principal rival Niki Lauda sacoulle uns puntos substanciais nas primeiras carreiras da tempada. A primeira vitoria de Hunt en 1976, foi na cuarta carreira da tempada, o Gran Premio de España, pero foi descualificado polos comisarios por ser 1´8 cm máis ancho do límite legal. A vitoria foille reintegrada máis tarde logo dunha apelación, pero marcou a pauta para unha tempada extraordinariamente volátil. No Gran Premio do Reino Unido, Hunt estivo involucrado nun incidente con Lauda na primeira curva na primeira volta que levou a deter a carreira e reiniciala. Hunt inicialmente tratou de saír no coche de reserva, pero, isto prohibiuse, durante este tempo o coche de carreiras orixinal foi reparado, e finalmente gañou a reiniciada carreira.[14] A vitoria de Hunt foi anulada o 24 de setembro por unha decisión da FIA despois de que Ferrari queixarase de que Hunt non estaba legalmente autorizado para reiniciar a carreira.[15]

Lauda sufriu feridas case mortais nun accidente na seguinte carreira, o Gran Premio de Alemaña en Nürburgring. Hunt dominou a reiniciada carreira de Nürburgring, acadando unha vantaxe inmediata que aguantou atas a bandeira a cadros.

As lesións de Lauda mantivérono fóra das seguintes dúas carreiras, o que permitiu a Hunt pechar a brecha na loita polo campionato. En Zandvoort, Hunt superou a Ronnie Peterson na 12ª volta e resistiu a presión de John Watson para gañar.[16] No Gran Premio de Italia, a gran noticia era o milagroso retorno de Lauda logo do seu accidente de Nürburgring. Nun circuíto perfecto para o coche de Hunt, o combustible Texaco que utilizaba McLaren foi examinado e aínda que aparentemente legal, os seus coches e tamén os do equipo Penske, foron xulgados por conter un nivel de octanaxe máis alto que o permitido. Posteriormente ambos equipos víronse obrigados a empezar desde a parte posterior da grella. Ao tratar de remontar Hunt trompeou, mentres que Lauda no seu regreso terminou cuarto. Na seguinte carreira no Canadá, Hunt descubriu que fora descualificado do GP do Reino Unido e Lauda adxudicarase a vitoria e sumara 3 puntos adicionais. Un Hunt furioso fixo unha carreira moi dura no esixente circuíto de Mosport Park e gañou. E na penúltima carreira nos Estados Unidos na intimídante pista de Watkins Glen, Hunt comezou desde a pole e levouse a vitoria logo dunha disputada batalla con Jody Scheckter.[17]

Isto sentou as bases para a carreira final en Xapón. Hunt chegou á carreira final da tempada a só tres puntos por detrás de Lauda. A escala de puntos para os seis primeiros clasificados significaba que Hunt necesitaba terminar terceiro (4 puntos) ou mellor para superar a Lauda, e que Lauda lograra moi poucos puntos para manterse no liderado. O director do equipo McLaren Alastair Caldwell aproveitouse do tempo transcorrido entre as dúas últimas carreiras de contratar o circuíto de Fuji, unha pista que aloxaba o seu primeiro Gran Premio e polo tanto descoñecida para todos os equipos, para unha proba exclusiva de McLaren. Logo dun par de voltas a caixa de cambios agarrotouse, co que a proba tivo un fin prematuro, pero o equipo tivo a vantaxe de aclimatarse ao novo circuíto. As condicións para a carreira eran de chuvia torrencial. Lauda retirouse cedo na carreira, non podía palpebrear a causa das queimaduras faciais sufridas no seu accidente en Alemaña.[18] Logo de liderar a maior parte da carreira Hunt sufriu unha picada nun pneumático, entrou en boxes e fixo unha parada bastante longa saíndo na quinta posición a falta de cinco voltas. Pero amañouse para terminar no terceiro lugar, anotando catro puntos, suficiente para gañar o Campionato do Mundo por un punto.[19] Hunt foi o último británico campión de Fórmula Un ata que Nigel Mansell gañou o campionato en 1992 con Williams.[20] Foi un dos campións do mundo de F1 relativamente máis baratos, logo de asinar no último momento por 200.000 dólares, un escenario similar ao do campión de 1982 Keke Rosberg.

1977

Antes do inicio da tempada de 1977, Hunt asistiu a unha función de gala no Hotel Europa en Londres, onde foi galardoado co Tarmac Trophy xunto con dous cheques de £ 2000 e £ 500 respectivamente, un magnum de champaña e outros premios. A presentación foi feita por SAR o Duque de Kent. Hunt fixo un discurso de aceptación despois do evento que se considerou "adecuado, gracioso e glamoroso". Os medios de comunicación convertéronse en críticos con Hunt porque asistiu ao evento vestido con pantalóns vaqueiros, camiseta e unha cazadora decrépita.[21]

Antes do Gran Premio de Suráfrica, Hunt foi retido polos funcionarios de aduanas que rexistraron a súa equipaxe, pero non atoparon substancias ilegais, agás unha publicación que contraviña as estritas leis de obscenidade de Suráfrica. Hunt foi posto en liberdade máis tarde, na cualificación en Kyalami o seu McLaren M26 tiña unha pinza de freo solta que cortoulle un dos pneumáticos. Recuperouse e puxo o coche na pole. A carreira viu a Hunt sufrir unha colisión co Wolf de Jody Schekter e outra colisión co Tyrrell de Patrick Depailler pero amañouse para terminar cuarto.[22]

A tempada non comezou ben para Hunt. O McLaren M26 tivo problemas na primeira parte da tempada, na que Niki Lauda, Mario Andretti e Jody Scheckter tomaron unha vantaxe considerable no campionato de pilotos. Cara ao final do ano Hunt e o McLaren M26 foron máis rápidos que calquera dos seus rivais agás Mario Andretti e o Lotus 78. Hunt gañou en Silverstone tras remontar ao Brabham de John Watson logo de 25 voltas.[23] A continuación, logrou unha vitoria máis en Watkins Glen. No Gran Premio do Canadá, Hunt retirouse logo dun choque co seu compañeiro de equipo Jochen Mass e recibiu unha multa de 2,000 $ por agredir a un comisario e $ 750 por camiñar de regreso á rúa de boxes dun "xeito inseguro".[24] En Fuji, Hunt gañou a carreira, pero non asistiu á cerimonia do podio[25] que levou unha multa de $20,000.[26] Terminou quinto no Campionato do Mundo de Pilotos.

 
Hunt no Gran Premio do Reino Unido de 1978 en Brands Hatch co McLaren M26
1978

Antes da tempada de 1978 Hunt tiña grandes esperanzas de gañar un segundo campionato do mundo; con todo, nesta tempada anotou só oito puntos no campionato mundial. Lotus desenvolvera de forma efectiva o efecto chan aerodinámico nos coches no seu Lotus 79 e McLaren foron lentos para responder. O M26 foi adaptado ao efecto chan a metade da tempada, pero non funcionou, e sen un piloto de probas para resolver os problemas do coche, a motivación de Hunt era baixa. O seu novo e inexperto compañeiro de equipo Patrick Tambay ata opacou a Hunt nunha carreira. En Alemaña, Hunt foi descualificado por tomar un atallo para cambiar un pneumático.[27]

Hunt tamén quedou moi afectado polo accidente mortal de Ronnie Peterson no Gran Premio de Italia de 1978. Ao principio da carreira houbo un enorme accidente ao entrar na primeira curva. O Lotus de Peterson foi empuxado contra as barreiras e incendiouse. Hunt, xunto con Patrick Depailler e Clay Regazzoni, rescataron a Peterson do coche, pero Peterson morreu un día despois no hospital. Hunt tomou a morte do seu amigo con especial dureza e durante anos culpou a Riccardo Patrese polo accidente.[28] Imaxes de vídeo do accidente demostraron que Patrese non tocou os coches de Hunt ou de Peterson, nin causou que outro coche puidera facelo.[29] Hunt cría que fora a forte pasada de Patrese o que causou que o McLaren e Lotus se tocaran, pero Patrese argumentou que xa estaba moi por diante da parella antes de que o accidente tivera lugar.[29]

1979: Wolf

editar

Para 1979 Hunt decidira deixar o equipo McLaren. Malia a súa mala tempada en 1978 aínda tiña unha gran demanda. Ofrecéuselle un acordo para conducir para Ferrari en 1979, pero desconfiado coa contorna política potencialmente complicada no equipo italiano, optou por fichar por un equipo inicialmente moi exitoso Walter Wolf Racing. Outra vez tiña grandes esperanzas de gañar carreiras e competir polo campionato do mundo no que sería o seu último, e en última instancia breve tempada na Fórmula Un. O efecto chan do coche do equipo era pouco competitivo e Hunt pronto perdeu todo entusiasmo polas carreiras.[30]

Na primeira carreira na Arxentina, sentiu que o coche era difícil de manexar e nunha volta rápida, o alerón dianteiro desprendeuse, e por pouco golpéano no seu casco.[Cómpre referencia] Na carreira, Hunt retirouse debido a unha falla eléctrica. En Brasil, se retirou na 6ª volta debido á inestabilidade na freada causada por unha cremalleira de dirección solta. Durante a cualificación en Suráfrica, os freos do seu coche fallaron. Logrou non chocar co muro, pero só terminou oitavo na carreira. Retirouse no Gran Premio español logo de 26 voltas. En Zolder, presentouse o novo Wolf WR8, pero Hunt estrelouse contra unha barreira. Logo de non poder terminar o Gran Premio de Mónaco de 1979, a carreira onde seis anos antes fixera o seu debut, Hunt fixo unha declaración á prensa o 8 de xuño de 1979 anunciando a súa retirada inmediata e xustificou a retirada da competición na F1 citando a súa situación no campionato.[31] Malia retirarse, seguiu traballando para promover aos seus patrocinadores persoais Marlboro e Olympus.[32]

Carreira posterior (1979-1993)

editar

Comentarista

editar

Despois da súa retirada, en 1979, Hunt foi abordado por Jonathan Martin, xefe de deportes de televisión da BBC, para convertelo en comentarista de televisión xunto a Murray Walker na BBC no programa de carreiras de F1 da BBC 2 Grand Prix. Logo de comentar o Gran Premio do Reino Unido de 1979, Hunt aceptou o cargo e continuou durante trece anos, ata a súa morte. Durante a súa primeira emisión en directo no Gran Premio de Mónaco de 1980, Hunt colocou a súa perna enxesada no colo de Walker e bebeu dúas botellas de viño durante a emisión.[33][34] Hunt normalmente estaba na cabina antes de que comezase a carreira, o que segundo Martin, era porque cría que Hunt era "un home que vivía da adrenalina".[35]

Na cabina de comentaristas, os produtores forneceron só un micrófono para Walker e Hunt, para evitar que falasen un sobre o outro. Nunha ocasión, Hunt quería o micrófono e foise cara a Walker que falara por máis tempo do esperado e Hunt agarrouno polo pescozo e ameazouno co puño.[36] Noutra ocasión, Hunt agarrou o cable do micrófono e movéndoo como un látego, arrincou o micrófono da man de Walker. Os espectadores gozaron regularmente dos seus coñecementos, ideas e sentido do humor durante as transmisións, logrando un gran cantidade de fans. Era famoso polos seus 'insultos' aos pilotos que non cría que estaban esforzándose o suficiente, durante a emisión en directo da BBC do Gran Premio de Mónaco de 1989 cualificou o comentario de René Arnoux de que os coches non turbo non se adaptaban as súas habilidades de condución, como unha "merda".[37] Tamén tivo fama por denunciar os avisos que se amosaban aos líderes da carreira[38] e non se cortaba nos seus comentarios, en marcado contraste co cabaleiroso Walker.

Á parte de Arnoux, outros brancos frecuentes de Hunt eran Andrea de Cesaris, Philippe Alliot, Jean-Pierre Jarier e Riccardo Patrese. Hunt criticou a Jean-Pierre Jarier por bloquear aos líderes, chamándolle "porco ignorante", un "crío francés" e que tiña unha "idade mental de dez" durante as transmisións en vivo. Hunt suxeriu ademais que Jarier debería ser vetado nas carreiras "polo seu propio ben".[39][40]

Menos coñecido é o feito de que Hunt non quería que os seus comentarios emitíranse en Suráfrica durante os anos do apartheid, pero cando non puido evitar que isto sucedera deu os seus honorarios ás asociacións negras que loitaban para derrocar o apartheid.[41]

Hunt tamén comentou os Grandes Premios en crónicas que se publicaron no The Independent, noutros xornais, e nas revistas. Hunt criticou en 1992 ao campión do mundo Nigel Mansell por non defender o seu título de F1 en 1993, afirmando que Mansell deixouno para "evitar as carreiras con Alain Prost no mesmo coche" e que fixo "un corte de mangas ao negocio e o equipo". Hunt tamén describiu a Indycar como "un club de carreiras, as normas non son altos en comparación coas carreiras de Gran Premio", afirmando que Mansell podería "gañar o campionato con facilidade e logo volver á competición real."[42]

Intentos de regresar

editar

En 1980, Hunt case fixo unha reaparición con McLaren no Gran Premio do oeste dos Estados Unidos, pediu 1 millón de dólares pola a carreira. Esta oportunidade xurdiu cando o piloto habitual Alain Prost rompeuse a boneca durante a práctica para a carreira anterior en Suráfrica, e o novato francés non estaba totalmente en condicións para conducir en Long Beach. O principal patrocinador do equipo, Marlboro, ofreceu a metade da cifra, pero as negociacións terminaron logo de que Hunt rompera unha perna mentres esquiaba. En 1982 Bernie Ecclestone, titular do equipo Brabham, ofreceu Hunt un salario de 2´6 millóns de libras para a tempada, pero foi rexeitada por Hunt. En 1990, Hunt tiña problemas financeiros coa perda de 180.000 libras investidas en Lloyd de London[43] e considerou o seu regreso co equipo Williams. Probounos no Circuíto de Paul Ricard uns meses antes e estaba a varios segundos do líder e crese que estaría preparado fisicamente. Hunt intentou persuadir a John Hogan, Vicepresidente de mercadotecnia de Philip Morris Europa,[44] para o apoio da posible reaparición e fíxolle entrega do estado da súa conta bancaria como proba da débeda.[45]

Outros proxectos

editar

Hunt fixo unha breve aparición en 1979 na comedia muda británica " the Plank", así como co-protagonizou con Fred Emney un anuncio de Texaco en Havoline TV. Tamén fixo unha aparición póstuma na ITV no especial de Police Camera Action! Crash Test Racers no 2000, esta foi unha das moitas entrevistas que se emitiron a título póstumo. Hunt tamén competiu nunha carreira de exhibición para celebrar a inauguración do novo circuíto de Nürburgring en maio de 1984.[46]

Hunt foi contratado por John Hogan como asesor e titor dos pilotos patrocinados por Marlboro, instruíndoos nas tácticas de pilotaxe e o enfoque das carreiras. Mika Häkkinen foi un dos pilotos máis exitosos debido á que Hunt involucrouse no asesoramento de Häkkinen non só sobre as carreiras, senón sobre a vida en xeral.

Hunt loitou coa depresión e o alcoholismo e a pesar dos graves problemas financeiros nos seus negocios, aos seus 45 anos, parecía que superara moitos dos seus demos (especialmente alcol e tabaco) e finalmente alcanzara a felicidade.

Vida privada

editar

Imaxe pública

editar
 
Hunt entrevistado por un reporteiro da BBC

Hunt era coñecido polo seu comportamento pouco convencional dentro e fóra da pista, o que lle valeu unha reputación de cabaleiro indulxente co alcohol e o sexo.[47] Logo de formar parte da Fórmula Un. cando consolidou a súa popularidade mundial, a imaxe de Hunt era o epítome do piloto playboy rebelde, cun toque de excentricidade Inglés (que incluía ceas coa súa mascota, un pastor alemán, Oscar, nos custosos restaurantes de Mayfair).[47]

No comezo das súas carreiras Hunt e Lauda compartiron un apartamento dun dormitorio en Londres, e eran bos amigos fóra da pista. Lauda, na súa autobiografía Regreso do inferno, describiu a Hunt como un "aberto, honesto e bo camarada". Lauda admiraba a explosión de velocidade de Hunt, mentres que Hunt envexaba a capacidade de Lauda para a análise e o rigor.[48] Na primavera de 1974, Hunt trasladouse a España co asesoramento do Grupo de Xestión Internacional.[49] Mentres vivía en España como exiliado fiscal, Hunt foi veciño de Jody Scheckter, e tamén chegaron a ser moi bos amigos. Outro bo amigo seu foi Ronnie Peterson. Peterson era un home reservado e tímido, mentres que Hunt era exactamente o contrario, pero as súas personalidades opostas uníronos na pista. Foi Hunt o que descubriu a Gilles Villeneuve, a quen coñeceu logo de ser golpeado por el nunha carreira de Formula Atlantic en 1976. Hunt amañouse para que o mozo canadense fixera o seu debut nun Gran Premio con McLaren en 1977.

O estilo de vida de Hunt foi tan polémico como algúns dos seus actos na pista: asocióuselle cunha sucesión de fermosas mulleres, e prefería presentarse nos actos formais cos pés descalzos e pantalóns vaqueiros, era un gran consumidor de alcol, e tamén consumiu cocaína e marihuana[50] e viviu unha vida informal, preto da praia de Marbella. Frecuentaba regularmente clubs nocturnos e discotecas, e en xeral era a alma das festas. Hunt era un experto xogador de béisbol, e adoitaba xogar ao Squash e o tenis. Tamén xogou nos equipos de fútbol e crícket dos pilotos de F1 e apareceu no programa da BBC Superstars máis dunha vez.

Vida persoal e as relacións

editar

Hunt tivo unha relación con Taormina Rieck (coñecida como ping polos seus amigos) a partir dos 15 anos de idade.[4] Rieck separouse de Hunt en maio de 1971 e deixouno porque non podía ver á súa familia e amigos durante longos períodos de tempo.[51]

Hunt coñeceu á súa primeira esposa, Suzy Miller, en 1974 en España. Unhas semanas logo da súa primeira cita propúxolle matrimonio. Hunt celebrou a festa de compromiso no apartamento do seu irmán Peter, ante a sorpresa dos invitados. A parella casou o 18 de outubro de 1974 no Brompton Oratory de Knightsbridge. A finais de 1975, Suzy deixou a Hunt polo actor Richard Burton, que pagou polo acordo de divorcio de Hunt un millón de dólares, que foi finalizado en xuño de 1976 en Porto Príncipe, Haití.[47]

En 1982, Hunt mudouse a Wimbledon.[52] En setembro dese mesmo ano, coñeceu a súa segunda esposa, Sarah Lomax, mentres estaba de vacacións en España cos amigos. Hunt comezou a saír con Lomax cando chegou de volta a Inglaterra. Hunt e Lomax casaron o 17 de decembro de 1983 en Marlborough, Wiltshire. Hunt chegou tarde á voda e aínda se atrasou máis cando o seu irmán Peter tivo que ir a unha tenda a comprar unha garavata para Hunt.[53] O matrimonio tivo dous fillos, Tom e Freddie, este último tamén piloto de carreiras.[54][55]

Nunha visita a Doncaster, Hunt foi arrestado por un asalto, que foi presenciado por dous axentes da policía, e foi posto en liberdade con cargos baixo fianza ao cabo de dúas horas, a denuncia foi posteriormente retirada.[56] Hunt e Lomax separáronse en outubro de 1988, pero continuaron vivindo xuntos polo mellor interese dos seus fillos. Lomax e Hunt se divorciaron en novembro de 1989 por motivos de adulterio cometido por Hunt.[57]

Hunt coñeceu a Helen Dyson no inverno de 1989 nun restaurante en Wimbledon, onde ela traballaba como camareira. Dyson tiña 18 anos menos que Hunt e preocupado polas reaccións dos seus pais. Hunt mantivo a relación en segredo dos amigos. A relación trouxo de novo a felicidade á vida de Hunt, entre outros factores, que incluían a súa recuperada saúde, a súa bicicleta, o seu enfoque informal de vestir, os seus dous fillos e a súa camioneta Austin A35.

Hunt morreu en 1993 á idade de 45 anos, dun ataque ao corazón na súa casa en Wimbledon.,[58] Só poucas horas despois de propor matrimonio a Helen por teléfono.[59]

O funeral de Hunt incluíu un trompetista solista tocando himnos alegres nun intento de levantar o ánimo dos asistentes. Os portadores do féretro incluídos o seu pai Wallis, os seus irmáns Tim, Peter e David, e o seu amigo "Burbullas" Horsley. Sacaron o cadaleito fóra da igrexa e o levaron durante dúas millas ata o crematorio de Putney Vale, onde foi incinerado. Despois do servizo, a maioría dos asistentes foron á casa de Peter Hunt para abrir un clarete de 1922, o ano de nacemento de Wallis Hunt. O clarete fóralle regalado por James en 1982 como un presente no 60 aniversario de Wallis.[60]

Legado

editar

Hunt foi coñecido como un piloto rápido, cun estilo de condución divertido e agresivo, pero propenso aos accidentes espectaculares, de aí o seu alcumo de Hunt the shunt (Hunt o manobras). En realidade, Hunt non era máis propenso aos accidentes que os seus rivais nas fórmulas inferiores, pero a pegadiza rima quedou con el. No libro, James Hunt: The Biography (James Hunt: A biografía), dixo John Hogan de Hunt: "James foi o único piloto que vin que non tiña a menor idea do que realmente se necesitaba para ser un piloto de carreiras." Niki Lauda declarou que "Eramos grandes rivais, sobre todo ao final da tempada de 1976, pero eu respectábao porque podía conducir ao seu lado a 2 centímetros, roda con roda, a 300 quilómetros ou máis, e non pasaría nada. Era realmente un gran piloto".[61]

Logo de gañar o campionato do mundo en 1976, Hunt inspirou a moitos adolescentes a participar no automobilismo[62] e foi contratado por Marlboro para dar orientación e apoio aos pilotos que viñan das fórmulas inferiores. A principios de 2007, o piloto de Fórmula Un e Campión do Mundo de 2007 Kimi Räikkönen participou e gañou nunha carreira de motos de neve na súa Finlandia natal baixo o nome de James Hunt. Räikkönen admira abertamente os estilos de vida dos pilotos de automóbiles de carreiras de 1970, como Hunta.[63] O nome de Hunt foi cedido ao James Hunt Racing Centre en Milton Keynes cando abriu as súas portas en 1990.[64]

O 29 de xaneiro de 2014, James Hunt foi incluído no Motor Sport Hall of Fame.

No casco de Hunt aparece o seu nome en negra xunto con raias azuis, amarelas e vermellas en ambos lados e espazo para o patrocinador Goodyear, todo colocado sobre un fondo negro.[65] Ademais, as bandas de cor azul, amarelo e vermello aseméllanse as cores da súa Wellington College school.[66] No seu ano de regreso á Fórmula Un en 2012, o Campión do Mundo de 2007 Kimi Räikkönen luciu un casco pintado por James Hunt durante o Gran Premio de Mónaco.[67] Räikkönen repetiu a homenaxe no Gran Premio de Mónaco de 2013.[68]

editar

A batalla polo Campionato Mundial de F1 en 1976 entre Niki Lauda e James Hunt, interpretado polo actor australiano Chris Hemsworth, foi dramatizada na película de 2013 Rush. O propio Lauda fixo un cameo ao final da película. Neste punto Lauda dixo sobre a morte de Hunt, "Cando me comunicaron que morrera aos 45 anos dun ataque ao corazón non me sorprendeu, estaba triste." Tamén dixo que Hunt era un do seu pequeno número de amigos, unha das poucas persoas que respectaba e o único home ao que envexara.

Galería

editar

Resultados completos na Fórmula 1

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Pts.
1973 Hesketh Racing March 731 Ford V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON
9
SWE FRA
6
RU
4
HOL
3
ALE AUT
Ret
ITA
NTS
CAN
7
USA
2
14
1974 Hesketh Racing March 731 Ford V8 ARX
Ret
BRA
9
15
Hesketh 308 Ford V8 RSA
Ret
ESP
10
BEL
Ret
MON
Ret
SWE
3
HOL
Ret
FRA
Ret
RU
Ret
ALE
Ret
AUT
3
ITA
Ret
CAN
4
USA
3
1975 Hesketh Racing Hesketh 308B Ford V8 ARX
2
BRA
6
RSA
Ret
ESP
Ret
MON
Ret
BEL
Ret
SWE
Ret
HOL
1
FRA
2
RU
4
ALE
Ret
AUT
2
33
Hesketh 308C Ford V8 ITA
5
USA
4
1976 Marlboro Team McLaren McLaren M23 Ford V8 BRA
Ret
RSA
2
USW
Ret
ESP
1
BEL
Ret
MON
Ret
SWE
5
FRA
1
RU
DSC
ALE
1
AUT
4
HOL
1
ITA
Ret
CAN
1
USA
1
XPN
3
69
1977 Marlboro Team McLaren McLaren M23 Ford V8 ARX
Ret
BRA
2
RSA
4
USA
7
MON
Ret
40
McLaren M26 Ford V8 ESP
Ret
BEL
7
SWE
12
FRA
3
RU
1
ALE
Ret
AUT
Ret
HOL
Ret
ITA
Ret
USA
1
CAN
Ret
XPN
1
1978 Marlboro Team McLaren McLaren M26 Ford V8 ARX
4
BRA
Ret
RSA
Ret
USW
Ret
MON
Ret
BEL
Ret
ESP
6
SWE
8
FRA
3
RU
Ret
ALE
DSC
AUT
Ret
HOL
10
ITA
Ret
USA
7
CAN
Ret
x 13º 8
1979 Olympus Cameras Wolf Racing Wolf WR7 Ford V8 ARX
Ret
BRA
Ret
RSA
8
ESP
Ret
NC 0
Wolf WR8 Ford V8 USW
Ret
BEL
Ret
MON
Ret
FRA RU ALE AUT HOL ITA CAN USA
Predecesor:
Niki Lauda
Campión da Fórmula 1
1976
Sucesor:
Niki Lauda
  1. Young and Hunt 1978, p. 9.
  2. Donaldson 1994, pp. 11–12.
  3. Donaldson 1994, pp. 16–19.
  4. 4,0 4,1 Donaldson 1994, pp. 24–30.
  5. Donaldson 1994, pp. 29–31.
  6. Donaldson 1994, p. 142.
  7. McDonough 2012, pp. 78–79.
  8. Donaldson 1994, p. 114.
  9. Donaldson 1994, p. 117.
  10. Donaldson 1994, p. 118.
  11. Donaldson 1994, p. 122.
  12. Donaldson 1994, pp. 135–136.
  13. New York Magazine, 7 de xuño de 1976, p. 66.
  14. "Hunt wins third grand prix in the confusion." The Glasgow Herald, 19 de xullo de 1976, p. 14.
  15. "James Hunt set for war". The News-Dispatch, 9 de outubro de 1976, p. 8.
  16. "Dutch Grand Prix Hunt's Birthday Gift."The Pittsburgh Press, 30 de agosto de 1976, p. 18.
  17. "Hunt Captures US Grand Prix; Ickx Injured."[Ligazón morta] The Milwaukee Sentinel, 11 de outubro de 1976, p. 9B.
  18. Rubython 2010, p. 243.
  19. "Lauda withdrawal [sic] gives Hunt title." Ottawa Citizen, 26 de outubro de 1976, p. 19.
  20. "James Hunt's death shocks racing world". The Vindicator, 16 de xuño de 1993, p. C3.
  21. Donaldson 1994, p. 254.
  22. Donaldson 1994, pp. 257–259.
  23. "James Hunt Wins Grand Prix Event."Sarasota Herald-Tribune, 18 de xullo de 1977, p. 2C.
  24. Williamson, Martin. "'Hunt the punch'." ESPN, 11 de xuño de 2010. Retrieved: 12 de outubro de 2012.
  25. Medland, Chris. "Fuji's failed finale".ESPN, 4 de outubro de 2011. Retrieved: 17 de novembro de 2012.
  26. "Hunt snubs Grand Prix ceremony." The Age, 25 de outubro de 1977, p. 38.
  27. "Andretti Wins Prix; Nears Formula Title".[Ligazón morta] The Milwaukee Journal, 31 de xullo de 1978, p. 4 (Part 2).
  28. "8W - Who? -James Hunt." 8w.forix.com. Retrieved: 11 de agosto de 2012.
  29. 29,0 29,1 Widdows, R. "Patrese: more sinned against than sinning?" Motor Sport, 83/11 de novembro de 2007, pp. 82–85.
  30. Rubython 2010, p. 270.
  31. "James Hunt to retire." The Rock Hill Herald, 8 de xuño de 1979, p. 7.
  32. Donaldson 1994, pp. 300–305.
  33. "James 'Hunt The Shunt', The 1970's High-Flyin' Lothario of Formula 1." The Selvedge Yard, 16 de outubro de 2010.
  34. "Trackside: Remembering James Hunt." Auto Trader, 30 de novembro de 2006.
  35. Donaldson 1994, pp. 312–313.
  36. "Murray Walker: Life in the Fast Lane" (Television Production and video). BBC (London), Airdate 2011.}
  37. Walker, Murray and James Hunt, (Commentators) (7 de maio de 1989). "Monaco Grand Prix 7 de maio de 1989". 1. Tempada 1989. BBC. BBC Two. 
  38. Walker, Murray, and James Hunt, (Commentators). "Portuguese Grand Prix 23 de setembro de 1990". 1. Tempada 1990. BBC. 
  39. "» Happy birthday, Jean-Pierre Jarier! – Richard’s F1". richardsf1.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2014. Consultado o 26 de setembro de 2014. 
  40. "Guardian diary Thursday 15th August 2013". The Guardian. Retrieved: 7 de setembro de 2013.
  41. Tremayne, David."Obituary: James Hunt." The Independent, 16 de xuño de 1993. Retrieved: 30 de marzo de 2015.
  42. "James Hunt 'faced 180,000 pounds losses at Lloyd's'." The Independent, 21 de xuño de 1993.
  43. "John Hogan."Grand Prix.com. Consultado o 24 de agosto de 2013.
  44. Donaldson 1994, pp. 310–311.
  45. Edmondson, Laurence."Twenty equal cars, one winner." ESPN, 22 de xullo de 2011. Retrieved: 17 de novembro de 2012.
  46. 47,0 47,1 47,2 Rubython, Tom. "Formula 1 champion James Hunt slept with 33 BA air stewardesses before race | Mail Online." Dailymail.co.uk, 14 de outubro de 2010. Retrieved: 24 de maio de 2012.
  47. Chimits et al. 2008, pp. 90–93.
  48. Donaldson 1994, p. 128.
  49. Rubython, Tom. "Turbo cargado pola luxuria: Como Fórmula Un mullereiro James Hunt deitouse con 33 BA azafatas antes da carreira que o converteu en campión do mundo." Daily Mail (London), 14 de outubro de 2010.
  50. Donaldson 1994, pp. 67–68.
  51. Stock, Jon."For sale: F1 star James Hunt's London home". Arquivado 02 de novembro de 2014 en Wayback Machine. The Telegraph, 16 de outubro de 2012. Retrieved: 15 de decembro de 2012.
  52. Donaldson 1994, p. 321
  53. "James Hunt: Biography."IMDb. Consultado o 11 de agosto de 2012.
  54. "Freddie Hunt." Arquivado 11 de abril de 2015 en Wayback Machine. freddiehunt.com. Retrieved: 5 de abril de 2015.
  55. Donaldson 1994, p. 332.
  56. Donaldson 1994, pp. 334–335.
  57. "James Hunt". The Official Formula 1 Website. Retrieved: 22 de setembro de 2013.
  58. Donaldson 1994, pp. 346–354.
  59. Donaldson 1994, p. 357.
  60. Stern, Marlow (27 de setembro de 2013). "Case fatal: O lendario piloto de Fórmula Un Niki Lauda na tempada que case o mata.". Newsweek. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2013. Consultado o 9 de outubro de 2013. 
  61. "Formula 1's Greatest Drivers: No. 24, James Hunt". Autosport. Retrieved: 10 de agosto de 2012.
  62. Benson, Andrew."Raikkonen the playboy king". BBC Sport, 21 de outubro de 2007. Retrieved: 23 de outubro de 2007.
  63. Donaldson 1994, p. 337.
  64. "James Hunt helmet a 'nice design'." ESPN, 25 de maio de 2012.
  65. Donaldson 1994, p. 34.
  66. "Formula One qualifying 2012 at Monaco." Arquivado 13/07/2014, en Wayback Machine. Formula 1.com. Retrieved: 22 de setembro de 2013.
  67. "Raikkonen told to cover up James Hunt helmet tribute". ESPN. 25 de maio de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2013. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar