Jairo Noriega

futbolista galego

Jairo Noriega Figueroa, nado na Coruña o 14 de agosto de 2003, é un futbolista galego que xoga como centrocampista no Ourense CF, da Primeira Federación.

Modelo:BiografíaJairo Noriega
Nome orixinalJairo Noriega Figueroa
Biografía
Nacemento14 de agosto de 2003 Editar o valor en Wikidata (21 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista

Traxectoria

editar

Estudou no colexio Calasanz da Coruña e comezou a xogar ao fútbol sala no equipo do propio colexio, en idade prebenxamín, ata que con 7 anos pasou ao fútbol herba, cando foi seleccionado polo Deportivo da Coruña para o seu novo equipo benxamín.[1][2][3] Alí coincidiu con xogadores como Dani Barcia, Hugo Ríos ou Brais Suárez, cos que foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club.[1]

Co equipo xuvenil adestrado por Óscar Gilsanz, proclamouse campión da División de Honra na tempada 2020/21, na que tamén debutou co Fabril en Terceira División, e acudiu a Marbella para a disputa da Copa de Campións Xuvenil. Con todo, mentres realizaba exercicios de quecemento antes do partido de semifinais contra o Real Madrid, sufriu unha lesión que o deixou fóra do torneo que acabou conquistando o seu equipo.[1] Ao seu regresou enfermou de COVID-19, afección que o deixou dúas semanas na cama e que lle fixo perder varios quilos. A súa mala sorte estendeuse con dúas novas lesións e outro contaxio de COVID-19 durante os seguintes meses.[1]

Recuperado dos seus problemas, foi titular no histórico partido do seu equipo na Liga Xuvenil da UEFA ante o Dynamo de Kíiv celebrado nun estadio de Riazor con máis de 20.000 espectadores, onde realizou unha destacada actuación.[4][1] Xogou dous encontros máis co xuvenil e disputou o resto da tempada co Fabril, co que xogou sen éxito a promoción de ascenso á Segunda División RFEF, caendo ante o Ourense CF.[5] Na tempada 2022/23 foi xunto a Diego Gómez un titular indiscutible no centro do campo do filial dirixido por Gilsanz, que logrou o ascenso a Segunda RFEF tras proclamarse campión do seu grupo.[6]

O 1 de novembro de 2023 debutou oficialmente co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, na vitoria por 1-3 sobre o Covadonga na Copa do Rei. O adestrador Imanol Idiakez aliñouno como titular, formando no centro do campo xunto a Diego Villares.[7] Pechou a tempada con 26 partidos co filial e un co primeiro equipo. A continuación despediuse do Deportivo, despois dunha década na estrutura do club.[8]

O último día do mercado de fichaxes de 2024 anunciouse a súa incorporación ao Ourense CF, que viña de ascender á Primeira Federación.[8]

Palmarés

editar
Fabril
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Antelo, Iván (11 de febreiro de 2022). "El renacimiento de Jairo Noriega". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  2. "Lista la plantilla del Benjamín del Deportivo para la próxima temporada". Deportivo da Coruña (en castelán). 15 de xuño de 2011. Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  3. "Jairo Noriega: «Ojalá pueda seguir representando al Deportivo muchos años más»". La Vanguardia (en castelán). 28 de xuño de 2023. Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  4. "Os penaltis cortan inxustamente o soño de #ANOSACANTEIRA na UEFA Youth League (2-2)". 9 de febreiro de 2022. Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  5. Antelo, Iván (1 de maio de 2022). "La mayor pegada del Ourense CF elimina al Fabril". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  6. "Campeonato y ascenso del Fabril en O Barco (0-1)". Deportivo da Coruña (en castelán). 23 de abril de 2023. Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  7. "El orgullo de Jairo tras debutar con el Deportivo: «Los sueños se cumplen»" (en castelán). 3 de novembro de 2023. Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  8. 8,0 8,1 Miranda, Carlos (30 de agosto de 2024). "Jairo Noriega jugará esta temporada en el Ourense CF". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 27 de setembro de 2024. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar