Jair da Costa
Jair da Costa, nado en Santo André, São Paulo, o 9 de xullo de 1940, é un exfutbolista brasileiro, que xogaba como dianteiro. Desenvolveu a maior parte da súa carreira no Inter de Milán, formando parte do chamado Grande Inter, que conquistou numerosos títulos na década de 1960, baixo a batuta do adestrador Helenio Herrera. Foi campión do mundo coa selección brasileira en Chile 1962, aínda que non chegou a debutar no torneo.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de xullo de 1940 (84 anos) Santo André, Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 174 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 67 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1961 - 1974 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1962 | Mundial de Fútbol Chile 1962 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarOrixinario de Santo André, trasladouse a Osasco aos oito anos. Debutou como futbolista nas filas do Portuguesa de São Paulo. As súas actuacións con este equipo atraeron o interese dos clubs europeos e no verán de 1962 o Milan e Inter competiron pola súa fichaxe,[1] ata que os rossoneri se decantaron polo seu compatriota Germano.[2] A fichaxe de Jair polo Inter viuse, con todo, atrasada pola presenza no equipo do galego Luis Suárez e do inglés Hitchens, que ocupaban as dúas únicas prazas de estranxeiros que permitía o regulamento da época.[3] Finalmente, o traspaso do británico no outono permitiu a contratación oficial do brasileiro.[1]
Debutou na Serie A nun partido contra o Genoa,[1] marcando o seu primeiro gol aos 2 minutos de xogo. Foi a elección preferida por Helenio Herrera para a banda dereita durante o resto da tempada, por diante de Bicicli,[4] e tivo un papel destacado nos contragolpes do equipo.[5] Con 10 goles, contribuíu á remontada na clasificación do Inter,[6][7][8][9] que gañou o scudetto ao final do torneo.[1]
Co equipo milanés da época, que pasou á historia co nome de Grande Inter,[4] Jair gañou outros dous títulos de liga, dúas Copas de Europa e dúas Copas Intercontinentais.[1][4] Foi o autor do primeiro gol do Inter na Copa de Europa, en 1963 fronte ao Everton,[10] e nesa mesma edición marcou dous goles máis nos cuartos de final e outro nas semifinais.
O 27 de maio de 1965 marcou o gol decisivo para a conquista da segunda Copa de Europa na final disputada en San Siro contra o Benfica de Mário Coluna e Eusébio.[1] Na tempada 1967/68 xogou cedido á Roma, antes de regresar ao Inter, co que gañou o seu cuarto título de liga na 1970/71.[1]
Preto do final da súa carreira, regresou ao Brasil para xogar no Santos, onde foi compañeiro de Pelé, e co que gañou o Campionato Paulista en 1973. Pechou a súa carreira no Canadá, nas filas do Windsor Star.[11]
Selección brasileira
editarCon Garrincha como titular no seu posto na selección brasileira, só puido ser internacional nun encontro amigable ante Gales, que o Brasil gañou 3-1.[12] Foi parte do combinado brasileiro no Mundial de 1962, pero non chegou a debutar na competición.[12]
Palmarés
editar- Inter de Milán
- Serie A (4): 1962/63, 1964/65, 1965/66, 1970/71.
- Copa de Europa (2): 1963/64, 1964/65.
- Copa Intercontinental (2): 1964, 1965.
- Santos
- Campionato Paulista (1): 1973.
- Brasil
- Copa do Mundo (1): 1962.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Brega, Matteo (8 de setembro de 2015). "Tutto iniziò con Gino, poi le ali presero il volo con Corso, Jair e Figo". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 25 de marzo de 2022.
- ↑ "Morto Germano, il giocatore che conquisto' l' ereditiera". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 5 de outubro de 1997. Consultado o 25 de marzo de 2022.
- ↑ De Calò, Alessandro (20 de febreiro de 1998). "Maghi, papere, astronauti e Juve-Inter". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 25 de marzo de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Curino, Luca; Bovolenta, Germano; Lo Giudice, Giorgio; Peterson, Dan (11 de novembro de 1997). "Ricordi di grande Inter". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 25 de marzo de 2022.
- ↑ Claudio, Gregori (14 de novembro de 1997). ""Taca la bala" cosi' carico' l'Inter mondiale 3a puntata". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 25 de marzo de 2022.
- ↑ Cattini, Leo (19 de novembro de 1962). "L'Inter segna al primo minuto e batte la Sampdoria per 4 a 0". La Stampa (en italiano). p. 9. Consultado o 25 de marzo de 2022.
- ↑ Pozzo, Vittorio (17 de decembro de 1962). "Il brasiliano Jair si scatena: crolla la squadra bolognese". La Stampa (en italiano). p. 7. Consultado o 25 de marzo de 2022.
- ↑ Cattini, Leo (11 de febreiro de 1963). "La difesa del Palermo non resiste ai vivaci attacchi dell'Inter: 0-4". La Stampa (en italiano). p. 7. Consultado o 25 de marzo de 2022.
- ↑ Accatino, Giulio (22 de abril de 1963). "A S.Siro aspra lotta tra Inter e Bologna: 4-1". La Stampa (en italiano). p. 6. Consultado o 25 de marzo de 2022.
- ↑ "In coppa Campioni nerazzurri imbattuti a Milano". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 30 de setembro de 1998. Consultado o 25 de marzo de 2022.
- ↑ Zagnoli, Vanni (15 de xullo de 2020). "Il pallone racconta: Jair da Costa" (en italiano). Consultado o 25 de marzo de 2022.
- ↑ 12,0 12,1 Monti, Fabio. "Jair da Costa". treccani.it (en italiano). Consultado o 25 de marzo de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do xogador en national-football-teams.com (en inglés).
- Datos do xogador en worldfootball.net (en italiano).