Jacques Jean Barre

medallista e gravador francés

Jacques Jean Barre, nado en París o 3 de agosto de 1793 e finado na mesma cidade o 10 de xuño de 1855, foi un medallista e gravador de selos postais, de billetes e de moedas francés.

Modelo:BiografíaJacques Jean Barre

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Jacques-Jean Barre Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1793 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xuño de 1855 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor en Wikidata
Cargos
Gravador xeral de moedas
de Francia
Período1843 – 1855
AntecesorNicolas Pierre Tiolier
SucesorDésiré Albert Barre
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupacióngravador, medallista, deseñador de selos, artista visual Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1823 Editar o valor en Wikidata - 1855 Editar o valor en Wikidata
AlumnosAlphée Dubois, Joseph Dantzell (en) Traducir e Maurice Borrel Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJean-Auguste Barre, Désiré Albert Barre Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteRussian Biographical Dictionary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Barre-397

En 1843 foi designado como 17º gravador xeral de moedas de Francia, posto no que foi o sucesor de Nicolas Pierre Tiolier e no que foi relevado en 1855 polo seu fillo, Désiré Albert Barre.[1]

Traxectoria

editar

Barre naceu en París o 3 de agosto de 1793.[2] A orde do seu primeiro e do seu segundo nome varía segundo as fontes, e adoita se "Jean-Jacques" nas publicacións relacionadas coa numismática e "Jacques Jean" nas de orientación filatélica.[3]

Con 17 anos, en 1810, ingresou como gravador na Monnaie de Paris, como aprendiz do gravador xeral Nicolas Pierre Tiolier.[4]

En 1919 participou na exposición do Salón de París con grande éxito cun cadro de medallas. Posteriormente foi un asiduo participante nestes salóns entre 1822 e 1846, onde amosou as súas medallas, cuños, retratos etc. Tamén participou nas exposicións anuais de Belas Artes de París.[4] A súa produción de medallas, varias delas de temática masónica, foi constante durante o seu período de actividade.[2][5][6]

En 1834 encomendóuselle o gravado dalgunhas probas para moedas a nome de Lois Filipe I (1830-1848), que finalmente non foron adoptadas.[4][7] Logo do falecemento en 1842 de Nicolas Pierre Tiolier, Barre foi designado para ocupar o seu posto como gravador xeral e, no exercicio do seu cargo, o rei Lois Filipe I encargoulle, entre outros traballos, unha serie de grandes retratos de numerosos membros da familia real reproducidos en medallóns de xeso.[8] Así emsmo, encargouse do deseño e a supervisión do gravado dun novo modelo de billetes de 500 e de 1.000 francos iniciado en 1842.[9]

 
Deseño do Gran Selo de Francia, obra de Jacques-Jean Barre (1848).[10]

Xa baixo a II República (1848-1852), en 1848 foi o autor da matriz para unha nova versión do Gran Selo da República Francesa, e tamén do da Asemblea Nacional.[4] Do mesmo xeito, ese mesmo ano foi o encargado do deseño e do gravado dos primeiros selos postais de Francia, coa efixie de Ceres, e posteriormente tamén dos emitidos co busto de Napoleón III (1852-1870), que serían logo impresos na Casa da Moeda de París por Anatole Hulot en 1876.[11][12][13]

Logo de se ter ocupado moi pouco das moedas durante a II República, agás a moeda de cinco francos retomada do tipo deseñado por Augustin Dupré, tivo que esperar á elección de Luís Napoleón Bonaparte (futuro Napoleón III) como presidente da República, en decembro de 1848, para que se lle encomende o gravado de cuños monetarios. Durante o curto período republicano antes do golpe de Estado do 2 de decembro de 1851, fixo o gravado das moedas de 5 francos e de 1 franco coa efixie espida de Luís Napoleón, que levaban nas lendas dos seus reversos a mención RÉPUBLIQUE FRANÇAISE.[14] E despois, proclamado o Imperio en 1852, gravou as mesmas moedas pero esta volta coas lendas NAPOLÉON III EMPEREUR no anverso e EMPIRE FRANÇAIS no reverso.[15]

 
Jacques Jean Barre foi o gravador deste rappen suízo de 1910.[16]

Ademais de moedas francesas, Barre gravou tamén as moedas de 1 e de 2 céntimos de Suíza que se cuñaron entre 1850 e 1946, sobre deseños de Alexander Hutter.[17]

En 1834, Jacques Jean Barre recibiu a cruz da Lexión de Honra.[18]

En 1855, afectado por unha doenza, dimitiu das súas funcións como gravador xeral de Francia, posto no que foi sucedido primeiro polo seu fillo máis novo Désiré Albert Barre e a continuación polo seu fillo máis vello, Jean Auguste Barre.[1][18]

Escolma de traballos

editar
  1. 1,0 1,1 "Graveurs Généraux des Monnaies". En Mazerolle, F. (1907). Páxinas 173-174.
  2. 2,0 2,1 Rodot, N. (1904). Páxina 380.
  3. "Barre, Jean Jacques. París, 1793 - París, 1855". Museo del Prado.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Forrer, L. (1916). Páxina 131.
  5. Bellier de La Chavignerie, E. (1882).
  6. Forrer, L. (1916). Páxinas 128-131.
  7. Probas de Barre para Lois Filipe I: "1 décimo 1840" e "10 cents. 1848". Numista.com
  8. Mazerolle, F. (1907). Páxina 88.
  9. Fayette, C. (2003). Les billets de la Banque de France et du Trésor (1800-2002). C. Fayette Éd. ISBN 978-2951634312
  10. Publicado en L'Illustration, 28 de outubro de 1848.
  11. Barre, H. R. (1978). “Les Barre, graveurs généraux des Monnaies, créateurs des premiers timbres poste français et grecs”. En Le Club français de la médaille, Bulletin n° 61. 2º semestre. Páxinas 81-85.
  12. "Cérès, première émission de France, 1849". En Le trésor philatélique du trimestre. Nº 14.
  13. Catálogo dos selos deseñados por J. J. Barre. Timbres de France.
  14. "1 franc Louis Napoléon" e "5 francs Louis Napoléon". Numista.com
  15. "1 franc Napoléon III" e "5 francs Napoléon III". Numista.com
  16. "1 Rappen Wreath; bronze". Numista.com
  17. "1 rappen" e "2 rappen". Numista.com
  18. 18,0 18,1 Forrer, L. (1916). Páxina 130.
  19. "Medallion. 1933. Jean-Jacques Barre". The Metropolitan Museum of Art.
  20. "Galerie Métallique des grands Hommes Français, Médaille, Pierre André de Suffren". Comptoir des Monnaies.
  21. "Galerie Métallique des grands Hommes Français, Médaille, Pierre André de Suffren". Comptoir des Monnaies.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar
Predecesor:
Nicolas Pierre Tiolier
 
Gravador xeral de moedas de Francia

1843 - 1855
Sucesor:
Désiré Albert Barre