Jacoba Felice

médica italiana

Jacoba Felice, tamén coñecida como Jacqueline Félicie, foi unha médica de orixe alemá[Cómpre referencia] de comezos do século XIV.

Modelo:BiografíaJacoba Felice
Biografía
Nacemento(it) Jacobina Felice Editar o valor en Wikidata
século XIII Editar o valor en Wikidata
Florencia, Italia Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédica Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1322 Editar o valor en Wikidata)

Traxectoria

editar

O 11 de agosto do ano 1322 foi acusada de exercer pola Facultade de Medicina da Universidade de París, cos seguintes cargos por parte do tribunal: "visitaba os enfermos, examinaba os seus ouriños, tomáballes o pulso e tocaba os seus corpos e membros". O resultado foi a inculpación e a excomuñón. Foi un caso paradigmático polo ben documentado que está, do proceso de separación na Europa cristiá das mulleres do exercicio da medicina, cun certo peso na tradición musulmá e xudía por aquel entón.

A pesar de que testemuñaron ó seu favor moitos dos seus pacientes, incluída unha criada do bispo encargado do caso que xa fora desafiuzada por varios médicos con anterioridade, foi acusada polo xurado, pois, segundo este, "un home pode curar os enfermos moito mellor que calquera muller".

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar