Jack Aitken
Jack Aitken (en coreano: 한세용, Han[1] Se-yong) nado o 23 de setembro de 1995 en Londres, é un piloto de carreiras británico-coreano[2] que compite actualmente na Fórmula 2 para Campos Racing.[3] Aitken comezou a súa carreira no karting en Buckmore Park, con 7 anos. Fixo a transición cara aos coches cando competiu no Campionato Intersteps con Fortec Motorsport, con quen logo competiu nas Formula Renault BARC Winter Series, Formula Renault NEC e Formula Renault Eurocup. Despois de gañar a Formula Renault Eurocup en 2015, Aitken inscribiuse na academia de novos pilotos de Renault, na que permaneceu ata 2019. Despois de competir nas GP3 Series en 2016 e 2017 progresou a Fórmula 2 de 2018. Tamén é o piloto de reserva do equipo Williams Formula One e correrá para eles no Gran Premio de Sakhir de 2020 en substitución de George Russell, que, á súa vez, substitúe a Lewis Hamilton en Mercedes no evento.
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1995 (29 anos) Londres, Reino Unido |
Educación | Westminster School |
Actividade | |
Ocupación | piloto de carreiras, piloto de Fórmula 2, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
2019 | UCI Oceania Tour de 2019 (pt) (121º) |
2019 | 2019 UCI World Ranking (en) (2600º) |
Sitio web | jackaitken.com |
Andaina
editarKarting
editarAitken comezou a súa carreira no karting en Buckmore Park en Kent.
Fórmula Renault Eurocup
editarAitken entrou na súa primeira tempada completa na Fórmula Renault Eurocup en 2014[4] con Fortec Motorsports. Gañou unha carreira en Hungaroring e rematou no podio catro veces. Durante a primeira metade da tempada, tivo que rematar o seu A Levels mentres asistía á Westminster School. A comezos de 2015 mudouse a Koiranen GP para a tempada Eurocup Formula Renault 2.0.
Aitken gañou o título na rolda final en Xerez, despois de gañar o título da Fórmula Renault Alps na mesma pista unha semana antes.[5]
Fórmula Renault Alps
editarEn 2015, Aitken entrou no Campionato de Fórmula Renault Alps, xunto coa súa campaña na Fórmula Renault Eurocup. Gañou este título na rolda final en Xerez.
Serie GP3
editarEn xaneiro de 2016, anunciouse que Aitken pasaría á serie con Arden International. Na súa primeira tempada, logrou a vitoria na segunda carreira en Spa-Francorchamps e conseguiu seis podios adicionais para acabar quinto na clasificación xeral. En febreiro de 2017, anunciouse que Aitken seguiría na serie, cambiando ao equipo campión ART Grand Prix. Ese ano terminou segundo no campionato, aínda que a unha longa distancia por detrás do seu compañeiro de equipo George Russell.
Fórmula 2
editarEn xaneiro de 2018, ART Grand Prix anunciou que Aitken uniríase ao seu equipo de Fórmula 2 para o Campionato de FIA de Fórmula 2 de 2018, de novo xunto a George Russell.[6] Logrou o seu primeiro podio co segundo posto na carreira principal de Bakú, e máis tarde conseguiu a súa primeira vitoria en Barcelona.[7] Rematou 11º no campionato con 63 puntos.
Para o Tempada 2019 Aitken mudouse a Campos Racing, inicialmente como compañeiro de Dorian Boccolacci e máis tarde de Arjun Maini e Marino Sato.[8] Aitken obtivo a súa primeira vitoria da tempada e a primeira vitoria de Campos Racing na Fórmula 2, na carreira de Bakú. Tamén gañou a carreira de Silverstone, despois de adiantar a Louis Delétraz na volta 17. Aitken tamén gañou a carreira de Monza despois de defenderse do coche de MP Motorsport de Jordan King. King criticou a condución defensiva de Aitken. Acabou 5º na clasificación, anotando 159 dos 189 puntos de Campos, axudándolles a rematar 5º no campionato por equipos.
Aitken permaneceu en Campos durante o 2020, xunto a Guilherme Samaia. Aitken logrou un dobre podio na segunda rolda de Silverstone, quedando terceiro tanto na carreira principal como na carreira de velocidade. Estivo involucrado nunha colisión a alta velocidade con Luca Ghiotto na sétima volta da carreira de velocidade no Circuíto de Sochi. Ambos pilotos non resultaron feridos, pero os danos nas barreiras provocaron que a carreira vise a bandeira vermella e non se reiniciara.[9]
Fórmula Un
editarEn febreiro de 2016, Aitken foi un dos catro pilotos confirmados para unirse ao novo programa de pilotos de Renault F1. En setembro de 2017, Aitken probou por primeira vez un coche de Fórmula Un, probando o Lotus E20 en Xerez. En febreiro de 2018, Aitken foi nomeado terceiro piloto reserva de Renault.[2][10] Para 2019 confirmouse que Aitken continuaría como piloto de probas para Renault.[11] Para a tempada 2020 Aitken uniuse á Williams Driver Academy xunto aos seus rivais ma Fórmula 2 Dan Ticktum e Roy Nissany. Aitken estará como piloto de reserva do equipo.[12] Conduciu na primeira sesión de adestramentos do Gran Premio de Estiria de 2020 para o equipo, substituíndo a George Russell.[13]
Aitken debutou na Fórmula Un como piloto de carreiras con Williams no Gran Premio de Sakhir 2020 substituíndo a George Russell, que correu co Mercedes de Lewis Hamilton logo de que este dera positivo en coronavirus.[14] Aitken declarou antes da carreira que estaba "preparado desde marzo en Melbourne "para tal oportunidade.[15] Competiu co número 89, en referencia a un número que usaba anteriormente no karting. [14] Clasificouse para a carreira no 18º posto, a unha décima de segundo do seu compañeiro de equipo Nicholas Latifi.[16][17] Na volta 61 de 87, Aitken, no 15º posto, trompeou na curva final, chocando cunha barreira e rompendo a súa á dianteira. Regresou aos boxes para un substituilo e puido continuar a carreira, acabando finalmente no posto 16º. Máis tarde remarcou que tiña sensacións mixtas sobre a carreira, afirmando "creo que estivemos facendo un bo traballo ata o meu pequeno incidente. Só podo pedir perdón a todo o equipo", pero que había "moitos aspectos positivos que tomar" da fin de semana ".[18]
Aitken realizou o xoves tarefas nos medios con Williams antes da seguinte carreira en Abu Zabi pero finalmente non conduciu o coche, xa que Russell regresou ao equipo antes da primeira sesión de adestramentos cando Hamilton obtivo a alta para volver a Mercedes.[19]
Rexistro de carreiras
editarTraxectoria profesional
editar† Como era un piloto invitado, non podía puntuar.
* Tempada en disputa.
Resultados nas carreiras de American open-wheel
editarCampionato Pro Mazda
editarAno | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2014 | Team Pelfrey | STP |
STP |
BAR |
BAR |
IMS |
IMS |
LOR |
HOU |
HOU |
MOH |
MOH |
MIL |
SON 9 |
SON 4 |
20º | 31 |
Resultados completos nas GP3 Series
editar(clave) (Carreiras en grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2016 | Arden International | CAT FEA 20 |
CAT SPR 19 |
RBR FEA 9 |
RBR SPR 5 |
SIL FEA 13 |
SIL SPR 6 |
HUN FEA 9 |
HUN SPR 6 |
HOC FEA 6 |
HOC SPR 2 |
SPA FEA 5 |
SPA SPR 1 |
MNZ FEA 2 |
MNZ SPR 5 |
SEP FEA 2 |
SEP SPR 3 |
YMC FEA 3 |
YMC SPR 2 |
5º | 148 |
2017 | ART Grand Prix | CAT FEA Ret |
CAT SPR 12 |
RBR FEA 2 |
RBR SPR 5 |
SIL FEA 4 |
SIL SPR 2 |
HUN FEA 1 |
HUN SPR Ret |
SPA FEA 2 |
SPA SPR 18 |
MNZ FEA 2 |
MNZ SPR C |
XER FEA 3 |
XER SPR 6 |
YMC FEA 14 |
YMC SPR 8 |
2º | 141 |
Resultados completos nas Formula V8 3.5 Series
editar(clave) (Carreiras en grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2016 | RP Motorsport | ALC 1 |
ALC 2 |
HUN 1 |
HUN 2 |
SPA 1 |
SPA 2 |
LEC 1 |
LEC 2 |
SIL 1 |
SIL 2 |
RBR 1 |
RBR 2 |
MNZ 1 |
MNZ 2 |
XER 1 DSC |
XER 2 4 |
CAT 1 11 |
CAT 2 9 |
15º | 14 |
Resultados completos no campionato da FIA de Fórmula 2
editar(clave) (Carreiras en grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican puntaos para a volta rápida dos dez primeiros finalistas)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2018 | ART Grand Prix | BHR FEA 9 |
BHR SPR 18 |
BAK FEA 2 |
BAK SPR 11 |
CAT FEA 6 |
CAT SPR 1 |
MON FEA 7 |
MON SPR Ret |
LEC FEA 11 |
LEC SPR NTS |
RBR FEA Ret |
RBR SPR 18 |
SIL FEA 13 |
SIL SPR 12 |
HUN FEA 4 |
HUN SPR 10 |
SPA FEA 11 |
SPA SPR 10 |
MNZ FEA 17† |
MNZ SPR 8 |
SOC FEA 14 |
SOC SPR Ret |
YMC FEA 10 |
YMC SPR 13 |
11º | 63 |
2019 | Campos Racing | BHR FEA 7 |
BHR SPR 11 |
BAK FEA 1 |
BAK SPR 3 |
CAT FEA 2 |
CAT SPR 8 |
MON FEA 17† |
MON SPR 13 |
LEC FEA 3 |
LEC SPR 4 |
RBR FEA 10 |
RBR SPR 18 |
SIL FEA 5 |
SIL SPR 1 |
HUN FEA 3 |
HUN SPR 5 |
SPA FEA C |
SPA SPR C |
MNZ FEA 8 |
MNZ SPR 1 |
SOC FEA 7 |
SOC SPR 11 |
YMC FEA 11 |
YMC SPR 10 |
5º | 159 |
2020 | Campos Racing | RBR1 FEA 15 |
RBR1 SPR 8 |
RBR2 FEA 9 |
RBR2 SPR 6 |
HUN FEA 13 |
HUN SPR 19 |
SIL1 FEA 13 |
SIL1 SPR 8 |
SIL2 FEA 3 |
SIL2 SPR 3 |
CAT FEA 18† |
CAT SPR 18 |
SPA FEA 13 |
SPA SPR 17 |
MNZ FEA 13 |
MNZ SPR 7 |
MUG FEA Ret |
MUG SPR 13 |
SOC FEA 6 |
SOC SPR 4 |
BHR1 FEA 10 |
BHR1 SPR 17† |
BHR2 FEA WD |
BHR2 SPR WD |
Pos.* | Ptos.* |
† O pliloto non rematoua a carreira, pero clasificouse ao completar o 90% da distancia de carreira.
‡ Concedéronse a metade dos puntos aos que completaron polo menos o 75% da distancia programada.
* Tempada en disputa.
Resultados completos na Fórmula 1
editarAno | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2020 | Williams Racing | Williams FW43 | Mercedes F1 M11 EQ Performance 1.6 V6 t | AUT | EST | HUN | GBR | 70º | ESP | BEL | ITA | TOS | RUS | EIF | POR | EMI | TUR | BAH | SAK 16 |
ABU |
22º | 0 |
Notas
editar- ↑ Pole resultante como resultado da grella invertida na carreira de velocidade.
Notas
editar- ↑ "Aitken moves to Campos for 2019 F2 season". www.motorsport.com (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 "Drivers – Jack Aitken". Renault Sport. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2018. Consultado o 21 de febreiro de 2018.
- ↑ "Aitken moves to Campos for 2019 F2 season". www.motorsport.com (en inglés). Consultado o 23 de febreiro dey 2019.
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2016. Consultado o 8 de febreiro de 2016.
- ↑ "Formula Renault Eurocup - Press release - 2015, an exceptional year in Formula Renault 2.0 - renaultsport.com". Renault Sport. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2016. Consultado o 29 de decembro de 2020.
- ↑ Horton, Phillip. "Formula 2: Jack Aitken expects to be among F2 leaders from the outset". Motorsport Week (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2019. Consultado o 23 de febreiro de 2019.
- ↑ Horton, Phillip. "Formula 2: Renault tester Jack Aitken takes maiden F2 victory in Barcelona Sprint Race". Motorsport Week (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2019. Consultado o 23 de febreiro de 2019.
- ↑ Horton, Phillip. "Formula 2: Jack Aitken secures switch to Campos for 2019". Motorsport Week (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2019. Consultado o 23 de febreiro de 2019.
- ↑ Allen, Peter (27 de setembro de 2020). "Zhou takes first F2 win in Sochi sprint race cut short by huge crash". formulascout.com. Consultado o 21 de outubro de 2020.
- ↑ Barretto, Lawrence (20 de febreiro de 2018). "Renault F1 team gives reserve driver role to Jack Aitken". Autosport. Consultado o 20 de febreiro de 2018.
- ↑ Horton, Phillip. "Formula 1: Sergey Sirotkin secures Renault F1 reserve role, F2's Jack Aitken as tester". Motorsport Week (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2019.[Ligazón morta]
- ↑ "Aitken joins Williams as reserve driver after leaving Renault". formula1.com. 4 de febreiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020.
- ↑ Cooper, Adam. "Aitken gets Williams FP1 outing for F1 Styrian GP at Red Bull Ring". Autosport.com (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2020.
- ↑ 14,0 14,1 "F2 racer Jack Aitken to make F1 debut with Williams at Sakhir Grand Prix, replacing Russell". Formula1.com. 2 de decembro de 2020. Consultado o 2 de decembro de 2020.
- ↑ "Aitken has been 'ready since Melbourne' for F1 debut". 2 de decembro de 2020.
- ↑ "Sakhir Grand Prix Qualifying". www.williamsf1.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2020. Consultado o 6 de decembro de 2020.
- ↑ "Sakhir GP: Bottas beats Russell to pole by 0.026s". www.motorsport.com. Consultado o 6 de decembro de 2020.
- ↑ "'Gutted' Aitken 'desperate to have another go' with Williams after race-defining shunt". formula1.com. 7 de decembro de 2020. Consultado o 9 de decembro de 2020.
- ↑ "Hamilton to return for Abu Dhabi GP". Consultado o 11 de decembro de 2020 – vía www.bbc.co.uk.
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial
- Jack Aitken career summary at DriverDB.com