Isotipo (inmunoloxía)
Un isotipo en xeral é cada unha das proteínas que mostran variación antixénica nunha familia de proteínas relacionadas. En inmunoloxía, denomínanse "isotipos das inmunoglobulinas" ás distintas formas antixenicamente diferentes de rexións constantes das cadeas pesadas e lixeiras que aparecen en todos os individuos dunha especie, que están codificadas por distintos loci xenéticos. Os isotipos serven para distinguir as distintas clases e subclases das cadeas pesadas das inmunoglobulinas e os distintos tipos e subtipos das cadeas lixeiras. Os isotipos son doadamente detectables no soro sanguíneo e por definición son recoñecidos por anticorpos dunha especie diferente (antisoro heterólogo)[1]. Os determinantes antixénicos recoñecidos por eses anticorpos denomínanse determinantes isotípicos.
Nos humanos hai cinco isotipos das cadeas pesadas e dous isotipos das lixeiras.[1] Os individuos normais teñen todos os isotipos. Nos individuos con inmunodeficiencias pode faltar algún isotipo. Os isotipos das inmunoglobulinas humanas son os seguintes:
- Cadea pesada
- Cadea lixeira
- cadea κ - aparece en todas as clases de inmunoglobulinas, é dicir, por exemplo hai IgG con cadea κ, e IgG con cadea λ, e así nas demais clases de Ig. En cada inmunoglobulina as dúas cadeas lixeiras son sempre iguais, as dúas κ ou as dúas λ (e as cadeas pesadas son sempre tamén iguais).[2]
- cadea λ - aparece en todas as clases de inmunoglobulinas igual que no caso anterior.
Na cadea pesada das inmunoglobulinas pode producirse o cambio de clase na que a cadea pesada cambia, polo que a célula B pasa a producir outra subclase ou isotipo diferente de inmunoglobulina. A célula B empeza producindo IgM, e máis tarde IgM e IgD, pero despois cando recoñece ao antíxeno pode pasar a producir algún dos outros tipos de Ig. Neste fenómeno está implicado o splicing alternativo e a eliminación e reordenación de xenes.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 J. P. Martínez. Inmunología. Piramide. 1994. Páxina 112. ISBN 84-368-0828-2.
- ↑ 2,0 2,1 Bruce Alberts et al. Biología Molecular de la Célula. Omega. 1986. Páxina 1057. ISBN 84-282-0752-6.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- MeshName - Immunoglobulin Isotypes [1]
- Overview at University of South Carolina School of Medicine