Isidro Parga Pondal
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Isidro Parga Pondal, nado en Laxe o 17 de decembro de 1900 e finado na Coruña o 4 de maio de 1986, foi un químico galego especializado en xeoloxía.[1][2] Destacou polos seus estudos en diversos eidos, que foron desde os da xeoquímica de rochas e minerais raros galegos, os areais galegos, o neovolcanismo da península Ibérica e o cartografado xeolóxico.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de decembro de 1900 Laxe, España |
Morte | 4 de maio de 1986 (85 anos) París, Francia |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xeólogo |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Avelina Peinador Porrúa |
Premios | |
Traxectoria
editarIsidro Parga Pondal procedía de dúas familias da burguesía galega de gran sona, preocupadas polo país. Era sobriño neto do vate Eduardo Pondal e neto do médico hidrólogo Isidro Pondal Abente por parte materna, e pola outra era neto de Salvador Parga Torreiro, catedrático de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e senador, e fillo de José Parga Casal, doutor en Dereito pola USC.[1] Logo da prematura morte do seu pai, en 1915, o seu homónimo avó foi o condutor de Isidro cara as ciencias experimentais.[3] Fixo os seus estudos de bacharelato en Santiago de Compostela e a carreira de Química na Universidade de Madrid, rematando a licenciatura en 1922.[1]
En 1923 obtivo praza de profesor auxiliar de Química inorgánica e Analítica na Facultade de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela. Porén, aparecen os seus primeiros traballos sobre xeoquímica, publicados na revista do Seminario de Estudos Galegos nado recentemente e do que é membro. Desde a Sección de Ciencias Naturais do Seminario de Estudos Galegos, Isidro Parga Pondal fomentou a investigación sobre as riquezas do solo e o subsolo galego.
No ano 1925 casou con Adelina Peinador Porrúa, filla do propietario do Balneario de Mondariz, Enrique Peinador Línes. Nese tempo realizou estudos de doutoramento en Zürich, volvendo no 1933 a cidade compostelá.
Coa creación do Laboratorio de Xeoquímica da Universidade de Santiago de Compostela,[1] comezou as súas investigacións sobre Galicia e formou os primeiros xeoquímicos españois. En 1934 rematou a súa tese de doutoramento obtendo a cualificación de sobresaliente cum laude na Universidade de Madrid. No terreo do asociacionismo científico, Parga tivo un destacado papel na vida corporativa da Sociedad Española de Física y Química, onde acudía de cando en vez as súas sesións, especialmente desde 1935. Viña sendo asociado desta corporación desde os seus tempos de estudante en Madrid e un estreito colaborador ata a súa destitución como docente.[3]
Ó comezo da guerra civil foi purgado do seu posto de profesor tras a delación por Tomás Batuecas Marugán.[4] Tras a expulsión da Universidade de Santiago non retornaría máis á docencia universitaria, retirándose a súa vila natal, Laxe, onde se fixo cargo en 1938 da dirección da empresa Kaolines de Lage S.A.,[1] un traballo que, ademais de mantelo, a el e á súa familia, lle ía deixar capacidade de manobra para decidir libremente no que faría da súa vida en adiante.[5]
Máis tarde creou o Laboratorio Xeolóxico de Laxe, onde seguiría co labor investigador compartido e coordinado co traballo empresarial que levou a cabo cos irmáns Fernández López, ademais doutras iniciativas empresariais e de formación científica con mozos investigadores e xeólogos que viñan de todas as partes do mundo.[3] En 1945 colaborou co Instituto Xeolóxico e Mineiro de España e en 1954 comezou a colaborar coa Universidade de Leiden, facéndoo despois coas de Montpellier, Estrasburgo, Zürich, Munster e Lisboa.
Faleceu na Coruña o 4 de maio de 1986 a causa dun derramo cerebral. Foi enterrado no cemiterio de Laxe.[6]
Recoñecementos
editarFoi premio Ramón Mourente no 1958. En 1960 ingresou na Real Academia Galega coa lectura do discurso Observación, interpretación y problemas geológicos de Galicia, respondido por Luís Iglesias Iglesias[7]. No 1962 foi nomeado profesor agregado do Instituto Lucas Malleda, recibindo a continuación diversas distincións: Pedrón de Ouro (1965), Premio de Ciencias da Deputación da Coruña (1972), Premio de Investigación da Universidade de Santiago e da Universidade Menéndez e Pelayo (1982), medalla Castelao, doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela (1983), Presidente Honorario da Academia de Ciencias de Galicia, membro numerario da Academia de Doutores de Madrid, correspondente da Academia de Ciencias de Madrid e correspondente da A. de Ciencias e Arte de Barcelona. Concedéuselle o Premio Trasalba en 1984. A Real Academia Academia Galega de Ciencias adicoulle no 2009 o Día do Científico Galego,e no 2015 foi homenaxeado con ocasión da celebración do VI Día da Ciencia en Galego.[8]
Diferentes institucións académicas levan o nome de Isidro Parga Pondal, entre elas o Instituto Universitario de Xeoloxía da Universidade da Coruña.
Publicacións
editarEste artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- Datos para la geoquímica de Galicia: el contenido en iodo de las principales algas marinas de las costas de Galicia. Santiago de Compostela, Tip. de El Eco Franciscano, 1927.
- Vázquez-Garriga, J. Contribución al estudio de los minerales de wolframio de Galicia: I: Análisis de las wolframitas de La Brea, Corpiño y Carboeiro (Lalín, Pontevedra). a cruña, Nós, 1929.
- Parga Pondal.I. Estudio químico de la nontronita de Chenlo (Pontevedra): mineral nuevo para España. A Cruña, Nós, 1929.
- Vázquez-Garriga, J. Contibución al estudio de los minerales de wolframio de Galicia: II: Análisis de las scheelitas de Garbía y Villar de Cervos. Madrid: [s.n. ], 1930.
- Arango, A. Contribución al estudio de los minerales de wolframio de Galicia: III: Análisis de las wolfamitas de Juno, Monte Neme, Casayo, A Veiga y Vilacoba.Madrid, [s.n. ], 1930.
- Datos para la geoquímica de los magmas galegos. Madrid, [s.n.], 1930.
- Sobre la presencia de la ortita en los granitos gallegos. Santiago de Compostela, Universidad de Santiago, 1933.
- Arena monocítica de la ría de Arosa (Galicia). Madrid, [s.n.], 1935.
- Ensayo de clasificación cronológica de los granitos gallegos. Porto, Imprenta Portuguesa, 1935.
- Martin Cardoso, G. Die lithiumpegmatie von Lalín in Galizien (prov. Pontevedra, Spanien). En: Schweizerische Mineralogische und Petrographische Mitteilungen, XXVIII, 1 (1948).
- Sobre una relación ente los tipos de disyunción de los granitos gallegos y su historia geológica- tectónica. Madrid, Impr.C. Bemejo, 1953.
- López de Azcona, J.M.; Martin Cardoso, G. Lage: mapa geológico de España: Escala 1:50000 explicación de la hoja nº 43. Lage (Coruña). Madrid: Instituo Geológico y Minero de España, 1953.
- Pérez Mateos, J. Los arenales costeros de Galicia: I : la ría de Lage. Madrid, [s.n.], 1954,
- Pérez Mateos, J. Los arenales costeros de Galicia: II : la costa de Finisterre. Madrid, [s.n.], 1956.
- El conocimiento geológico de Galicia. Buenos Aires, Citania, 1958.
- Discurso leido en el acto de su recepción en la Real Academia Gallega...: contestación de Luis Iglesias Iglesias... Madrid: Imprenta Bermejo, 1960.
- Mapa petográfico estructural de Galicia. Madrid. Instituto Geológico y Minero de España, 1963.
- Mapa xeolóxico do Macizo Hespérico. Sada : Area de Xeoloxía e Minería do Seminario de Estudos Galegos, 1983
Entre outras dispersas, Mapa Geológico de Galicia (1963, realizando despois os correspondentes provinciais), Mapa Geológico de la Península Ibérica (1970).[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Ánxeles Bugallo (13/05/2012). Consello da Cultura Galega - culturagalega.org, eds. "Isidro Parga Pondal: a Xeoloxía galega moderna e a aplicación industrial".
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Tierra y tecnología, eds. (26 de agosto 2013). "Los colaboradores del geoquímico gallego Isidro Parga Pondal". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2016. Consultado o 20 de novembro de 2017.(en castelán)
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Gurriarán Rodríguez, Ricardo (2014). Galicia ten un referente. Isidro parga Pondal. Deputación da Coruña. ISBN 978-84-9812-259-6.
- ↑ Coruña, La Opinión de A. "O catedrático que botou a Parga Pondal da universidade, elixido como protagonista do Día da Ciencia en Galicia". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 2019-03-01.
- ↑ Vidal Romaní, J.R. (1984). Isidro Parga Pondal vida e obra. Fundación Otero Pedrayo. ISBN 84-398-1796-7.
- ↑ "Isidro Parga Pondal, geólogo". elpais.com. 6 de maio de 1986. Consultado o 18 de outubro de 2023.
- ↑ Parga Pondal, I. (1960). Discurso leído en el acto de su recepción por el Sr. Isidro Parga Pondal y contestación por Luís Iglesias Iglesias. Real Academia Galega.Parga Pondal, I.&rft.btitle=Discurso le�do en el acto de su recepción por el Sr. Isidro Parga Pondal y contestación por Lu�s Iglesias Iglesias&rft.date=1960&rft.genre=book&rft.pub=Real Academia Galega&rft_id=https://doi.org/10.32766/rag.33&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- ↑ "Día da Ciencia en Galego 2015". www.usc.es. Consultado o 27 de marzo de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isidro Parga Pondal |
Bibliografía
editarEste artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- García, C.; Bugallo, A.; Guerra, X. O coñecemento da xeoloxía de Galicia a través das pegadas de Isidro Parga Pondal no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela. En : VII coloquio galego de museos. Museos: construíndo a comunidade. Santiago de Compostela: Consello Galego de Museos, 2002. P. 155-164.
- Gurriarán Rodríguez, Ricardo. Galicia ten un referente: Isidro Parga Pondal. Deputación Provincial da Coruña. 2014.
- O Meio natural Galego: homenaxe a D. Isidro Parga Pondal. Sada: Ediciós do Castro, 1986
- Vidal Romaní, J.R.: Isidro Parga Pondal. Vida e obra. Trasalba: Fundación Otero Pedrayo, 1984
- Bugallo, A. (1993): “Parga Pondal, Isidro”, en Diccionario Histórico das Ciencias e das Técnicas de Galicia. Autores. Coord. Fraga Vázquez, 344 X.A. & Domíguez, A. Ediciós do Castro-Sada, A Coruña. Páxs. 239-243.
- Capdevila, R. (1978): “La obra científica de D. Isidro Parga Pondal, su importancia en el desarrollo de la Geoquímica en España y en la Investigación Geológica de Galicia”, en Geología en la parte norte del Macizo Ibérico: edición homenaje a Isidro Parga Pondal. Sada-A Coruña. Ediciós do Castro, páxs. 9-21.
- Díaz-Fierros, F. (2010): “Parga Pondal: o primeiro xeoquímico español”. A Trabe de ouro. T. 3, nº 83, páxs. 11-17
- Guitián , F. (1983): “Homenaje al presidente Honorario de la Academia Dr. D. Isidro Parga Pondal, 19 de Noviembre de 1981. Panegírico”. Boletín da Academia Galega de Ciencias. Vol II, páxs. 183-188.
- Martínez, V. (2009): “Isidro Parga Pondal: as redes de coñecemento científico”. Memoria do Diploma de Estudos Avanzados, inédito, presentado no Programa Interuniversitario de Doutoramento “Historia das Ciencias e das Técnicas”. USC.
- Truyols , J (2001): “Centenario de Isidro Parga Pondal (1900-1985)”. Boletín de la comisión de historia de la geologia de España. Sociedad geológica de España. N 1999-maio. Nº 13-16.
Ligazóns externas
editar- "Isidro Parga Pondal". Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega.
- Gurriarán, Ricardo. "Isidro Parga Pondal". Álbum da JAE do Consello da Cultura Galega.
- Páxina do "Instituto Universitario de Xeoloxía "Isidro Parga Pondal" da Universidade da Coruña
- Esbozos orixinais dos primeiros mapas xeolóxicos de Galicia feitos durante a época Isidro Parga Pondal (1900-1986).
- Isidro Parga Pondal Químico e Xeólogo. Unidade Didáctica fundación Barrié. 2009.