Lingua irlandesa antiga

(Redirección desde «Irlandés antigo»)

Irlandés antigo é o nome dado á forma máis antiga da lingua irlandesa, ou, mellor, as linguas goidélicas, para as que temos extensos textos escritos. Empregouse desde o século VI ao X, cando evolucionou ao irlandés medio.

Unha forma aínda máis antiga de Irlandés é coñecida como irlandés primitivo. Coñécense fragmentos de irlandés primitivo, especialmente nomes persoais, polas inscricións sobre pedra escritas no alfabeto oghámico. Estas inscricións datan de sobre os séculos IV a VI. O irlandés primitivo está aínda moi próximo do celta común, o devanceiro de todas as linguas célticas.

O irlandés antigo aparece por primeira vez nas marxes de manuscritos relixiosos latinos do século VI. Un amplo número de antigos textos literarios irlandeses, malia estaren conservados en manuscritos do período do Irlandés medio (como o Lebor na hUidre e o Libro de Leinster), teñen o carácter esencial de irlandés antigo.

O irlandés antigo é o devanceiro de irlandés moderno, gaélico escocés, e manx (falada na Illa de Man). Con todo, é moi diferente destas. Falando en xeral, a gramática e os sons das linguas modernas son máis simples cós do irlandés antigo.

Os estudos actuais do irlandés antigo débenlle aínda moito ás obras dun pequeno grupo de estudosos activos a finais do século XIX e principios do XX, entre eles Rudolf Thurneysen (1857-1940) e Osborn Bergin (1873-1950). As súas obras considéranse material imprescindíbel para todo estudoso actual desta lingua.

Fonoloxía

editar

Consoantes

editar

O inventario consonántico do irlandés antigo atópase na táboa seguinte. /N/, /Nʲ/, /L/, /Lʲ/, /R/, /Rʲ/ representan soantes fortes cuxa articulación precisa nos é descoñecida, pero que probabelmente foron máis longos, máis tensos e xeralmente máis fortemente articulados cás súas parellas lenes /n/, /nʲ/, /l/, /lʲ/, /r/, /rʲ/.

  Labiais Dentais Alveolares Velares Glotais
Oclusivas Velarizadas ("anchas") p  b t  d k  g  
Palatalizadas ("finas") pʲ  bʲ tʲ  dʲ kʲ  gʲ  
Nasais Velarizadas ("anchas") m N  n ŋ  
Palatalizadas ("finas") Nʲ  nʲ ŋʲ  
Fricativas Velarizadas ("anchas") f  v θ  ð s x  ɣ h
Palatalizadas ("finas") fʲ  vʲ θʲ  ðʲ xʲ  ɣʲ
Nasalizada Fricativas Velarizadas ("anchas")        
Palatalizadas ("finas") ʲ        
Líquidas Velarizadas ("anchas")   R  r    
Palatalizadas ("finas")   Rʲ  rʲ    
líquida lateral Velarizadas ("anchas")   L  l    
Palatalizadas ("finas")   Lʲ  lʲ    

Algúns detalles da fonética do irlandés antigo son descoñecidos. /sʲ/ púidose pronunciar [ɕ] ou [ʃ], como en irlandés moderno. /hʲ/ puido ser o mesmo son que /h/ e/ou /xʲ/. /Nʲ/ e /Lʲ/ púidose pronunciar [ɲ] e [ʎ] respectivamente.

Vogais

editar

O inventario dos monotongos do irlandés antigo é:

  Short Long
Pechada ("altas") i u
Medias e o
Abertas ("baixas") a

A distribución das vogais breves en sílaba átona é un pouco complicada. Todas as vogais breves poden aparecer en sílaba final aberta átona (unha sílaba aberta é a que non ten unha consoante explosiva despois), tanto tras consoante velarizada como palatalizada. O vogais posteriores /e/ e /i/ escríbense a miúdo ae e ai tras consoantes velarizadas, cousa que podería indicar unha pronunciación retraída, quizais algo como [ɘ] e [ɨ]. As dez posibilidades aparecen nos seguintes exemplos:

marba /ˈmarva/ "mate" (1 sg. subx.) léicea /ˈLʲeːgʲa/ "deixe" (1 sg. subx.)
marbae /ˈmarve/ "mates" (2 sg. subx.) léice /ˈLʲeːgʲe/ "deixes" (2 sg. subx.)
marbai /ˈmarvi/ "matas" (2 sg. indic.) léici /ˈLʲeːgʲi/ "deixas" (2 sg. indic.)
súlo /ˈsuːlo/ "ollo" (xen.) doirseo /ˈdoRʲsʲo/ "porta" (xen.)
marbu /ˈmarvu/ "mato" (1 sg. indic.) léiciu /ˈLʲe:gʲu/ "deixo" (1 sg. indic.)

En sílabas átonas pechadas (isto é, as que rematan en consoante explosiva), a calidade dunha vogal breve é case completamente predicíbel mirando se as consoantes que a rodean son are anchas ou finas. Entre dúas consoantes anchas, a vogal é /a/, como en dígal /ˈdʲiːɣal/ "vinganza" (nom.). Entre unha consoante ancha e unha fina a vogal é /e/, como en dliged /ˈdʲlʲiɣʲeð/ "lei" (nom./ac.). Antres dunha consoante fina a vogal é /i/, como en dígail /ˈdʲiːɣilʲ/ "vinganza" (acc./dat.), e dligid /ˈdʲlʲiɣʲiðʲ/ "lei" (xen.). as principais excepcións a esta regra son que /u/ frecuentemente aparece cando a seguinte sílaba contiña un *ū en protocéltico (por exemplo, dligud /ˈdʲlʲiɣuð/ "lei" (dat.) < PC *dligedū), e que /o/ ou /u/ frecuentemente aparece tras unha labial ancha (por exemplo, lebor /ˈLʲevor/ "libro"; domun /ˈdoṽun/ "mundo").

O inventario dos ditongos do irlandés antigo aparece nesta táboa:

Longos (bimoraicos) Breves (monomoraicos)
ai ia ui   au ĭu ău
oi ua iu eu ou ĕu  

Ortografía

editar

Como na maioría das linguas medievais, a ortografía do irlandés antigo non está fixada, de modo que as seguintes afirmacións cómpre tomalas só como xeneralizacións. Cada manuscrito pode variar en grande medida destas indicacións.

O alfabeto do irlandés antigo consiste nas seguintes dezaoito letras do alfabeto latino:

a, b, c, d, e, f, g, h, i, l, m, n, o, p, r, s, t, u

Ademais, o acento agudo e o punto adscrito úsanse como diacríticos con certas letras:

  • O acento agudo indica unha vogal longa: á, é, í, ó, ú son vogais longas.
  • O punto indica a lenición de f e s: é mudo, pronúnciase /h/
  • O punto úsase tamén sobre m e n sen cambio na pronunciación, cando estas letras se usan para marcar unha mutación nasal: , .

Tamén se empregan un número de dígrafos:

A letra i sitúase tras unha vogal para indicar que a consoante seguinte é fina: ai, ei, oi, ui; ái, éi, ói, úi.
A letra h sitúase tras c, t, p para indicar unha fricativa: ch, th, ph.
Os ditongos tamén se indican con dígrafos: áe/, ía, , áu, óe/, úa, éu, óu, iu, au, eu.

En posición inicial de palabra, cando non se produce mutación consonántica, as letras consoantes teñen os seguintes valores; son anchas ante vogais anteriores (a, o, u) e finas antes vogais posteriores (e, i):

  • b: /b/, /bʲ/.
  • c: /k/, /kʲ/.
  • d: /d/, /dʲ/.
  • f: /f/, /fʲ/.
  • g: /g/, /gʲ/.
  • h: Ver discusión máis abaixo.
  • l: /L/, /Lʲ/.
  • m: /m/, /mʲ/.
  • n: /N/, /Nʲ/.
  • p: /p/, /pʲ/.
  • r: /R/, /Rʲ/.
  • s: /s/, /ʃ/.
  • t: /t/, /tʲ/.

Malia o irlandés antigo ter tanto un son /h/ e unha letra h, non hai unha relación consistente entre as dúas. As palabras en vogal inicial escríbense ás veces cun h non pronunciado, especialmente se son moi curtas (a preposición i "en" escríbese ás veces hi) ou se necesitan ser enfatizadas (o nome de Irlanda, Ériu, escríbese ás veces Hériu). Por outra banda, palabras que comezan co son /h/ escríbense moitas veces sen el, por exemplo a ór /a hoːr/ "o seu ouro". Se o son e a escritura coinciden é por casualidade, como en ní hed /Nʲiː heð/ "non é".

Tras unha vogal ou l, n, ou r as letras c, p, t poden representar oclusivas tanto xordas como sonoras; poden escribirse dobres con cada valor:

  • mac ou macc /mak/ "fillo".
  • bec ou becc /bʲeg/ "pequeno".
  • op ou opp /ob/ "refugar".
  • brat ou bratt /brat/ "abrigo".
  • brot ou brott /brod/ "aguillón".
  • derc /dʲerk/ "burato".
  • derc /dʲerg/ "vermello".
  • daltae /daLte/ "neno adoptado".
  • celtae /kʲeLde/ "que esconde".
  • anta /aNta/ "de resto".
  • antae /aNde/ "que fica".

Tras unha vogal as letras b, d, g representan as fricativas /v, ð, ɣ/ ou os seus equivalentes finos:

  • dub /duv/ "negro".
  • mod /moð/ "traballo".
  • mug /muɣ/ "escravo".
  • claideb /klaðʲev/ "espada".
  • claidib /klaðʲivʲ/ "espadas".

Tras m, b é unha oclusiva, pero tras d, l e r é unha fricativa:

  • imb /imʲbʲ/ "manteiga".
  • odb /oðv/ "nó (dunha árbore)".
  • delb /dʲelv/ "imaxe".
  • marb /marv/ morto.

Tras n e r, d é unha oclusiva:

  • bind /bʲenʲdʲ/ "melodioso".
  • cerd /kʲeRd/ "arte, talento".

Tras n, l, e r, g é frecuentemente unha oclusiva, pero é unha fricativa nunhas poucas palabras:

  • long /loŋg/ "barco".
  • delg ou delc /dʲelg/ "espiña".
  • argat ou arggat /argad/ "prata".
  • ingen /enʲɣʲen/ "filla".
  • bairgen /barʲɣʲen/ "cacho de pan".

Tras vogal m é normalmente unha fricativa, pero ás veces unha oclusiva (nasal), en tal caso a miúdo escríbese dobre:

  • dám /daːṽ/ "compaña".
  • lom ou lomm /lom/}} "nú".

Os dígrafos ch, ph, th non aparecen en posición inicial de palabra agás en lenición, pero se aparecen pronúncianse /x/, /f/, /θ/.

  • ech /ex/ "cabalo".
  • oíph /oif/ "beleza".
  • áth /aːθ/ "vao".

As letras l, n, e r escríbense dobres cando indican sonoras tensas, e sinxelas cando indican sonoras laxas. (Pero as sonoras tensas escríbense normalmente sinxelas cando están en inicial de palabra.):

  • corr /koR/ "cranio".
  • cor /kor/ "poñendo".
  • coll /koL/ "abelá".
  • col /kol/ "pecado".
  • sonn /soN/ "estaca".
  • son /son/ "son".

Sintaxe

editar

O irlandés antigo segue a estrutura típica VSO (verbo-suxeito-obxecto) compartida pola maioría das linguas célticas (malia seren posíbeis outras ordes, en especial segundo a Lei de Bergin). Os verbos conxúganse plenamente, e teñen a maioría das formas típicas das linguas indoeuropeas, é dicir, os tempos presente, imperfecto, pasado, futuro e pretérito, os modos indicativo, subxuntivo, condicional e imperativo, e voz activa e pasiva. A única forma verbal que faltaba en irlandés antigo é o infinitivo (presente de forma limitada no irlandés moderno), no canto do cal o irlandés antigo empregaba construcións co nome verbal. Os pronomes persoais, cando se empregaban como complemento directo, infixábanse dentro do verbo co que ían asociados. O que se considera equivalente ás preposicións en galego están xeralmente no mesmo sitio que no galego, aínda que algunhas están infixadas no verbo mesmo.

Morfoloxía

editar

O irlandés antigo mantiña tres xéneros, masculino, feminino e neutro; tres números, singular, plural e dual (o terceiro número, o dual, só está testemuñado nun grao limitado nalgunhas formas, malia que case sempre vai precedido polo cardinal , que significa "dous"; e cinco casos (nominativo, vocativo, acusativo, xenitivo e dativo). Thurneysen describiu catorce clases de nomes, definidas pola marca morfolóxica do tema, con sete temas vocálicos e sete consonánticos (incluíndo unha clase de nomes irregulares e indeclinábeis).

  Singular Plural Dual
Nominativo túath túatha túaith
Vocativo túath túatha -
Acusativo túaith túatha túaith
Xenitivo túa(i)o túath
Dativo túaith túath(a)ib

Verbos

editar

Os verbos sitúanse en posición inicial na frase (só precedidos por algunhas partículas, formando un 'complexo verbal', e moi poucos adverbios). A maioría dos verbos ten, ademais dos tempos, voces, e modos citados antes, dous grupos de formas: unha forma conxunta e unha forma absoluta.

  • A forma conxunta consiste normalmente nun ou máis preverbios (partículas que, nalgúns casos, teñen historicamente unha orixe preposicional, compárese a-, e-, en- etc. dos verbos latinos, aínda que nos están directamente relacionados e os prefixos verbais nas linguas xermánicas), seguidos por un tema verbal que contén a maior parte da conxugación. Os pronomes persoais en función de complemento directo inflíxanse entre o preverbio e o tema verbal, xunto con outras varias partículas que modifican o significado do verbo (incluída a negación) ou indican certas estruturas especiais de frase.
  • A forma absoluta úsase cando non son necesarios infixos e os outros elementos necesarios se dan noutra parte da frase. Un verbo simple pode funcionar en irlandés antigo como unha frase completa, caso no que se afixan ao final do verbo partículas enfáticas como -sa e -se.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar