Iniciativa Internacionalista
Iniciativa Internacionalista - A Solidariedade entre os Pobos, ou simplemente Iniciativa Internacionalista (II) foi unha das candidaturas que se presentaron[1] ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2009 en España. O eixo do seu discurso era a defensa do dereito de autodeterminación e dun modelo económico socialista. A lista estivo encabezada polo dramaturgo Alfonso Sastre, próximo á esquerda abertzale, e outros membros da mesma foron a avogada Doris Benegas (Izquierda Castellana), o escritor e político Xosé Luís Méndez Ferrín (Fronte Popular Galega) e a dirixente de Corriente Roja Ángeles Maestro[1].
Iniciativa Internacionalista (II) | |
---|---|
Coalición electoral de España1 | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Alfonso Sastre Doris Benegas |
Mocidades | Non ten |
Historia | |
Fundación | 2009 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Internacionalismo Comunismo Independentismo (parte) |
Outros datos | |
Sede | Non ten |
Publicación | Non ten |
Na rede | |
www.iniciativainternacionalista.org | |
1 Integrada por IzCa, FPG, Comuner@s, Cucha Independentista, LI, Corriente Roja e Iniciativa Comunista | |
Ideoloxía
editarOs eixos básicos do seu programa consisten[2] en:
- Xustiza social, avogando por que a crise económica a paguen os banqueiros e millonarios, e defendendo un modelo económico non capitalista.
- Defensa dos dereitos humanos e liberdades civís que consideran non respectados en España, e da soberanía nacional dos diferentes pobos do estado.
- Loita contra a discriminación de xénero.
- Dereito de autodeterminación.
- Loita contra a estrutura económica actual da Unión Europea.
Membros e apoios
editarAs organizacións que se integran nesta candidatura son: as xa citadas Izquierda Castellana[3], Fronte Popular Galega[4] e Corriente Roja[5]; Cucha Independentista Aragonesa[6], Comuner@s, Lucha Internacionalista[7] e Iniciativa Comunista.
Ademais, na lista están presentes persoas como Josep Garganté Closa, da CGT; Juan Ignacio Orengo, de Comisiones Obreras e Antonio Sardá Artiles, de Confederación Intersindical Canaria, entre outros. Outros que non están na lista pero participan nas roldas de prensa de II-SP son Carlo Fabretti, escritor; Luis Ocampo, de Corriente Roja e Alfonso Araque.
Outras formacións, como Jaleo!!!, Endavant ou Nós-Unidade Popular, tamén apoiaron esta candidatura malia non participaren nela. Ademais, o antigo voceiro de Batasuna, Arnaldo Otegi, pediu publicamente o voto para a lista[8], xa que recollía os criterios da esquerda abertzale de cambio social, autodeterminación e final dialogado da violencia. Porén, precisou que non era a súa lista, senón que tan só estaba de acordo cos principios da mesma.
Membros da lista
editar- Alfonso Sastre, ex candidato de Herri Batasuna e Acción Nacionalista Vasca
- Doris Benegas, de Izquierda Castellana
- Josep Garganté Closa, da Confederación General del Trabajo de Cataluña
- Zésar Corella, da Cucha Independentista Aragonesa
- Ángeles Maestro, de Corriente Roja
- Xosé Luís Méndez Ferrín, da Frente Popular Galega
- Juan Ignacio Orengo, de Corriente Roja
- Antonio Sardá Artiles, da Confederación Intersindical Canaria
- Gloria Pérez Berrocal, de CSCA (Comité de Solidaridad con la Causa Árabe
- Alicia Pérez Herranz, actriz
- Antonio Nicolás Maira Rodríguez, director de Rebelión.org
- Jaime Losada Badía, dramaturgo
- Concepción Bosch Riera, foi nas listas de Barcelona per l'Autodetarminació (BxA) - Federació d'Independents de Catalunya (FIC) nas municipais de 2007 no concello de Barcelona.
- Celia Camps Pérez
- David Pérez Ramos
- Xan Andrés Carballo Rodríguez, secretario de Acción Sindical da Confederación Intersindical Galega. Foi candidato ao Senado no 2004 e ao Parlamento de Galicia no 2005 pola Frente Popular Galega
- Mustafa Bachir Mohamed, vocal de inmigración da Asociación de veciños de Puente de Vallecas (Madrid)
- Adrián Ruiz Ibáñez, de Cucha Independentista Aragonesa.
- Guillerma Silva Díaz, representante de CCOO no sector da automoción. Membro do comité de empresa de Magneti Marelli Electrónica SL dende 1989. Foi candidata da coalición GPOR-PST (LVS) ao Parlamento Europeo en 1994.
- Violeta Benitez Romero, de Corriente Roja
- Alfonso Araque Macias
- Luis Nicanor Ocampo Pereira, de Izquierda Castellana
- Luna María Fajó Castro, membro de Chobenalla cando estaba integrada na Chunta Aragonesista.
- María Rocío Mielgo Blanco, de Comuner@s.
- José Estrada Cruz, foi candidato de Nosaltres Som-Assemblea d'Unitat Popular (N.SOM-AUP) ao concello de Tarragona no 2007. Foi concelleiro do PSUC no Concello de Tarragona e secretario xeral de CCOO da comarca de Tarragonès. Foi expulsado do sindicato por proporcionar un local para a candidatura Herri Batasuna nas europeas nos noventa. Tras iso, integrouse na CGT.
Anulación da lista
editarO Tribunal Supremo do Estado Español, a instancias do goberno do PSOE, anulou esta candidatura por 11 votos a favor e 5 en contra, ao consider que, na súa opinión, estaba promovida pola esquerda abertzale (considerada pola xustiza española como "entorno" da organización armada Euskadi Ta Askatasuna)[9]. Na candidatura non había ningún vasco.
As reaccións non se fixeron esperar por parte de II, que presentou unha querela criminal[10] contra os ministros do goberno español Alfredo Pérez Rubalcaba e Francisco Caamaño por difamación, así como tamén tentou contrarrestar a sentenza do Tribunal Supremo recorréndoa perante o Tribunal Constitucional.
Diversas personalidades da cultura galega[11], española e mais o premio Nobel da Paz arxentino Adolfo Pérez Esquivel, fixeron público o seu apoio á candidatura encabezada pos Alfonso Sastre, mediante cartas ou manifestos[12]. Izquierda Anticapitalista[13], Nación Andaluza[14], PCPE[15], PCPG e FPG tamén se solidarizaron coa candidatura e esixiron a revogación do auto do TS.
Finalmente, o Tribunal Constitucional concedeu amparo a Iniciativa Internacionalista, concluíndo que:
[...] a insuficiente entidade probatoria dos indicios manexados polo Tribunal Supremo non pode xustificar o sacrificio dos dereitos fundamentais de participación política en termos de igualdade e de libre defensa e promoción da propia ideoloxía.
A decisión do TC non sentou ben no eido político do nacionalismo español. A voceira do Partido Popular no Congreso dos Deputados, Soraya Sáenz de Santamaría calificouna de "profundo erro" e "paso atrás", e diversos membros do PP manifestaron opinións semellantes[17]. Ramón Jáuregui, número 2 da lista do PSOE nas eleccións europeas, manifestou que respectaba a sentenza, mais considerou que había elementos probatorios da vinculación con Batasuna, e na mesma liña pronunciáronse outros dirixentes do partido[18]. Dende Izquierda Unida, Cayo Lara mostrouse satisfeito, como fixeron tamén PNV, Eusko Alkartasuna, Aralar e ERC. Pola súa parte, Rosa Díez (UPyD), dixo acatar a sentenza, mais cualificouna de "mala nova" e manifestou:
É unha mágoa que non atopasen fundamento xurídico dabondo como para saber que esa é unha candidatura trufada por ETA.
Resultados
editarFinalmente a candidatura obtivo 175.895 votos (1,12 %), con destacados resultados no País Vasco[20]. Foi a sétima candidatura en número de votos, e a primeira das que non obtiveron representación.
En Galiza tamén foi a sétima candidatura en número de votos, con 3.373 (0,31 %)[21].
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Candidatura na web do Ministerio do Interior". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2009. Consultado o 08 de maio de 2009.
- ↑ "Manifesto de Iniciativa Internacionalista". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2009. Consultado o 22 de maio de 2009.
- ↑ Doris Benegas, número 2 das listas de Iniciativa Internacionalista, en Kaos en la Red, 3 de maio de 2009
- ↑ A FPG intégrase en Iniciativa Internacionalista para concorrer ás eleccións europeas, Vieiros, 6 de maio de 2009
- ↑ Corriente Roja impulsa y participa en Iniciativa Internacionalista Arquivado 11 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., en Corriente Roja, 24 de abril de 2009
- ↑ Cucha Independentista manifiesta o suyo refirme y partizipación en a coalizión Iniziatiba Internazionalista, en Kaos en la Red, 3 de maio de 2009
- ↑ Lucha internacionalista participa de una amplia coalición de partidos, en Lucha Internacionalista, visto o 7 de maio de 2009
- ↑ Arnaldo Otegi ha pedido el voto para Iniciativa Internacionalista, en Kaos en la Red, 23 de maio de 2009
- ↑ O Supremo anula a lista de Méndez Ferrín Arquivado 19 de maio de 2009 en Wayback Machine., A Nosa Terra.
- ↑ "Querella criminal contra Rubalcaba e Caamaño". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 16 de maio de 2009.
- ↑ Manifesto apoiado por diversas personalidades e colectivos.
- ↑ A cultura apoia II baseándose na liberdade de expresión.
- ↑ Ante la ilegalización de II por el Tribunal Supremo Arquivado 21 de maio de 2009 en Wayback Machine., en Izquierda Anticapitalista, 17 de maio de 2009
- ↑ Nación Andaluza ante el proceso de ilegalización de II, en Kaos en la Red, 19 de maio de 2009
- ↑ No a la ilegalización de II, en PCPE, 14 de maio de 2009
- ↑ Auto íntegro do Tribunal Constitucional Arquivado 29 de maio de 2009 en Wayback Machine., PDF, en castelán
- ↑ El PP sitúa al Constitucional fuera de la realidad, en Público, 23 de maio de 2009
- ↑ Jáuregui y De Grandes acatan al TC pero reiteran que hay "indicios" contra Iniciativa Internacionalista, en Público, 22 de maio de 2009
- ↑ Acatamiento general al fallo del Constitucional sobre la candidatura de II, en Público, 22 de maio de 2009
- ↑ "Iniciativa internacionalista- La solidaridad de los pueblos" (en castelán). 8 de xuño de 2009. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2009. Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "Resultados das eleccións europeas de 2009 en Galiza". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2009. Consultado o 07 de xuño de 2009.
Véxase tamén
editarA Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Iniciativa Internacionalista |