Indalecio Tizón Covelo

político galego

Indalecio Tizón Covelo, nado en Vigo o 9 de xuño de 1921 e finado na mesma cidade o 3 de xuño de 2013,[1] foi un político galego.

Modelo:BiografíaIndalecio Tizón Covelo
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1921 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xuño de 2013 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiIndalecio Tizón Reboreda Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Indalecio Tizón Reboreda e María Covelo Raimúndez. Estudou o bacharelato e perito industrial en Vigo. Emigrado na Arxentina durante 16 anos, foi dirixente de institucións galegas e autor da audición Ventana a Galicia en lingua galega. Pertenceu á Rueda Americana de la Amistad e á cooperativa de Autores Marplatenses que lle editou o libro Algunos poemas y otros más. Presidiu a comisión que tratou o problema do emigrante no I Congreso da Emigración Galega celebrado en Buenos Aires en 1956.

Retornou a Galicia en outubro de 1966 e foi candidato a procurador en Cortes polo terzo familiar pola provincia de Pontevedra con Leopoldo García Ortega en 1967,[2] aínda que finalmente retiraron as súas candidaturas ao non admitir a Xunta provincial do Censo os seus folletos de propaganda.[3] Volveu emigrar a Arxentina, significouse na oposición exterior ao franquismo.

Ao seu regreso instalouse en Vigo. Membro da Xunta directiva da Federación Mundial de Sociedades Galegas, presidiu a comisión que organizou o Congreso da emigración galega celebrado en Vigo en xuño de 1976. Ingresou no PSOE e foi Secretario de Relacións Políticas da Federación Galega en 1978. Membro da executiva nacional galega do PSOE, foi candidato ao Senado pola provincia de Pontevedra nas eleccións de 1979.[4] Membro da comisión redactora do Estatuto dos dezaseis, o 9 de xuño de 1979 foi nomeado conselleiro no Segundo Goberno da Preautonomía presidido por Xosé Quiroga Suárez, cargo do que dimitiu o 6 de decembro. Foi candidato á executiva no Congreso extraordinario dos socialistas galegos celebrado en agosto de 1980.[5]

Abandonou o PSOE e integrouse no Partido Galeguista, sendo elixido Vicesecretario no III Congreso celebrado en decembro de 1983. Cando en 1984 o Partido Galeguista decidiu integrarse en Coalición Galega Indalecio Tizón formou parte da súa comisión xestora. En 1986 foi candidato de Coalición Galega ao senado por Pontevedra.

  1. INDALECIO TIZÓN COVELO
  2. El Pueblo Gallego, 4-10-1967, p. 7.
  3. La Noche, 5-10-1967, p. 7.
  4. "Pontevedra: Sorpresa en las listas del «PSOE»", La Voz de Galicia, 12-1-1979, p. 17
  5. El congreso de los socialistas gallegos reafirmará su oposición al Estatuto

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar