Imogen Holst
Imogen Clare Holst CBE, nada o 12 de abril de 1907 en Richmond, Surrey (Reino Unido) e finada o 9 de marzo de 1984 en Aldeburgh, Suffolk (Reino Unido), foi unha compositora, arranxadora, directora de orquestra, profesora e administradora de festivais británica. Única filla do compositor británico Gustav Holst, é especialmente coñecida polo seu traballo educativo no Dartington Hall na década de 1940, e polos seus 20 anos como directora artística adxunta do Festival de Aldeburgh. Amais de compoñer música, escribiu biografías de compositores, elaborou numeroso material didáctico, e varios libros sobre a vida e a obra de seu pai.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de abril de 1907 Richmond, Reino Unido |
Morte | 9 de marzo de 1984 (76 anos) Aldeburgh, Reino Unido (pt) |
Educación | Royal College of Music St Paul's Girls' School (en) |
Actividade | |
Ocupación | directora de orquestra, escritora, musicóloga, compositora, biógrafa |
Profesores | Jane Joseph |
Instrumento | Órgano |
Familia | |
Pai | Gustav Holst |
Premios | |
Descrito pola fonte | Women Opera Composers: Biographies from the 1500s to the 21st Century (en) |
Dende moi nova, Imogen Holst mostrou un talento precoz na composición e a interpretación. Logo de asistir á Eothen School e á St Paul's Girls' School, ingresou no Royal College of Music, onde desenvolveu as súas habilidades como directora de orquestra e gañou varios premios de composición. Incapaz por motivos de saúde de seguir as súas ambicións iniciais de ser pianista ou bailarina, Imogen pasou a maior parte da década de 1930 ensinando, e como organizadora a tempo completo da English Folk Dance and Song Society. Estes deberes reduciron as súas actividades compositivas, aínda que fixo moitos arranxos de pezas populares. Logo de exercer como organizadora do Consello para o Fomento da Música e as Artes ao inicio da segunda guerra mundial, en 1942 comezou traballar en Dartington. Nos seus nove anos alí fixo de Dartington un centro importante de educación e actividade musical.
A principios da década de 1950 Imogen converteuse na asistente musical de Benjamin Britten, trasladouse a Aldeburgh, e comezou a axudar coa organización do festival anual de Aldeburgh. En 1956 converteuse na directora artística do festival, e durante os seguintes 20 anos axudouno a acadar unha posición preeminente na vida musical británica. En 1964 renunciou como asistente de Britten para retomar a súa propia carreira como compositora e concentrarse na preservación do legado musical de seu pai. A propia música de Imogen non é amplamente coñecida e recibiu pouca atención da crítica; boa parte dela é inédita e non se interpretou nunca. A primeira gravación adicada ás súas obras, realizada entre 2009 e 2012, foi calorosamente recibida pola crítica. Foi nomeada CBE en 1975 e recibiu numerosos honores académicos. Morreu en Aldeburgh e está enterrada no seu camposanto.
Antecedentes
editarPrimeiros anos e familia
editarImogen Holst naceu o 12 de abril de 1907 no número 31 de Grena Road, Richmond, unha cidade ribeirega ao oeste de Londres.[1] Seus pais eran Gustav Theodore Holst, un aspirante a compositor e que logo traballaría como profesor de música, e Isobel, de solteira Harrison. A familia Holst, de ascendencia sueca, alemá e letoa, estaba en Inglaterra dende 1802 e foran músicos durante varias xeracións.[a] Gustav seguiu esta tradición familiar; mentres estudaba no Royal College of Music (RCM) coñeceu Isobel Harrison, que cantaba nun dos coros afeccionados que el dirixía. Inmediatamente sentiuse atraído por ela, e casaron o 22 de xullo de 1901.[3]
Mentres tentaba establecerse como compositor, Gustav Holst traballou primeiro como trombón nunha orquestra, e logo como profesor. En 1907 ocupou postos docentes en James Allen's Girls' School en Dulwich, e St Paul's Girls' School (SPGS) en Hammersmith, onde foi director de música.[4] Tamén ensinou en clases nocturnas no Morley College, un centro de ensino para persoas adultas no distrito de Waterloo (Londres).[5] Pouco despois do nacemento de Imogen a familia trasladouse de Richmond a unha pequena casa ao lado do río na próxima Barnes, que alugaron a un familiar. Os principais recordos de Imogen desta casa eran de seu pai traballando no seu estudo do andar superior, ao que se lle prohibiu visitar, e dos seus esforzos por ensinarlle cancións populares.[6]
Estudos
editarAs descricións de Imogen de pequena indican que tiña os ollos azuis, pelo loiro, unha cara ovalada que lembraba a de seu pai, e un nariz bastante prominente herdado de súa nai.[6] En 1912, aos cinco anos, uniuse á clase do xardín de infancia do Froebel Institute, e permaneceu na escola cinco anos. Pasaba as vacacións a miúdo na casa de campo alugada polos Holst en Thaxted (Essex), onde Gustav Holst comezou un festival anual de Pentecoste en 1916.[7]
En 1917 Imogen comezou a estudar en Eothen, unha pequena escola privada para nenas en Caterham,[8] onde Jane Joseph, a alumna estrela de Holst no SPGS, ensinoulle música. Nunha carta á súa casa, datada o 17 de xullo de 1917, fala da "competicións, e excelentes premios, e amorodos e crema para o té".[9] Na escola, Imogen estudou piano con Eleanor Shuttleworth, violín con André Mangeot (descrito como "excelente") e teoría con Jane Joseph ("estupenda"). Baixo a tutela de Joseph, Imogen realizou as súas primeiras composicións —tres pezas instrumentais e algunha melodía de vilancicos de Nadal— ás que numerou como Ops. 1, 2, 3 e 4.[10] No verán de 1920, compuxo e fixo a coreografía da "Dance of the Nymphs and Shepherds", que foi representada na escola baixo a súa dirección o 9 de xullo.[11][b]
Imogen deixou Eothen en decembro de 1920 coa esperanza de estudar con Ruby Ginner na Ginner-Mawer School of Dance and Drama,[c] mais foi rexeitada porque probablemente carecía de resistencia para unha carreira na danza. Mentres estudaba na casa baixo unha gobernanta durante seis meses, na Pentecoste de 1921 participou como bailarina nunha produción da semiópera de Henry Purcell Dioclesian, unha versión ideada en boa parte por Joseph.[14][15][16]
En setembro de 1921 Imogen comezou a estudar na St Paul's Girls School, onde se converteu en interna dende a primavera de 1922. En xullo de 1922 interpretou un Preludio e Fuga de Bach ao piano, que Joseph loou calorosamente escribindo: "Creo que todo o mundo gozou do Bach dende o principio ata o final, todos aplaudiron ao seu final".[17] Os anos de Imogen na SPGS foron polo xeral ledos e exitosos. En xullo de 1923 gañou o Alice Lupton, un premio júnior para pianistas, mais as súas posibilidades de distinción como pianista víronse afectadas cando comezou a desenvolver flebite no seu brazo esquerdo.[18][d] Entre outras actividades, interesouse pola música folclórica e a danza, e en 1923 converteuse en membro da English Folk Dance Society (EFDS). En 1924–25, o seu último ano na SPGS, Imogen fundou unha sociedade de danza folclórica na escola. Nun concerto escolar de fin de curso a finais de xullo de 1925, tocou o Estudo en mi maior de Chopin e estreou a Toccata de Gustav Holst.[20]
Royal College of Music
editarAínda que destinada como seu pai ao RCM, Imogen primeiro pasou un ano estudando composición con Herbert Howells e piano con Adine O'Neill, mentres por outra banda se ocupou coas actividades da EFDS.[21] Comezou no RCM en setembro de 1926, estudando piano con Kathleen Long, composición con George Dyson, e dirección de orquestra con W. H. Reed. As súas aptitudes como directora foron evidentes en decembro de 1926, cando dirixiu a Terceira Orquestra do conservatorio no primeiro movemento da Sinfonía "Praga" de Mozart.[22] Esta e outras interpretacións no podio levaron a The Daily Telegraph a especular con que Imogen podería converterse na primeira muller en "establecer unha permanencia firme na plataforma do director".[23]
No seu segundo ano no RCM Imogen concentrouse na composición, producindo varias obras de cámara, incluíndo unha sonata para violín, un quinteto para óboe, e unha suite para madeiras. Deu os seus primeiros pasos cara á independencia persoal cando se trasladou da casa familiar a unha habitación próxima a Kensington Gardens.[24] En 1928 viaxou a Bélxica coa EFDS, tomou unhas vacacións en Italia, e fixo unha longa viaxe por Alemaña cun grupo coñecido como "The Travelling Morrice" que promoveu o entendemento internacional a través da música e a danza.[24] En outubro de 1928 gañou o premio Cobbett do RCM por unha composición camerística orixinal, o seu cuarteto Phantasy, e pouco despois gañou a Morley Scholarship para a "mellor estudante".[25] O cuarteto foi retransmitido pola BBC o 20 de marzo de 1929,[26] mais, para ela, o logro foi eclipsado polas noticias da morte prematura da súa mentora Jane Joseph ese mes.[27][28]
No inverno de 1929 Imogen realizou a súa primeira visita ao Canadá e os Estados Unidos, como parte dunha celebración da EFDS.[29] De volta na casa, traballou na súa composición final para o RCM, unha suite para metais titulada The Unfortunate Traveller.[25] A pesar de certa aprehensión pola súa parte, a obra superou o escrutinio dos examinadores e foi interpretada no concerto de final de curso do conservatorio en xullo.[e] Imogen obtivo o seu diploma ARCM, e soubo tamén que lle concederan unha Octavia Travelling Scholarship que lle permitiría estudar composición no estranxeiro.[31]
Carreira
editarViaxes por Europa, 1930–31
editarImogen pasou a maior parte do período comprendido entre setembro de 1930 e maio de 1931 viaxando. A unha breve visita a Liexa en setembro seguiuna inmediatamente unha viaxe de tres meses por Escandinavia, Alemaña, Austria e Hungría, regresando a Inglaterra vía Praga, Dresde, Leipzig, Berlín e Ámsterdam. A súa "orxía de experiencias musicais" incluíu unha peregrinación mozartiana a Salzburgo, representacións de Der Rosenkavalier e Die Entführung aus dem Serail na Ópera Estatal de Viena, Bach en Berlín e a Sétima de Mahler en Ámsterdam.[32] O 1 de febreiro de 1932 partiu de novo, desta vez a Italia. Logo dunha viaxe de dous meses Imogen regresou á casa cunha visión mixta da música italiana. Ela concluíu que "os italianos son unha nación de cantantes ... Mais a música é unha linguaxe diferente nesta parte do mundo". De volta en Londres, decidiu que a pesar das súas experiencias, "se é música o que un quere, non hai lugar coma Londres".[33][34]
Docencia, 1931–38
editarCos seus fondos de bolsas de estudos esgotados, Imogen precisaba dun traballo, e en xuño de 1931 fíxose cargo da música no centro de artes e ensinanza Citizen House en Bath.[f] Non lle gustaba a disciplina imposta por un superior antipático e inflexible, e só permaneceu alí uns poucos meses.[36] Logo traballou como directora independente e pianista acompañante antes de unirse ao persoal da EFDS a principios de 1932. A organización expandírase ata converterse na "English Folk Dance and Song Society" (EFDSS) e estaba localizada na súa nova sede en Cecil Sharp House.[g] As súas obrigas, principalmente a ensinanza, non eran a tempo completo, e puido coller traballos a tempo parcial ensinando na súa antiga escola, Eothen, e en Roedean School.[39] Aínda que compuxo pouca música orixinal durante eses anos, realizou moitos arranxos instrumentais e vocais de melodías folclóricas tradicionais.[40]
A saúde de Gustav Holst fora pobre durante anos; no inverno de 1933-34 deteriorouse, e morreu o 25 de maio de 1934. Imogen decidiu en privado que protexería o legado musical de seu pai, e comezou a traballar na súa biografía. Mentres tanto a súa propia música comezou a chamar a atención. O seu arranxo do vilancico "Nowell and Nowell" foi interpretado nun concerto de Nadal en 1934 na catedral de Chichester, e o ano seguinte viu a estrea do seu concerto para violín e cordas, con Elsie Avril como solista e a propia Imogen dirixindo a London Symphony Orchestra.[41] En 1936 fixo unha visita a Hollywood, onde quedou co seu tío (o irmán de Gustav), o actor Ernest Cossart. Un punto culminante desta visita foi un concerto de Wagner no Hollywood Bowl, dirixido por Otto Klemperer.[42] De volta en Inglaterra, Imogen traballou en arranxos para frauta de bico do descoidado compositor do século XVI Pelham Humphrey. Estes foron publicados en 1936 cunha entusiasta recepción da crítica. A biografía de seu pai foi publicada en 1938;[43] entre numerosas homenaxes, o compositor Edmund Rubbra eloxiouna por ter feito un libro que non estaba "nubrado polo sentimento ... a súa biografía é á vez íntima e obxectiva".[44]
Guerra: viaxando para o CEMA
editarEn 1938 Imogen decidiu abandonar a música afeccionada e a ensinanza para concentrarse no seu propio desenvolvemento profesional. Renunciou ao seu posto na EFDSS mentres continuaba cos compromisos existentes coa organización. Renunciara ao seu traballo en Roedean en 1936; en Pascua de 1939 renunciou a Eothen. En xuño de 1939 comezou unha xira por Suíza que incluíu o Festival de Lucerna. Contra finais de agosto, cando a guerra se fixo máis probable, interrompeu a viaxe e regresou á casa.[45]
Logo do estalido da guerra o 3 de setembro de 1939, Imogen traballou para a Bloomsbury House Refugee Committee, que apoiou a músicos refuxiados de Alemaña e Austria internados baixo regulacións de emerxencia. En xaneiro de 1949 aceptou un posto baixo o esquema organizativo do Pilgrim Trust, para actuar como un dos seis "músicos viaxeiros", cuxo obxectivo era impulsar a moral animando as actividades musicais nas comunidades rurais. Imogen foi asignada para cubrir o oeste de Inglaterra, unha área enorme que se estende dende Oxfordshire ata Cornualla. Cando o goberno estableceu o Council for the Encouragement of Music and the Arts (CEMA), a responsabilidade sobre os "músicos viaxeiros" pasou a este corpo.[45][h]
Con pouco apoio práctico do CEMA, os talentos organizativos de Imogen, segundo a súa amiga Ursula Vaughan Williams, "desenvolvéronse de xeito brillante".[19] De acordo cos relatos de Imogen, os seus deberes incluían dirixir bandas locais, dirixir ensaios de himnos cantados ("catorce mulleres moi vellas con sombreiros sentadas ao redor do bordo dunha escura e baleira caseta de lata"), e organizar cantos para nenos evacuados. Organizou actuacións de grupos profesionais, e o que ela chamou festivais "drop-in-and-sing" nos que calquera podía participar. Imogen tamén escribe sobre os "días idílicos" que pasou sobre cuncas de té, debatendo as esperanzas e soños dos aspirantes a creadores musicais.[47] A súa actividade compositiva durante eses anos estivo limitada polo tempo e as presións do traballo, mais produciu dous tríos para frauta de bico —as suites Offley e Deddington— e realizou numerosos arranxos de vilancicos e cancións tradicionais para coro feminino.[48] No verán de 1942 a carga de traballo e a burocracia concomitante era tal que estaba esgotada, e precisaba dun longo descanso.[49]
Dartington
editarEn 1938, Imogen visitou Dartington Hall, unha escola progresiva e comunidade de artesáns próxima a Totnes, en Devon, que fora fundada en 1925 por Leonard e Dorothy Elmhirst.[50] En 1941–42, mentres viaxaba para CEMA por Devon e Cornualla, foi invitada polos Elmhirsts para establecer a súa base en Dartington. No verán de 1942, mentres se recuperaba alí, foi persuadida por Christopher Martin, o administrador do centro, para que renunciase ao seu posto no CEMA e traballase en Dartington.[51] El tiña en mente un curso de música, "o tipo de cousas que facía teu pai nos vellos tempos en Morley College".[52] A partir de 1943, Imogen creou un curso dun ano, inicialmente deseñado para capacitar a mulleres novas para organizar orquestras e eventos musicais en comunidades rurais. Gradualmente converteuse nunha educación musical máis xeral para un maior número de estudantes. Baixo o liderado de Imogen o curso axiña se converteu no centro dunha gran variedade de actividades musicais, incluída a fundación de orquestras afeccionadas: "Case ningún de nos podía tocar ... Por moi malos que fóramos, continuamos".[53] Os métodos de ensinanza de Imogen, baseados en gran medida no "aprender facendo" e sen exames formais, desconcertou inicialmente o estudantado e deixaron perplexa a inspección educativa, mais finalmente obtiveron aceptación e respecto.[54] Rosamond Strode, unha alumna en Dartington que posteriormente traballou con Imogen en Aldeburgh, dixo sobre o seu enfoque: "Ela sabía exactamente como, e cando, empurrar as súas vítimas cara ao fondo, e sabía, tamén, que aínda que se cambalearían e batuxarían ao principio, non pasaría moito tempo ... elas estarían nadando de xeito sinxelo mentres ela emitía a aprobación dende o banco".[55]
No ambiente propicio de Dartington, Imogen retomou a composición seria, en boa parte abandonada durante os axitados anos do CEMA. En 1943 finalizou unha Serenade para frauta, viola e fagot, unha Suite para Orquestra de Corda, e unha obra coral, Tres Salmos. Todas estas composicións foron interpretadas nun concerto adicado á súa música no Wigmore Hall o 14 de xuño de 1943. Outras composicións dos anos en Dartington inclúen o Tema e Variacións para violín solo, Trío para cordas núm. 1 (estreado polo Dartington Hall String Trio na National Gallery o 17 de xullo de 1944), cancións da antoloxía do século XVI Tottel's Miscellany, un concerto para óboe, e un cuarteto para cordas.[48][56] En outubro de 1943 o compositor Benjamin Britten e o tenor Peter Pears ofreceron o primeiro de varios recitais en Dartington. Un respecto e amizade mutua desenvolveuse entre Britten e Imogen, fortalecido polo seu compartido amor pola música descoidada do Renacemento e do Barroco.[57]
Dende 1945, mentres mantiña o seu compromiso con Dartington, Imogen comezou a ampliar as súas actividades musicais. Ademais de editar e preparar partituras para Britten, promoveu a Dartington como a base para o novo English Opera Group de Britten, aínda que finalmente preferiuse a Glyndebourne.[58] En 1947 animou o violinista refuxiado Norbert Brainin a formar o seu propio cuarteto de cordas,[59] e organizou o seu debut en Dartington, como o "Brainin Quartet", o 13 de xullo de 1947. Seis meses despois, renomeado Amadeus Quartet, a agrupación apareceu no Wigmore Hall, e pasou a obter recoñecemento mundial.[60] En 1948 comezou a traballar nun estudo crítico da música de seu pai, un volume para acompañar a súa biografía de Holst de 1938.[61] Cando este foi publicado en 1951, a maioría dos críticos enxalzaron a súa obxectividade, e un crítico sinalou que fora "innecesariamente dura" cos seus xuízos.[62]
O aumento dos estándares de rendemento en Dartington permitiulle a Imogen organizar interpretacións de obras máis esixentes, como a Misa en si bemol menor de Bach en xullo de 1950 para conmemorar o 200 aniversario da morte do compositor alemán. Logo de tres anos de preparación, este esforzo recibiu a homenaxe dun dos asistentes: "Non sei, e non podo imaxinar como é a música do ceo. Mais cando todos nos cheguemos, por favor Deus, se algunha directora é aínda necesaria espero que os vosos servizos sexan requiridos e que eu estea no coro".[59]
A mediados de 1950 o foco profesional de Imogen estaba a cambiar. Ela asistirá aos dous primeiros festivais de Aldeburgh en 1948 e 1949, e en 1950 aceptou o encargo de proporcionar unha obra coral para que fose interpretada no festival de 1951; a obra foi o ciclo de cancans para voces femininas e arpa, Welcome Joy and Welcome Sorrow.[63] Sentindo que era o momento de abandonar Dartington, deu un prazo dun ano, parte do cal foi sabático, estudando música india na universidade Rabindranath Tagore en Bengala Occidental.[64] Un froito desta visita foron as súas Dez Melodías Folclóricas Indias para frauta de bico.[65] O 21 de xullo de 1951 a súa ópera nun acto Benedick and Beatrice foi representada en Dartington, para sinalar a súa marcha.[62]
Aldeburgh
editarSen plans definitivos para o seu futuro en Dartington, Imogen percorreu Europa, recompilando música que posteriormente editaría para interpretar, incluídos madrigais de Carlo Gesualdo que considerou "moi emocionantes".[66] Na casa, aínda que non formalmente empregada por Britten, traballou con el en varios proxectos, incluída unha nova versión representada de Dido and Aeneas de Purcell[67] e a preparación das partituras vocais e instrumentais da ópera de Britten Billy Budd.[66] Pears, que observara as achegas xerais de Imogen á vida musical en Dartington, pensaba que ela podía axudar a Britten e ao Aldeburgh Festival de xeito máis formal, e pouco despois do festival de 1952 Britten invitouna a traballar con el. Ela concordou, e en setembro de 1952 trasladouse a un aloxamento en Aldeburgh.[68]
Asistente de Britten
editarCando Imogen se uniu a Britten, o acordo financeiro era incerto; Britten pagáballe por partes en lugar dun salario regular, sen saber que cedera os seus dereitos sobre a obra de seu pai á súa nai e tiña poucos cartos propios. Como resultado, viviu con moitas dificultades en Aldeburgh, mais o seu compromiso con Britten anulou a súa comodidade física.[69] Durante os doce anos seguintes a súa vida estivo organizada ao redor dos obxectivos comúns de asistir a Britten e desenvolver o Aldeburgh Festival. Aínda que deixou a un lado temporalmente as súas propias ambicións compositivas,[70] non abandonou as demais actividades. Realizou numerosos arranxos corais e vocais, promoveu a música de seu pai, e escribiu libros, artigos e notas de programas.[i]
Durante os primeiros 18 meses da súa asociación con Britten, Imogen mantivo un diario que, indica Grogan, forma un rexistro da súa "crenza incondicional nos logros e o status de Britten, e a súa absoluta devoción polo seu traballo".[70] A primeira das obras de Britten na que realizou unha contribución significativa foi a ópera Gloriana, programada para formar parte das celebracións da coroación da raíña Isabel II en 1953. A escasa marxe de tempo para a escritura da ópera exerceu unha presión considerable no compositor e na súa nova asistente,[73] tensións que foron dramatizadas 60 anos despois nunha obra de teatro radiofónico, Imo and Ben.[j] A principal tarefa de Imogen en Gloriana foi copiar os bosquexos a lapis de Britten e preparar as partituras vocais e de piano que os cantantes precisaban para os ensaios en febreiro de 1953.[73][75] Posteriormente axudouno coa escritura da partitura orquestral completa,[76] e realizou servizos similares coa súa seguinte ópera, The Turn of the Screw (1954).[77] Cando Britten se encontraba baixo presión durante a composición do seu ballet The Prince of the Pagodas (1956), Imogen acompañouno a Suíza, para permanecer ao seu carón mentres finalizaba a obra.[78][k] Imogen gozou moito da súa asociación coa ópera de Noye's Fludde (1957), para a cal amosou a Britten como conseguir un efecto único de pinga de choiva golpeando unha fila de cuncas de porcelana cunha culler de pau.[80] Ela e Britten combináronse para recoller e publicar música para frauta de bico, nunha serie publicada por Boosey and Hawkes (1954–59),[65] e escribiron de xeito conxunto un popular libro introdutorio, The Story of Music (1958).[81]
Imogen axudou a Britten con todas as súas principais composicións ata 1964.[82] Nese momento, consciente do paso do tempo, decidiu dar prioridade á seguridade final do legado de seu pai, e a restablecer as súas credenciais como compositora. Cedeu o seu posto como asistente de Britten a Rosamund Strode, aínda que non marchou de Aldeburgh nin rompeu a súa relación con Britten, continuando o seu traballo co Festival de Aldeburgh durante 13 anos máis.[83]
Directora artística
editarDende a súa chegada a Aldeburgh Imogen apoiara e axudara considerablemente o Festival de Aldeburgh, como directora e, dende 1953, cada vez máis como planificadora e organizadora.[84] En 1956 formalizouse o seu cargo, e uniuse a Britten e Pears como unha das directoras artísticas do festival, asumindo a responsabilidade dos programas e intérpretes[85] Na edición de 1956 cumpriu unha ambición de moito tempo ao organizar unha representación da ópera de Gustav Holst Savitri,[86] a primeira de varias obras de Holst que ela presentou ao festival[l] Savitri ofreceuse como parte dun programa dobre que incluía o arranxo de Imogen da ópera do século XVII de John Blow Venus and Adonis.[86][88] En 1957 instituíu concertos nocturnos adicados á música antiga, e en 1962 organizou unha serie de concertos na tarde de música de Flandres, na que ela se interesara recentemente.[89] Tamén ideou frecuentemente programas adicados á música relixiosa, para que se interpretasen na igrexa parroquial de Aldeburgh.[90] Dende que se mudou a Aldeburgh en 1952, Imogen vivira nunha serie de pensións e pisos de alugueiro. En 1962 mudouse a un pequeno bungalow contemporáneo construído para ela en Church Walk, onde viviu durante o resto da súa vida. A casa foi construída no límite do lugar onde se esperaba construír un teatro para o festival. Cando este plano foi abandonado en favor de mudarse a Snape Maltings, construíuse o bungalow obra de H. T. Cadbury-Brown de todos xeitos, quen permitiu que Imogen vivise nel sen pagar alugueiro.[91]
En 1964, logo de renunciar ao seu posto como asistente de Britten, Imogen comezou a compoñer de novo, e en 1965 aceptou encargos de dúas obras a grande escala: The Sun's Journey, unha cantata para voces femininas, e a Trianon Suite, composta para a Trianon Youth Orchestra de Ipswich.[92] En 1965 e 1966 publicou dous libros, estudos de Bach e Britten. Esta última obra causou resentimento entre varias figuras clave nos principios da carreira de Britten coas que posteriormente se enfrontou, como os seus antigos libretistas Eric Crozier e Ronald Duncan, cuxas achegas ao éxito de Britten foron ignoradas no libro.[93][94] Entre 1966 e 1970 Imogen gravou numerosas obras de seu pai con Purcell Singers e a English Chamber Orchestra, cos selos Argo e Lyrita.[95][96] Entre estas gravacións encóntrase o Double Violin Concerto, que dirixiu con Emanuel Hurwitz como solista. Corenta anos antes, actuara como pianista de ensaio antes da primeira interpretación.[97]
Imogen formara o Purcell Singers, un pequeno coro semiprofesional, en outubro de 1952, en boa parte por instigación de Pears.[98][99][m] Dende 1954 o coro foi unha das agrupacións habituais no Festival de Aldeburgh, con programas que ían dende a música medieval pouco interpretada ata obras do século XX.[64][101] Entre os membros do coro que logo acadaron éxito individual estaban o baixo-barítono John Shirley-Quirk, os tenores Robert Tear e Philip Langridge, o o fundador e director do Heinrich Schütz Choir, Roger Norrington.[102][103] Langridge lembrou con especial pracer unha interpretación na igrexa de Orford do motete a corenta partes de Thomas Tallis Spem in alium, o 2 de xullo de 1963.[104] Cando deixou a dirección do coro en 1967, boa parte da súa misión musical, especialmente o seu compromiso coa música antiga, foi asumido por outros grupos, como o Schütz Choir de Norrington e o Purcell Consort formado polo excorista do Purcell Singers Grayston Burgess.[105]
O 2 de xuño de 1967 Imogen compartiu o podio con Britten no concerto inaugural do Festival de Aldeburgh na nova casa en Snape Maltings.[n] Dende 1972 Imogen participou no desenvolvemento da clases educativas en Maltings, que comezaron con clases de canto as fins de semana e acabaron converténdose na Britten-Pears School for Advanced Musical Studies, coa súa propia orquestra de formación.[106] Nesta época as actuacións de Imogen no festival volvéranse cada vez menos habituais, mais en 1975 dirixiu un concerto de Gustav Holst para banda de metais, celebrado ao aire libre no Framlingham Castle. Unha recensión do evento describiu unha noite de "orballo persistente ... ata que unha figura diminuta cun vestido escarlata especial tomou a batuta. A banda transformouse, e tocou a Suite de Holst como nunca antes fora tocada".[107]
Britten estivera en mal estado de saúde dende que se sometera a unha cirurxía cardíaca en 1973, e o 4 de decembro de 1976 morreu.[108] Imogen non estaba segura de poder manter unha relación laboral só con Pears, e ao cumprir os 70 anos decidiu retirarse como directora artística logo do festival de 1977. Ese ano realizou a súa derradeira aparición como intérprete cando substituíu o indisposto director André Previn no concerto inaugural do festival a cargo da Snape Maltings Training Orchestra. Ao retirarse, aceptou o título honorífico de Directora Artística Emérita.[109]
Final da súa carreira
editarO centenario de Gustav Holst celebrouse en 1974, cando Imogen publicou unha biografía revisada na serie de Faber "Great Composers" e o Thematic Catalogue of Gustav Holst's Music (en galego Catálogo Temático da Música de Gustav Holst).[110] O centenario foi a ocasión para a publicación do primeiro volume dunha edición facsímile dos manuscritos de seu pai, na que Imogen traballou coa axuda do compositor Colin Matthews.[111] Tres volumes máis de facsímiles seguíronlle nos anos seguintes ata 1983, momento no cal o incremento dos custos e o empeoramento da saúde de Imogen levaron ao abandono do proxecto.[112] Como parte do centenario de 1974, Imogen negociou representacións de Savitri e The Wandering Scholar en Aldeburgh e Sadler's Wells, e axudou a organizar exposicións da vida e obra de Holst en Aldeburgh e o Royal Festival Hall.[110]
A parte dos seus libros relacionados coa vida e obra de seu pai, Imogen continuou a escribir sobre outros aspectos da música. Ademais de numerosos artigos publicou un pequeno estudo sobre o compositor renacentista William Byrd (1972)[113] e un manual de directores de coros afeccionados (1973).[114] Continuou compoñendo, xeralmente pezas breves mais ocasionalmente obras orquestrais a maior escala como Woodbridge Suite (1970) e Deben Calendar (1977), esta última unha serie de doce pezas curtas que representan o río Deben en Suffolk en diferentes fases do ano.[115] A súa última grande obra foi un quinteto para cordas, escrito en 1982 e interpretado en outubro dese mesmo ano polo Endellion Quartet, aumentado coa presenza do violonchelista inglés Steven Isserlis.[116]
En abril de 1979 Imogen estivo presente cando a Raíña Nai inaugurou o novo edificio da Britten–Pears School en Snape. O edificio incluía unha nova biblioteca, a Gustav Holst Library, para a que Imogen doou unha gran cantidade de material, incluídos libros que seu pai empregara na súa propia carreira docente.[117] Tiña a intención de que, logo de 1977, o seu retiro do Festival de Aldeburgh fose total, mais fixo unha excepción en 1980 cando organizou un concerto de celebración do 70º aniversario para Pears.[116]
Morte
editarPouco despois do Festival de Aldeburgh de 1977, Imogen enfermou de gravidade do que ela describiu como "unha anxina coronaria".[118] A partir de entón, a anxina foi un problema recorrente, aínda que continuou traballando e cumprindo compromisos. A principios de 1984 o seu círculo de amizades percibiu o empeoramento da súa saúde. Morreu na casa a causa dunha insuficiencia cardíaca o 9 de marzo dese mesmo ano e foi enterrada no cemiterio de Aldeburgh cinco días despois nunha tumba ao carón da de Britten.[119] Unha homenaxe póstuma na revista Early Music remarcaba a súa longa asociación coa música na igrexa de Aldeburgh, onde ela "[deu] vida iridescente a facetas desa tradición á que a súa propia vida estivera adicada e que presentou como unha fonte continua de forza e admiración".[120] Ursula Vaughan Williams escribiu: "Imogen tiña algo de erudita medieval nela ... contenta con poucas comodidades se había suficiente música, suficiente traballo, suficientes libros para encher os seus días. De feito, sempre enchía os seus días, facendo que vinte e catro horas contivesen o que para a maioría de nós precisariamos o dobre de tempo para facer.[19]
En 2007, o centenario de Imogen foi recoñecido en Aldeburgh con varios eventos especiais, incluído un recital do Navarra Quartet na igrexa parroquial no que se mesturaron obras de Purcell e Schubert con obras de Imogen como The Fall of the Leaf para violonchelo só, e o quinteto de corda. A última obra foi descrita por Andrew Clements en The Guardian como "xenuinamente memorable ... O conxunto de valoracións coas que finaliza o quinteto disólvese nunha serie de liñas simples, unindo a música de Holst coa de seu pai".[121]
Imogen nunca casou, aínda que gozou de numerosas amizades románticas, especialmente co futuro poeta Miles Tomalin, ao que coñeceu cando era alumna en St Pauls.[122] Ambos estiveron próximos ata 1929, e intercambiaron poesía;[123] Tomalin casou en 1931. Moitos anos despois de que a relación rematase, Imogen admitiulle a Britten que ela debera casar con Tomalin Many.[124]
Homenaxes
editarImogen foi nomeada membro do Royal College of Music en 1966. Recibiu doutoramentos honoríficos das universidades de Essex (1968), de Exeter (1969), e de Leeds (1983). Outorgóuselle a membresía honoraria da Royal Academy of Music en 1970. En 1975 foi nomeada Comendadora da Orde do Imperio Británico (CBE).[64]
Música
editar- Artigo principal: Lista de composicións de Imogen Holst.
Imogen Holst foi unha compositora a tempo parcial, produtiva de xeito intermitente dentro do seu extenso abano de actividades musicais. Nos seus primeiros anos estaba entre un grupo de novas compositoras británicas—Elizabeth Maconchy e Elisabeth Lutyens eran outras—cuxa música era interpretada e retransmitida.[125] Segundo un crítico posterior, a spa Misa en la de 1927 amosa "capas de voces confiadas e imaxinativas, construíndo un Agnus Dei satisfactorio".[126] Con todo, durante longos períodos da súa carreira posterior Imogen apenas compuxo. Logo do RCM, os seus anos de maior actividade como compositora foron en Dartington na década de 1940 e o período "pos-Britten" logo de 1964.[40] A súa produción de composicións, arranxos e música editada é extensa mais tan só recibiu unha atención crítica limitada. Gran parte da súa obra non está publicada e polo xeral descoidouse logo da súa interpretación inicial.[127][128]
"En boa parte da súa vida, [Imogen] Holst puido ter priorizado as necesidades dos compositores masculinos famosos que a rodeaban. Mais as súas obras corais celebran descaradamente a muller." —WQXR (New York public Radio) music review.[129]
|
O súa obra comprende música instrumental, vocal, orquestral e coral. Nos inicios da súa carreira como compositora Imogen estivo influenciada principalmente, como filla de Gustav Holst, polo que o analista Christopher Tinker denomina "a súa relación natural e ineludible co establecemento musical inglés", e pola súa estreita relación persoal co seu pai e o seu amor pola canción popular.[125] Algunhas das súas primeiras composicións reflicten o pastoralismo de Ralph Vaughan Williams, que foi o seu profesor no RCM.[130] Nos seus anos no ensino e a EFDSS durante a década de 1930 fíxose coñecida polos seus arranxos de pezas populares, mais compuxo pouca música propia.[40] O estilo persoal que xurdiu na década de 1940 incorporou a súa afinidade coa canción popular e a danza, o seu intenso interese na música inglesa dos séculos XVI e XVII, e o seu gusto pola innovación. Na súa suite para viola soa de 1930, comezara experimentar con patróns da escala; na década de 1940 foi incorporando as súas propias escalas de seis e oito notas na súa música de cámara e ocasionalmente en obras corais como as súas Five Songs (1944).[40]<[130] Esta experimentación reaparece en obras posteriores; en Hallo My Fancy (1972) introduce unha nova escala para cada verso, mentres que o coro proporciona unha harmonización libre a unha voz solista.[40] En Homage to William Morris (1984), entre as súas derradeiras obras, Tinker sinala o seu uso da disonancia "para engadir forza á articulación musical do texto".[131] En contraste, o quinteto para cordas de 1982, a obra que a propia Imogen pensou que a facía "unha verdadeira compositora", está caracterizada pola calidez das súas harmonías.[40][128]
Boa parte da música coral de Imogen foi escrita para a interpretación de músicos afeccionados. A crítica ten observado unha clara distinción na calidade entre estas pezas e as obras corais escritas para coros profesionais, especialmente aqueles para voces femininas. Estas últimas pezas, di Tinker, incorporan o seu mellor traballo como compositora orixinal.[132] As discográficas tardaron en recoñecer o potencial comercial de Imogen, e ata 2009 non se publicou un CD adicado por completo á súa música—unha selección das súas obras para cordas. O crítico de The Guardian recibiu a gravación: "Hai unha gran cantidade de música inglesa de moito menos valor que é frecuentemente loada aos ceos".[133] En 2012 Harmonia Mundi gravou unha selección da súa música coral, cantada polo coro do Clare College.[134] Unha recensión desta gravación selecciona Welcome Joy and Welcome Sorrow, escrita para voces femininas con acompañamento de arpa, como "[dá] unha idea da súa propia voz pioneira, con matices suaves".[127] Outro menciona "Three Psalms" setting, onde "os ritmos internos son subliñados polos sutís ostinatos da corda pulsando debaixo".[126]
Textos publicados
editarOs detalles de publicación corresponden á primeira publicación do libro no Reino Unido.
- Gustav Holst: A biography. London: Oxford University Press. 1938. OCLC 852118145. (edición revisada en 1969)
- The Music of Gustav Holst. London: Oxford University Press. 1951. OCLC 881989. (edicións revisadas en 1968 e 1985, esta última engadida a Holst's Music Reconsidered)
- The Book of the Dolmetsch Descant Recorder. London: Boosey & Hawkes. 1957. OCLC 221221906.
- The Story of Music ("The Wonderful World" series). London: Rathbone. OCLC 2182017. (coautora xunto con Benjamin Britten)
- Heirs and Rebels: Letters Written to Each Other, and Occasional Writings on Music, by Ralph Vaughan Williams and Gustav Holst. London: Oxford University Press. 1959. OCLC 337514. (coeditor xunto con Ursula Vaughan Williams):
- Henry Purcell, 1659–1695: Essays on his Music. London: Oxford University Press. 1959. OCLC 602569. (editora)
- Henry Purcell: the Story of his Life and Work. London: Boosey & Hawkes. 1961. OCLC 1200203.
- Tune. London: Faber & Faber. 1962. OCLC 843455729.
- An ABC of Music: a Short Practical Guide to the Basic Essentials of Rudiments, Harmony, and Form. Oxford: Oxford University Press. 1963. ISBN 0-19-317103-1.
- Your Book of Music. London: Faber & Faber. 1964. OCLC 170598.
- Bach ("Great Composers" series). London: Faber & Faber. 1965. OCLC 748710834.
- Britten ("Great Composers" series). London: Faber & Faber. 1966. OCLC 243904447.
- Byrd ("Great Composers" series). London: Faber & Faber. 1972. ISBN 0-571-09813-4.
- Conducting a Choir: a Guide for Amateurs. London: Oxford University Press. 1973. ISBN 0-19-313407-1.
- Holst ("Great Composers" series). London: Faber & Faber. 1974. ISBN 0-571-09967-X. (segunda edición en 1981)
- A Thematic Catalogue of Gustav Holst's Music. London: Faber Music, in conjunction with G & I Holst Ltd. 1974. ISBN 0-571-10004-X.
Imogen Holst tamén escribiu numerosos artigos, folletos, ensaios, introducións e notas a programas durante o período comprendido entre 1935 e 1984.[o]
Notas
editar- ↑ O apelido da familia foi "von Holst" ata que Gustav o mudou en 1918, durante a primeira guerra mundial.[2]
- ↑ A música da danza "Nymphs and Shepherds" foi o Op. 4 de Imogen, orixinalmente titulada The Masque of the Tempest.[12]
- ↑ Ruby Ginner (1886–1978) foi unha experta en danza da Antiga Grecia. Fundou a Asociación de Profesores de Danza Grega Revivida en 1923.[13]
- ↑ Nun tributo obituario, Ursula Vaughan Williams refírese ás condicións do brazo de Imogen como "herdadas de seu pai".[19] De feito, Gustav Holst padecía de neurite no seu brazo dereito, unha condición igualmente incapacitante pero non relacionada.[18]
- ↑ En 1969, logo da morte de Isobel Holst, Imogen encontrou o manuscrito de The Unfortunate Traveller entre as posesións de súa nai. Para ela, a obra simbolizaba o que percibía como o seu fracaso como compositora, e insistiu en que se queimase o manuscrito.[30]
- ↑ A Citizen House fora fundada en 1916 por Helen Hope como centro para o benestar social, a educación e as artes. Esta incluía un grupo de teatro, os Citizen House Players, e finalmente un teatro con capacidade para 200 persoas.[35]
- ↑ A EFDSS creouse en marzo de 1932, logo de que a English Folk Dance Society, para a que Imogen traballara de xeito voluntario durante moitos anos, acordara fusionarse coa English Folk Song Society.[37][38]
- ↑ O CEMA foi creado por unha carta real en 1940. En 1946 converteuse no Arts Council of Great Britain, por medio dunha nova carta.[46]
- ↑ Os libros escritos por Imogen Holst neste período inclúen The Book of the Dolmetsch Descant Recorder (1957);[65] Tune (1961);[71] e An ABC of Music (1963).[72]
- ↑ A obra, de Mark Ravenhill, foi emitida o 30 de xuño de 2013.[74]
- ↑ Britten adicou o ballet conxuntamente a Imogen e Ninette de Valois.[79]
- ↑ En 1961 Imogen persuadiu a Britten para que dirixise o poema sinfónico de Gustav Holst Egdon Heath, e o ano seguinte viu a interpretación de Ode to Death.[87]
- ↑ O coro recibiu o seu nome en decembro de 1953 de Ralph Vaughan Williams, e presentouse por primeira vez con ese nome en abril de 1954.[100]
- ↑ En 1969, xusto despois do concerto inaugural do festival dese ano, o Maltings foi destruído por un incendio; foi reconstruído a tempo para o a edición do festival de 1970.[106]
- ↑ Na bibliografía inclúese unha lista parcial de artigos e notas a programas de Imogon Holst, pp. 464–65 de Grogan, Christopher (2010). Imogen Holst: A Life in Music (revised ed.). Woodbridge, Suffolk: The Boydell Press. ISBN 978-1-84383-599-8.
- Referencias
- ↑ Grogan & Strode 2010a, p. 2.
- ↑ "No. 30928". The London Gazette. 1 de outubro de 1918.
- ↑ Holst 1969, p. 29.
- ↑ Matthews, Colin. "Holst, Gustav(us Theodore von)". Grove Music Online (en inglés). Oxford Music Online. Consultado o 17 de outubro de 2020. (require subscrición (?)).
- ↑ Warrack, John. "Holst, Gustav Theodore (1874–1934)". Oxford Dictionary of National Biography (en inglés). Oxford University Press. Consultado o 17 de outubro de 2020. (require subscrición (?)).
- ↑ 6,0 6,1 Grogan & Strode 2010a, pp. 2–3.
- ↑ Grogan & Strode 2010a, p. 6.
- ↑ Gibbs 2000, pp. 29–30.
- ↑ Grogan & Strode 2010a, pp. 7–8.
- ↑ Grogan & Strode 2010a, pp. 9–12.
- ↑ Grogan & Strode 2010a, p. 15.
- ↑ Tinker & Strode 2010, p. 451.
- ↑ "Ruby Ginner (1886–1978)". Oxford Index (en inglés). Oxford University Press. Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2014. Consultado o 19 de outubro de 2020.
- ↑ Grogan & Strode 2010a, pp. 16–17.
- ↑ Grogan & Strode 2010a, pp. 25–26.
- ↑ Holst, Gustav (Abril de 1931). "Jane Joseph: A brief discussion of her published music". The Monthly Musical Record (en inglés): 97–98. Consultado o 19 de outubro de 2020.
- ↑ Grogan & Strode 2010a, pp. 18–20.
- ↑ 18,0 18,1 Grogan & Strode 2010a, pp. 22–26.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 Vaughan Williams, Ursula (1984). "Obituary: Imogen Holst, 1907–84". Folk Music Journal (en inglés) 4 (5). JSTOR 4522176. (require subscrición)
- ↑ Grogan & Strode 2010a, pp. 29–32.
- ↑ Grogan & Strode 2010a, pp. 33–40.
- ↑ Grogan & Strode 2010a, pp. 41–42.
- ↑ Grogan & Strode 2010a, p. 46.
- ↑ 24,0 24,1 Grogan & Strode 2010a, pp. 49–52.
- ↑ 25,0 25,1 Grogan & Strode 2010a, p. 72.
- ↑ Grogan & Strode 2010a, p. 60.
- ↑ Gibbs 2000, pp. 50–51.
- ↑ Gibbs, Alan. "Joseph, Jane Marian". Grove Music Online (en inglés). Oxford University Press. Consultado o 26 de novembro de 2020.
- ↑ Grogan & Strode 2010a, pp. 67–70.
- ↑ Grogan 2010b, p. 394.
- ↑ Grogan & Strode 2010a, pp. 74–76.
- ↑ Grogan & Strode 2010b, pp. 79–90.
- ↑ Grogan & Strode 2010b, pp. 91–93.
- ↑ Grogan, Christopher (17 de outubro de 2007). "Daughter of the renaissance". The Guardian (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2020.
- ↑ "Little Theatre with a big heart celebrates 70 years in Bath". The Bath Chronicle (en inglés). 30 de decembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 26 de novembro de 2020.
- ↑ Grogan & Strode 2010b, pp. 97–99.
- ↑ Grogan & Strode 2010b, p. 100.
- ↑ Keel, Frederick (decembro de 1948). "The Folk Song Society 1898–1948". Journal of the English Folk Dance and Song Society (en inglés) 5 (3): 126. JSTOR 4521287. (require subscrición)
- ↑ Grogan & Strode 2010b, pp. 109–12.
- ↑ 40,0 40,1 40,2 40,3 40,4 40,5 Tinker, Christopher. "Imogen Holst's Music 1962–64". Tempo (New Series) (en inglés) (166): 22–27. JSTOR 945906. (require subscrición)
- ↑ Grogan & Strode 2010b, pp. 114–18.
- ↑ Grogan & Strode 2010b, pp. 118–20.
- ↑ Grogan & Strode 2010b, pp. 124–25.
- ↑ Edmund Rubbra en Monthly Musical Record, novembro de 1938, citado en Grogan & Strode 2010b, pp. 124–25
- ↑ 45,0 45,1 Grogan & Strode 2010b, pp. 126–28.
- ↑ "The history of the Arts Council" (en inglés). Arts Council. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2014. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ Ensaio de Imogen Holst, publicado por primeira vez en Making Music, outubro de 1946, reproducido en Grogan & Strode 2010b, pp. 129–32
- ↑ 48,0 48,1 Tinker & Strode 2010, pp. 454–55.
- ↑ Grogan & Strode 2010b, pp. 136–37.
- ↑ Cox & Dobbs 1988, p. 31.
- ↑ Grogan & Strode 2010b, p. 138.
- ↑ Cox & Dobbs 1988, pp. 10–27.
- ↑ Grogan & Strode 2010b, pp. 139–40.
- ↑ Grogan & Strode 2010b, pp. 145.
- ↑ Rosamond Strode, nun texto inédito mecanografado, citado en Grogan & Strode 2010b, pp. 154–55
- ↑ Grogan & Strode 2010b, pp. 141–42.
- ↑ Grogan & Strode 2010b, pp. 150–51.
- ↑ Carpenter 1992, pp. 226 e 236.
- ↑ 59,0 59,1 Grogan & Strode 2010b, pp. 146–48.
- ↑ Potter, Tully. "Amadeus Quartet". Grove Music Online (en inglés). Oxford Music Online. Consultado o 27 de novembro de 2020. (require subscrición)
- ↑ Grogan & Strode 2010b, p. 151.
- ↑ 62,0 62,1 Grogan & Strode 2010b, pp. 162–65.
- ↑ Grogan & Strode 2010b, pp. 155–57.
- ↑ 64,0 64,1 64,2 Strode, Rosamund. "Holst, Imogen Clare". Oxford Dictionary of National Biography (en inglés). Oxford University Press. Consultado o 8 de outubro de 2020. (require subscrición)
- ↑ 65,0 65,1 65,2 Tinker 2010, p. 436.
- ↑ 66,0 66,1 Grogan & Strode 2010b, pp. 167–70.
- ↑ Bridcut 2010, pp. 72–73.
- ↑ Carpenter 1992, p. 309.
- ↑ Carpenter 1992, p. 311.
- ↑ 70,0 70,1 Grogan 2010a, p. 176.
- ↑ Grogan 2010b, pp. 364–65.
- ↑ Grogan 2010b, p. 374.
- ↑ 73,0 73,1 Carpenter 1992, pp. 306–09.
- ↑ Rees, Jasper (28 de xuño de 2013). "Imo and Ben: a new radio drama that shows the tensions in Benjamin Britten's working life". The Telegraph (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2020.
- ↑ White 1983, p. 79.
- ↑ Carpenter 1992, p. 317.
- ↑ Grogan 2010b, pp. 334–35.
- ↑ Grogan 2010b, pp. 348–49.
- ↑ White 1983, p. 82.
- ↑ Carpenter 1992, p. 382.
- ↑ White 1983, p. 86.
- ↑ Grogan 2010b, pp. 361–73.
- ↑ Grogan 2010b, p. 374–75.
- ↑ Grogan 2010a, p. 157.
- ↑ Grogan 2010b, p. 336.
- ↑ 86,0 86,1 Grogan 2010b, p. 345.
- ↑ Grogan 2010b, pp. 366–67.
- ↑ Carpenter 1992, p. 369.
- ↑ Grogan 2010b, pp. 352 e 367–68.
- ↑ White 1983, p. 65.
- ↑ Grogan 2010b, p. 369.
- ↑ Grogan 2010b, p. 384.
- ↑ Carpenter 1992, pp. 468–69.
- ↑ Grogan 2010b, pp. 382 e 387.
- ↑ Stuart, Philip (xuño de 2009). "Decca Classical 1929–2009" (PDF) (en inglés). AHRC Research Centre for the History and Analysis of Recorded Music. Consultado o 6 de outubro de 2020. (Ítems 1383, 1395, 1419, 1518 1688)
- ↑ "Holst: Vocal Works" (en inglés). Presto Classical. Arquivado dende o orixinal o 1 de marzo de 2014. Consultado o 6 de outubro de 2020.
- ↑ Grogan, "Part IV: 1955–84", pp. 388 and 399
- ↑ Grogan 2010a, pp. 188.
- ↑ Grogan 2010a, p. 317.
- ↑ Grogan 2010b, p. 317.
- ↑ Tinker, Christopher. "Holst, Imogen Clare". Grove Music Online (en inglés). Oxford Music Online. Consultado o 8 de outubro de 2020. (require subscrición)
- ↑ Grogan 2010b, pp. 371–72.
- ↑ Pratt, George. "Norrington, Sir Roger Arthur Carver". Grove Music Online (en inglés). Oxford Music online. Consultado o 8 de outubro de 2020. (require subscrición)
- ↑ Wake-Walker 1997, p. 190.
- ↑ Grogan 2010b, pp. 389–90.
- ↑ 106,0 106,1 Goodwin, Noel. Oxford Music Online, ed. "Aldeburgh Festival". Grove Music Online (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2020. (require subscrición)
- ↑ Wake-Walker 1997, p. 193.
- ↑ Carpenter 1992, pp. 549 e 585.
- ↑ Grogan 2010b, pp. 414–16.
- ↑ 110,0 110,1 Grogan 2010b, pp. 406–07.
- ↑ Grogan 2010b, pp. 404 e 410.
- ↑ Grogan 2010b, pp. 419–20 e 429.
- ↑ "Byrd (Great Composers)" (en inglés). WorldCat. Consultado o 11 de outubro de 2020.
- ↑ "Conducting a Choir: a guide for amateurs" (en inglés). WorldCat. Consultado o 11 de outubro de 2020.
- ↑ Grogan 2010b, pp. 396 e 419.
- ↑ 116,0 116,1 Grogan 2010b, p. 425.
- ↑ Grogan 2010b, p. 422.
- ↑ Grogan 2010b, pp. 418–19.
- ↑ Grogan 2010b, pp. 427–30.
- ↑ Thomson, John (novembro de 1984). "Imogen Holst". Early Music (en inglés) 12 (4): 583–84. doi:10.1093/earlyj/12.4.583.
- ↑ Clements, Andrew (23 de outobro de 2007). "A Celebration of Imogen Holst". The Guardian (en inglés). Consultado o 12 de outubro de 2020.
- ↑ Grogan & Strode 2010a, pp. 27–28.
- ↑ Grogan & Strode 2010a, pp. 57–65.
- ↑ Grogan & Strode 2010a, p. 66.
- ↑ 125,0 125,1 Tinker 2010, pp. 434–35.
- ↑ 126,0 126,1 "Album: Imogen Holst Choral Works". The Independent (en inglés). 25 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2018. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ 127,0 127,1 Maddocks, Fiona (26 de agosto de 2012). "Imogen Holst: Choral Works – review". The Observer. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ 128,0 128,1 Tinker 2010, p. 448.
- ↑ "Celebrating the Female: The Choral Works of Imogen Holst" (en inglés). WQXR radio station (New York). 8 de outubro de 2012. Consultado o 8 de marzo de 2014.
- ↑ 130,0 130,1 Tinker 2010, pp. 444–45.
- ↑ Tinker & Strode 2010, p. 443.
- ↑ Tinker & Strode 2010, p. 440.
- ↑ Clements, Andrew (30 de xaneiro de 2009). "Imogen Holst: String Chamber Music: Court Lane Music". The Guardian (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Imogen Holst: Choral Works" (en inglés). Presto Classical. Consultado o 15 de outubro de 2020.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bridcut, John (2010). The Faber Pocket Guide to Britten (en inglés). Londres: Faber & Faber. ISBN 978-0-571-23776-0.
- Carpenter, Humphrey (1992). Benjamin Britten: A biography (en inglés). Londres: Faber and Faber. ISBN 0-571-14324-5.
- Cox, Peter; Dobbs, Jack (1988). Imogen Holst at Dartington (en inglés). Dartington: Dartington Press. ISBN 0-902386-13-1.
- Gibbs, Alan (2000). "Chapter II: Jane Joseph". Holst Among Friends (en inglés). Londres: Thames Publishing. ISBN 978-0-905210-59-9.
- Grogan, Christopher; Strode, Rosamund (2010a). "Part I: 1907–31". Imogen Holst: A Life in Music (en inglés) (revisada ed.). Woodbridge, Suffolk: The Boydell Press. ISBN 978-1-84383-599-8.
- Grogan, Christopher; Strode, Rosamund (2010b). "Part II: 1931–52". Imogen Holst: A Life in Music (en inglés) (revisada ed.). Woodbridge, Suffolk: The Boydell Press. ISBN 978-1-84383-599-8.
- Grogan, Christopher (2010a). "Part III: 1952–54". Imogen Holst: A Life in Music (en inglés) (revisada ed.). Woodbridge, Suffolk: The Boydell Press. ISBN 978-1-84383-599-8.
- Grogan, Christopher (2010b). "Part IV: 1955–84". Imogen Holst: A Life in Music (en inglés) (revisada ed.). Woodbridge, Suffolk: The Boydell Press. ISBN 978-1-84383-599-8.
- Holst, Imogen (1969). Gustav Holst (en inglés) (segunda ed.). Londres e Nova York: Oxford University Press. ISBN 0-19-315417-X.
- Tinker, Christopher (2010). "Part V: The Music of Imogen Holst". Imogen Holst: A Life in Music (en inglés) (revisada ed.). Woodbridge, Suffolk: The Boydell Press. ISBN 978-1-84383-599-8.
- Tinker, Christopher; Strode, Rosamund (2010). "Chronological list of works". Imogen Holst: A Life in Music (en inglés) (revisada ed.). Woodbridge, Suffolk: The Boydell Press. ISBN 978-1-84383-599-8.
- Wake-Walker, Jenni (compiladora) (1997). Time and Concord: Aldeburgh Festival Recollections (en inglés). Saxmundham, Suffolk: Autograph Books. ISBN 978-0-9523265-1-9.
- White, Eric Walter (1983). Benjamin Britten, His Life and Operas (en inglés). Berkeley e Os Ánxeles: University of California Press. ISBN 0-520-04893-8.