Ilya Prigogine
Ilya Prigogine, en ruso: Илья́ Рома́нович Приго́жин, nado o 25 de xaneiro de 1917 en Moscova e finado o 28 de maio de 2003 en Bruxelas, foi un físico, químico, sistémico e profesor universitario belga de orixe soviética, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1977.
Traxectoria
editarPrigogine naceu en Moscova, Rusia nun fogar de orixe xudía. Fuxiu coa súa familia en 1921, tras a constitución da URSS, cara a Europa Occidental, establecéndose en Bélxica en 1929. Estudou química na Universidade Libre de Bruxelas en Bélxica, onde foi profesor de fisicoquímica e física teórica a partir de 1947.
En 1959, converteuse no director do Instituto Internacional de Solvay de Bruxelas. Foi así mesmo catedrático de química na Universidade de Chicago e de física e enxeñería química na Universidade de Texas nos Estados Unidos, onde fundou en 1967 o Instituto de Mecánica Estatística e Termodinámica.
En 1989 foi nomeado vizconde polo rei Balduíno de Bélxica.
Foi autor de multitude de libros: Estudos termodinámicos de fenómenos irreversibles (1947), Tratado de termodinámica química (1950), Termodinámica de non equilibrios (1965), Estrutura, disipación e vida (1967) e Estrutura, estabilidade e flutuacións (1971).
Á beira de Isabelle Stengers escribiu:
- La Nouvelle Alliance (A nova alianza) 1979
- Order out of Chaos 1984
- Entre le temps et l’éternité, París, Fayard, 1988. Reeditado por Flammarion, « Champs » n° 262
Investigacións científicas
editarEspecialista en termodinámica, realizou investigacións teóricas sobre a expansión da termodinámica clásica no estudo dos procesos irreversibles coa teoría das estruturas disipativas. Considéraselle o precursor da teoría do caos.
En 1977 foi galardoado pola Real Academia das Ciencias de Suecia co premio Nobel de Química por unha gran contribución á acertada extensión da teoría termodinámica a sistemas afastados do equilibrio, que só poden existir en conxunción coa súa contorna.
Outro dos seus máis soados libros, de título Tan só unha ilusión, é unha antoloxía de dez ensaios (elaborados entre 1972 e 1982) nos que Prigogine fala con especial afán sobre este novo estado da materia: as estruturas disipativas, asegurando que con estes novos conceptos ábrese un "novo diálogo entre o home e a natureza".
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Outros artigos
editar- Entropía
- Caos
- Círculo Eranos
- Isabelle Stengers
- Teoría de sistemas
- Autopoiesis
- Teoría das catástrofes
- Teoría do caos
- Premio Nobel de Química
Ligazóns externas
editar- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1977 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1977 (en inglés)
- Ilya Prigogine en Biografías y vidas(en castelán)
- Ilya Prigogine en You Tube (en inglés)
Predecesor: William Lipscomb |
Premio Nobel de Química 1977 |
Sucesor: Peter D. Mitchell |