Illa da Toxa
A illa da Toxa é unha pequena illa situada na ría de Arousa, dentro das Rías Baixas, pertencente ao Concello do Grove e situada a uns 30 km de Pontevedra. Desde hai anos boa parte da illa esta enfocada cara ao turismo con distintos complexos hostaleiros, bloques de apartamentos, campo de golf, numeroso comercios e un casino.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | Provincia de Pontevedra | |||
Concello | O Grove | |||
Parroquia | O Grove | |||
Poboación | ||||
Poboación | 29 (2016) (26,36 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 110 ha | |||
Medición | 815 () × 2.170 () m | |||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Constitúe un lugar da parroquia de San Martiño do Grove, cunha poboación censada en 2016 de 39 habitantes (18 mulleres e 21 homes), segundo o Instituto Galego de Estatística; o que representa un descenso substancial respecto ó ano 2010, cando contaba con 49 veciños. Naturalmente, esta é unha cifra irreal xa que a poboación flotante da illa (ocupando as prazas hoteleiras e segundas residencias, máis os traballadores dos diferentes establecementos) é moito máis alta.
Historia
editarNa Idade Media contaría con abundantes salinas, mencionadas na documentación[1]. Posteriormente foi utilizada polos veciños do Grove como lugar de pastoreo do seu gando e tamén para as súas tarefas agrícolas. Pero a raíz do descubrimento no século XIX dos seus lodos termais e augas medicinais pasou a ser de propiedade privada para explotar estas atractivos, construíndose o antigo balneario que trouxo consigo un aumento espectacular do turismo e o nacemento doutras dotacións.
Topónimo
editarIsidoro Millán González-Pardo relaciona o topónimo con outros hidrónimos coma Teo, Tea e Te, que considera derivados dunha raíz hidronímica indoeuropea *TEKU[2]. Segundo Edelmiro Bascuas o topónimo procede dos lodos existentes[3]. Non obstante, Gonzalo Navaza indica que quizais sería un fitónimo da familia de toxo[4].
A illa foi coñecida ata o século XIX como a illa do Louxo. Este topónimo mantense nas formas Enseada do Louxo e Praia do Louxo. Unha teoría filoloxicamente arriscada de Francisco Otero Goday faino proceder duns peixes chamados «ouxos» que abundaban na zona, de xeito que a orixinal «illa dos Ouxos» sería pronunciada «illa do-louxos» e evolucionaría finalmente na illa do Louxo.[5]
Centro termal
editarTrátase dunha das illas máis coñecidas de Galicia debido a ser un centro termal, de lecer e turístico. Conta con balnearios, antigas fábricas de xabóns e cosméticos (La Toja), hoteis de luxo, campo de golf, porto deportivo, centro de congresos, casino, pistas de tenis, paddle, tiro con arco, piscinas, urbanizacións e outros establecementos. Con todo, o centro da illa aínda conserva virxe un denso piñeiral, o chamado Monte central. Así a illa está repartida en 32 hectáreas de urbanizacións (a súa parte sur e os flancos oriental e occidental), 25 hectáreas de campo de golf (toda a súa parte norte) e 25 de piñeiral virxe (no centro da illa).
Capela
editarPosúe unha característica ermida consagrada a San Sebastián,[6] e San Caralampio, caracterizada por estar recuberta completamente de cunchas de vieira [7] nas que a xente adoita deixar escrito o seu nome, por máis que os carteis colocados ante a capela insisten en que non se trata de tradición ningunha.
Existiu unha ermida anterior, datada do século XII, da que non queda memoria nin constancia da súa posible situación. A zona onde se levanta a actual capela, construída en 1909, eran unha salina ata que foi reenchida a principios do século XX [8].
Galería de imaxes
editar- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da illa da Toxa
-
Detalle da capela.
-
Campo de golf.
-
Ponte da Toxa.
-
Busto do Marqués de Riestra na Illa da Toxa.
-
Illa do Louxo no mapa da xurisdición da Lanzada incluído no Catastro de Ensenada, 1752.
Lugares e parroquias
editarLugares da parroquia do Grove
editarLugares da parroquia do Grove no concello do Grove (provincia de Pontevedra) | |
---|---|
Ardia | Boibas | Borreiros | Campos | Cantodorxo | A Carballeira | O Con | Estonllo | A Graña | O Grove | Meloxo | Os Pardiños | O Porto de Meloxo | Terra de Porto | A Toxa | A Viña de Millán | Virxe das Mareas |
Parroquias do Grove
editarGalicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Grove | |
---|---|
Notas
editar- ↑ Varela Sieiro, Xaime (2008). Léxico cotián na alta Idade Media de Galicia: a arquitectura civil. USC.
- ↑ Millán González-Pardo, I. (1984). "Los nombres del Río Limia (port. Lima) y el de A Toxa con sus hidrónimos emparentados". Actas del Coloquio Galaico-Minhoto II. p. 371.Millán González-Pardo, I.&rft.btitle=Actas del Coloquio Galaico-Minhoto&rft.date=1984&rft.genre=bookitem&rft.pages=371&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- ↑ Bascuas, E. (2005). Hidronimia y léxico de origen paleuropeo en Galicia.Bascuas, E.&rft.btitle=Hidronimia y léxico de origen paleuropeo en Galicia&rft.date=2005&rft.genre=book&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- ↑ Navaza Blanco, Gonzalo (2006). Fitotoponimia galega (PDF). A Coruña: Fundación Barrié. p. 538. ISBN 84-95892-53-7.Navaza Blanco, Gonzalo&rft.btitle=Fitotoponimia galega&rft.date=2006&rft.genre=book&rft.isbn=84-95892-53-7&rft.pages=538&rft.place=A Coruña&rft.pub=Fundación Barrié&rft_id=http://kit.consellodacultura.gal/web/uploads/adxuntos/arquivo/5c7fbab6d9dc3-fitotoponimia_galega.pdf&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- ↑ "A Toxa: a illa que cambiou de nome". Toponimia de Galicia. Real Academia Galega; Xunta de Galicia.
- ↑ Boletín de la Real Academia de la Historia volume 59, 1969 (en castelán).
- ↑ A única capela do mundo con este recubrimento [1].
- ↑ Turismogrove.mobi.