Ian Gillan
Ian Gillan, nado o 19 de agosto de 1945 en Hounslow, Londres, é coñecido por ser o cantante da lendaria banda de hard rock británica Deep Purple.
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de agosto de 1945 (79 anos) Chiswick, Reino Unido |
Educación | Ark Acton Academy (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositor de cancións, músico |
Período de actividade | 1962 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock, Blues rock, hard rock, rock progresivo e heavy metal tradicional (pt) |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Voz, Harmónica, Instrumento de percusión, guitarra, piano e Batería |
Selo discográfico | EarMUSIC (pt) Island Records |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | gillan.com |
Traxectoria
editarEn 1970 interpretou o papel de Jesús de Nazaret no disco conceptual orixinal da ópera rock Jesucristo Superstar. Foi tamén, aínda que de xeito moi breve, vocalista de Black Sabbath, outra das grandes bandas do hard rock clásico.
Ian Gillan é considerado un dos cantantes de rock máis destacados e influentes da historia do xénero, pois posuía nos seus inicios un rango de voz moi extenso, no cal movíase sen aparente esforzo, e con moita precisión nos rexistros máis altos. O tema "Child in Time" de Deep Purple, e os seus famosos duelo voz/guitarra xunto a Ritchie Blackmore, son algunhas das mostras máis significativas e sorprendentes diso.
Grazas ás súas contribucións e transcendencia, Gillan é tido como un dos principais xestores do estilo de canto do Hard Rock, e do que a longo prazo sería o do Heavy Metal, e é citado como fonte de inspiración por cantantes como Bruce Dickinson (Iron Maiden), Rob Halford (Judas Priest), James LaBrie (Dream Theater), Sebastian Bach (ex Skid Row), Joe Elliott (Def Leppard) e Andi Deris (Helloween).