Hunerico
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Hunerico (antes de 430 – 23 de decembro de 484), rei de vándalos e alanos entre 477 e 484, fillo e sucesor de Xenserico.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 411 |
Morte | 23 de decembro de 484 (Gregoriano) (72/73 anos) Cartago, Tunisia |
Causa da morte | peste |
Rei dos vándalos | |
477 – 484 ← Xenserico – Guntamundo → | |
Datos persoais | |
Relixión | Arianismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Cónxuxe | Eudocia (filla de Valentiniano III) |
Fillos | Hilderico |
Pai | Xenserico |
Irmáns | Theoderich |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Encyclopædia Britannica Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
editarAínda príncipe, casou por primeira vez (antes de 451) cunha princesa visigoda, filla do rei Teodorico, que será pouco despois devolta á Galia co nariz cortado e o rostro salvaxemente mutilado.[1] En 455, ou pouco despois, desposa pola forza a Eudocia, filla do emperador Valentiniano III,[2] que fora levada como refén a Cartago e mantida durante sete anos como prisioneira de Xenserico, á que repudiará no ano 472. Desta unión nacerá o futuro rei Hilderico.
En xaneiro de 477, Xenserico morreu octoxenario logo dun reinado de medio século. Tan pronto como Hunerico accedeu ao trono, fixo asasinar ou executar a dous dos seus irmáns aínda vivos, Teuderico e Teoderico, así como ás súas esposas e fillos.
Malia profesar o arianismo, ao comezo do seu reinado mostrouse tolerante cos católicos, perseguindo en cambio aos seguidores do maniqueísmo que se instalaron con puxanza no norte de África. A requirimento do emperador Zenón chega a permitir en 481 a elección dun novo bispo católico de Cartago, vinte e catro anos logo da supresión do bispado por Xenserico. En 483, con todo, prohibe novamente a sede católica de Cartago e desterra ao bispo Uxío ao sur de Tunisia. A súa política relixiosa foi contraditoria, ata o punto de que, tras permitir o 1 de febreiro de 484 un encontro entre bispos arianos e católicos, o 24 de febreiro do mesmo ano promulga un edicto polo que se declara a estes últimos herexes en caso de non abrazaren a doutrina ariana. Numerosos clérigos parten ao exilio, mentres que outros son confinados no sur do seu reino, torturados ou mortos na fogueira.
No relativo á política exterior, logrou manter o control vándalo sobre as illas do Mediterráneo Occidental, fortalecendo a súa armada. No interior de África, en cambio, os bérberes iniciaron as súas conquistas en territorio alxeriano, creando aos vándalos grandes problemas loxísticos por mor dos continuos ataques que obstaculizaban a comunicación entre os seus asentamentos de Cartago e Tánxer.
Alcanzado pola peste a finais do ano 484 (un castigo divino, segundo os católicos), morreu o 23 de decembro do mesmo ano, sendo sucedido polo seu sobriño Guntamundo.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Goldsworthy, Adrian (2009). The Fall of the West (en inglés). Londres: Orion Publishing Group Limited. ISBN 978-0-297-84563-8.
- Smith, William, ed. (1867). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en inglés). Boston: Little, Brown and Company.
Reino vándalo | ||
---|---|---|
Segue a: Xenserico |
Hunerico | Precede a: Guntamundo |