Híbrido (bioloxía)

(Redirección desde «Hibridación»)

Un híbrido é un organismo vivo animal ou vexetal procedente do cruzamento de dous organismos de especies ou subespecies distintas.

Parella de Ligres (híbridos de león e tigre).
Hércules, un ligre.

Características

editar

Moitos dos híbridos xerados entre especies diferentes nacen estériles. A utilidade para o home deste tipo de híbridos radica en que son máis fortes ou produtivos pola combinación das cualidades combinadas dos seus pais e, polo tanto, máis idóneos que estes na súa explotación específica (alimenticia, de transporte etc).

Xeneticamente, os híbridos son organismos heterocigotos por posuíren xenes para trazo distintos, que poden ser tanto recesivos como dominantes, herdados dos seus pais. Cando hai falta de xenes dominantes entre os seus alelos, maniféstanse neles os caracteres recesivos.

Formación de híbridos

editar

Fálase de hibridación de especies, subespecies ou variedades xeográficas e de razas obtidas artificialmente producidas por dous métodos:

  • Hibridación natural: cando o híbrido se cruza en ambientes naturais, sen intervención humana.
  • Hibridación artificial: cando o híbrido se logra por un mecanismo como pode ser un inseminador artificial, ou simplemente porque en estado de catividade o home aparea á forza ós animais. No caso dos vexetais emprégase o procedemento da polinización artificial.

Véxase tamén

editar