Hermann Staudinger
Hermann Staudinger, nado o 23 de marzo de 1881 en Worms (Alemaña) e finado o 8 de setembro de 1965 en Friburgo (Alemaña), foi un químico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1953.
Traxectoria
editarNaceu na cidade de Worms, situada no estado alemán de Renania-Palatinado. Fillo dun profesor de filosofía de Darmstadt, estudou química na Universidade de Halle, onde se doutorou en 1903, pensando en dedicarse máis tarde á bioloxía.
En 1907 foi nomeado profesor de química na Universidade de Estrasburgo, para pasar posteriormente pola Escola Superior Técnica de Karlsruhe en 1908, dar clases na Escola Superior Técnica Eidgenössische de Zürich, e na de Friburgo en 1926.
En 1934, o filósofo Martin Heidegger, reitor de Friburgo, decatouse de que Staudinger solicitara a cidadanía suíza durante a primeira guerra mundial, polo que o denunciou ante o ministerio de Educación local como un pacifista oculto. O ministerio solicitoulle a renuncia, pero Staudinger rexeitou, polo que o tema foi deixado de lado ante o escándalo internacional que puidese haberse suscitado.
Staudinger morreu na súa residencia de Friburgo, situada no estado de Baden-Württemberg.
Investigacións científicas
editarStaudinger comeza as súas investigacións estudando os polímeros. En maio de 1922 publica un artigo na revista Helvetica Chimica Acta onde acuña o termo macromolécula e senta as bases da polimerización. En 1926 expón a súa hipótese de que un polímero é unha longa cadea de unidades pequenas unidas por enlaces covalentes.
Desde 1926 en adiante foi docente da Universidade de Friburgo.
Desde 1935 ampliou o seu estudo das solucións de polímeros aos poliésteres, o que lle permitiu descubrir a relación que vincula a viscosidade e o peso molecular.
Desde 1940 foi, ademais, investigador principal do Instituto de Química Macromolecular.
En 1953 recibiu o Premio Nobel de Química «polos seus descubrimentos no campo da química macromolecular». A súa muller, Magda Woit, foi coautora de varios dos seus traballos científicos.
Obras publicadas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1953 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
- O reitorado do filósofo Martin Heidegger, de Laura Ibarra.(en castelán)
- Vida e carreira de Hermann Staudinger.(en inglés)
Predecesor: Archer John Porter Martin e Richard Laurence Millington Synge |
Premio Nobel de Química 1953 |
Sucesor: Linus Pauling |