Henrique Harguindey

escritor e tradutor galego

Henrique Harguindey Banet, nado en Lugo o 4 de xaneiro de 1946 e falecido o 20 de decembro de 2024,[1] foi un escritor e tradutor galego.

Modelo:BiografíaHenrique Harguindey

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xaneiro de 1946 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de decembro de 2024 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Actividade
Ocupaciónescritor, tradutor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEnsaio e tradución
Familia
CónxuxeMaruxa Barrio Editar o valor en Wikidata
FillosBreixo Harguindey Barrio Editar o valor en Wikidata
IrmánsGerardo Harguindey Banet Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1723842 BUSC: harguindey-banet-henrique-1946 Dialnet: 2340353

Traxectoria

editar

Henrique Harguindey naceu o 4 de xaneiro de 1946 en Lugo, onde seu pai, Gerardo Harguindey, desempeñaba coma dentista, mais tras a morte deste o 11 de maio de 1960[2], mudouse á Coruña, a casa do seu avó materno, Manuel Banet, histórico nacionalista; xunto co seu irmán Xosé Miguel, posteriormente primeiro presidente da Agrupación Cultural O Facho[3] tivo acceso á biblioteca privada do avó, que incluía volumes como a Biblioteca Gallega de Andrés Martínez Salazar, as coleccións de Céltiga e Lar ou as publicacións da editorial Nós[4], alí comezou a beber da cultura galega e desenrolarse o seu galeguismo.[4]

Foi espallando este galeguismo entre os seus amigos, e en agosto de 1963 fixo un chamamento na prensa xunto con Andrés Salgueiro solicitando a participación de todos os interesados na creación dunha asociación cultural co obxectivo de promover e alentar o coñecemento e a difusión da cultura galega.[5] En novembro formouse unha comisión organizadora para acometer a fundación da agrupación, e o 23 de decembro de 1963 foi a primeira xunta, que deu pé á Agrupación Cultural O Facho.[3] Neste espazo de resistencia cultural coincidiu con persoeiros como Leandro Carré Alvarellos, quen dirixiu os cursos de lingua galega da asociación, Manuel Lourenzo, Miguel Anxo Fernán-Vello ou Manuel Beiras.[6][7]. En 1964 naceu o Grupo de teatro O Facho, no que participou como actor nalgunhas obras e adaptou textos para a súa representación como O señor Bonhome e os incendiarios, de Max Frisch, en colaboración con Manuel Lourenzo, estreado no II Certamen de Teatro Nuevo organizado polo Concello da Coruña o 23 de agosto de 1966[8].

Xa na universidade, onde estudou Filoloxía francesa, foi parte do Seminario da Cultura Galega do Club de Amigos da Unesco de Madrid[1]; Neses anos comezou a militar politicamente na esquerda galega, ao considerar que é unha vía renovadora dentro do nacionalismo galego.[9] Foi parte da célula Ché Guevara da Unión do Povo Galego xunto a persoeiros como Ramón Muñiz[10] e membro fundador da UPG de Coruña, partido do que se desvinculou finalmente no 1973.[1]

Licenciado en Filoloxía Francesa e catedrático de francés. Foi concelleiro en Cangas polo Partido Socialista Galego-Esquerda Galega entre 1987 e 1995.

Vida persoal

editar

Irmán do antigo senador Gerardo Harguindey, casou coa escritora Maruxa Barrio. É o pai de Breixo Harguindey, editor e crítico de banda deseñada.[11]

Ensaio

editar

Obras colectivas

editar
 
Contos Populares, BBdCG.

Traducións

editar

Premios

editar
  • Premio Ramón Cabanillas 1991 pola tradución de Gargatúa e Pantagruel
  • Premio Xohan de Cangas á labor cultural 1996
  • Premio de tradución da II Gala do Libro Galego no 2017, por Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña.
  1. 1,0 1,1 1,2 Torna, Cilia (20 de decembro de 2024). "Falece o tradutor e histórico nacionalista Henrique Harguindey". Nós Diario. Consultado o 20 de decembro de 2024. 
  2. "El Progreso: Ano LIII Número 16416 - 1960 maio 13". Biblioteca Galiciana. 
  3. 3,0 3,1 "O Facho como exemplo do asociacionismo galego". Real Academia Galega. 2022-04-26. Consultado o 2024-12-24. 
  4. 4,0 4,1 "BIOGRAFÍA – PALABRASDESCONXELADAS". Consultado o 2024-12-24. 
  5. "La Voz de Galicia 16 de agosto 1963, páxina 3". 16 de agosto de 1963. Consultado o 24/12/2024. 
  6. "Quen somos – Agrupación Cultural O Facho". Consultado o 2024-12-24. 
  7. "O Facho, Agrupación Cultural na Enciclopedia Universal Galega". 
  8. Lourenzo Moulla, Cilla (2012). O Teatro Circo na configuración do teatro independente galego (1967-1978). p. 71. 
  9. Arquivo Biblioteca Canguesa Dixital. Henrique Harguindey por Xosé Manuel González (Oli). 
  10. Diario, Nós (2018-11-30). "O noso Ramón Muñiz". Nós Diario. Consultado o 2024-12-26. 
  11. "Breixo Harguindey". CCCB LAB (en castelán). Consultado o 2024-12-20. 
  12. culturagalega.org (2020-11-16). "Xerais lanza dous novos volume do galo e Zephyrum presenta os dous álbums do reporteiro na Lúa". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2024-12-20. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar