Hectárea
unidade de medida de superficie
A hectárea (símbolo ha) ou hectómetro cadrado (símbolo hm²) é a superficie que ocupa un cadrado dun hectómetro de lado. Equivale a 100 áreas ou 10.000 m².
O seu símbolo é ha (non Ha, e como todo símbolo, nunca leva punto).
Utilízase para medir a superficie dunha leira e outros terreos menores en extensión que unha cidade.
Equivalencias
editarUnha hectárea equivale a:
- 1 hectómetro cadrado.
- 100 áreas ou decámetros cadrados.
- 10.000 metros cadrados.
- 0,1 quiliáreas
- 0,010 quilómetros cadrados.
- 0,003861020 millas cadradas.
- 2,47105380 acres internacionais.
- 2,47104390 acres estadounidenses.
- 10 dunams.
- 107.6390 pés cadrados.
- 0,590 cuadras rurais, (na Arxentina, a cuadra é unha medida que usan os agricultores para medir a terra cultivada. É dicir, unha cuadra equivale a 16.880 metros cadrados)