Hanna Damásio, nada en Lisboa o 24 de setembro de 1942, é unha científica portuguesa dedicada ao campo da neurociencia cognitiva. Empregando tomografía computadorizada e imaxes por resonancias magnéticas, desenvolveu métodos de investigación sobre a estrutura do cerebro humano e estudou funcións como a linguaxe, memoria e emoción, mediante os métodos da lesión e a neuroimaxe funcional. É profesora de neurociencia e directora do Dana and David Dornsife Cognitive Neuroscience Imaging Center na Universidade do Sur de California.[1]

Modelo:BiografíaHanna Damásio
Biografía
Nacemento24 de setembro de 1942 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
ResidenciaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Lisboa Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoNeurociência cognitiva (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónneuróloga, profesora universitaria, médica, autora, neurocientífica Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade do Sur de California
Universidade de Iowa Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeAntónio Damásio Editar o valor en Wikidata
Premios

Traxectoria

editar

Tras obter un doutoramento en medicina pola Universidade de Lisboa en 1969, Damásio comezou a súa carreira académica como instrutora no departamento de neuroloxía da Universidade de Iowa en 1976. Rapidamente foi promocionada, converténdose en profesora do departamento de neuroloxía en 1985. Ademais dos postos académicos, Damásio tamén foi empregada como directora do laboratorio de neuroimaxe e neuroanatomía humana da mesma universidade entre 1982 e 2004, na que foi tamén profesora adxunta.

Damásio emprega métodos de imaxes cerebrais como a tomografía computadorizada e a resonancia nuclear magnética, para mellorar os protocolos de diagnóstico para doenzas que afectan o cerebro.[1] Os seus proxectos inclúen o desenvolvemento de novas técnicas para investigar a estrutura cerebral in vivo mediante resonancias magnéticas, desenvolvendo novas técnicas para avaliar resultados experimentais en tomografía de emisións positrónicas e investigando os substratos neuroanatómicos da linguaxe, a memoria, a emoción e a toma de decisións empregando o método da lesión.[2] Os seus traballos deron lugar a numerosos artigos científicos que apareceron en importantes xornais. En 1989 publicou "Lesion Analysis in Neuropsychology" (Oxford University Press), libro de texto clásico polo que recibiu o premio ao Libro Destacado do Ano en Ciencias Biolóxicas e Médicas da Association of American Publishers. O seu continuo interese en neuroanatomía humana levouna a desenvolver o primeiro atlas do cerebro humano baseado en imaxes de tomografías computadorizadas, "Human Brain Anatomy in Computerized Images", tamén publicado por Oxford University Press. A obra é unha recoñecida referencia sobre o tema.[1][3][4]

Honras e premios

editar

Damásio recibiu o premio Pessoa en 1992 polas súas destacadas contribucións á ciencia e á literatura. Foi elixida para a American Neurological Association en 1995 e recoñecida como membro da American Academy of Arts and Sciences en 1997. En 2004, compartiu o premio Jean-Louis Signoret en neurociencia cognitiva polo seu traballo pioneiro en cognición social. En 2010, recibiu o premio Cozzarelli da United States National Academy of Sciences polo mellor artigo en neurociencia do comportamento publicado en Proceedings of the National Academy of Sciences en 2009.[1] En 2011, Hanna e o seu marido recibiron doutoramentos honorarios da Ecole Polytechnique Federale de Lausanne (EPFL) en Suíza polas súas contribucións en neuroloxía. Tamén ten doutoramentos honorarios da Sorbona (Université Paris Descartes), a Universitat Oberta de Catalunya e as universidades de Lisboa e Aachen.[5]

O 9 de xuño de 1995 foi nomeada Grande-Oficial da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada xuntamente co seu marido.[6] En 2005 recibiu tamén xunto co seu marido o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica.

Vida persoal

editar

Hanna está casada con António Damásio, recoñecido neurólogo e experto na relación entre emoción e cognición, co que codirixe o Brain and Creativity Institute (BCI) na Universidade do Sur de California. No seu tempo de lecer tamén se dedica á escultura.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "USCDornsife College of Letters, Arts and Sciences". 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2017. Consultado o 20 de novembro de 2015. 
  2. Damásio, Hanna (2015). "Curriculum Vitae" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de novembro de 2015. Consultado o 20 de novembro de 2015. 
  3. Damásio, Hanna (2005). Human Brain Anatomy in Computerized Images. Oxford University Press. ISBN 978-0195165616. 
  4. Damásio, Hanna; Damásio, Antonio (1989). Lesion Analysis in Neuropsychology. Oxford University Press. ISBN 978-0195039191. 
  5. Johnson, Pamela (2011). "Antonio and Hanna Damasio Honored". Consultado o 20 de novembro de 2015. 
  6. "Cidadãos Nacionais Agraciados com Ordens Portuguesas". Presidência da República Portuguesa. Consultado o 20 de setembro de 2014. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar