H.G. Wells

(Redirección desde «H. G. Wells»)

Herbert George Wells, máis coñecido como H. G. Wells, nado o 21 de setembro de 1866 en Atlas House, Bromley, Kent[1] , e finado o 13 de agosto de 1946, foi un escritor británico. Estivo nomeado catro veces ao Premio Nobel de Literatura.[2]

Modelo:BiografíaH.G. Wells

(1920) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Herbert George Wells Editar o valor en Wikidata
21 de setembro de 1866 Editar o valor en Wikidata
Bromley, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte13 de agosto de 1946 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da morteTumor hepático (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente PEN International
1932 – 1935
← John GalsworthyJules Romains → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Ideoloxía políticaSocialismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónRoyal College of Science (en) Traducir
Universidade de Londres Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencia ficción, Escrita creativa e profesional, literatura de non ficción e literatura de ciencia ficción Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, escritor de ciencia ficción, novelista, sociólogo, idista, historiador, xornalista, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1895 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Laborista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoCiencia ficción, biografía e ensaio Editar o valor en Wikidata
ProfesoresThomas Henry Huxley Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioH. G. Wells
Septimus Browne
Reginald Bliss
Sosthenes Smith Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeAmy Catherine Robbins (1895–1927)
Isabel Mary Wells (1891–1894) Editar o valor en Wikidata
ParellaElizabeth von Arnim (1910–1913)
Odette Keun
Moura Budberg
Margaret Sanger
Rebecca West
Amber Reeves Editar o valor en Wikidata
FillosG. P. Wells
 () Amy Catherine Robbins
Frank Wells
 () Amy Catherine Robbins
Anthony West
 () Rebecca West Editar o valor en Wikidata
PaisJoseph Wells Editar o valor en Wikidata  e Sarah Neal Editar o valor en Wikidata
IrmánsFrancis Charles Wells
Frederick Joseph Wells Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
marzo de 1933-outubro de 1933queima de libros na Alemaña nazi Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Уэллс Герберт Джордж)
Encyclopædia Britannica
Dicionario Enciclopédico Granat Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0920229 Allocine: 37785 IBDB: 6001
BNE: XX1070444 Bitraga: 462 Musicbrainz: 84306022-264d-4351-a710-adb828e38a23 Discogs: 201193 Allmusic: mn0001545329 WikiTree: Wells-6939 Find a Grave: 19940 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Primeiros anos, estudos e relacións

editar

Naceu o 21 de setembro de 1866 en Bromley, hoxe incluído no Gran Londres, daquela en Kent,[1] como terceiro fillo de Joseph Wells e da súa esposa Sarah Neal. A familia pertencía á empobrecida clase media-baixa. Os seus pais eran antigos criados que estableceran un pequeno negocio, ademais o pai xogaba ao crícket profesionalmente. En 1874 como consecuencia dunha fractura dunha perna, H. G. Wells tivo que pasar un tempo na cama, durante ese tempo afeccionouse á lectura. En 1877 o seu pai lesionouse e tivo que deixar o crícket, Wells para a axudar á economía familiar empregouse como aprendiz nunha tenda de tecidos. En 1883 logrou un emprego de mestre na Midhurst Grammar school ata que conseguiu unha bolsa de estudos na Escola Normal de Ciencias de Londres, onde estuda bioloxía con T.H. Huxley e participa no debate político achegándose ás posicións socialistas da Sociedade Fabiana, foi un dos fundadores do xornal da súa escola, The Science School Journal. En 1887 perdeu a bolsa ao suspender xeoloxía e marcha a vivir cunha tía súa que ten unha filla, Isabel, coa que Wells casou en 1891, pero en 1894 déixaa por unha alumna súa, Amy Catherine, con quen tivo dous fillos. Ademais Wells tivo relacións coa feminista Margaret Sanger e coas escritoras Amber Reeves e Rebecca West. Wells mantivo correspondencia coa galega Hildegart Rodríguez Carballeira, e tiña a pretensión de que fose a súa secretaria en Londres en 1933, pero Hildegart foi asasinada ao pouco pola súa nai Aurora R. Carballeira.[3]

Diversidade de xéneros

editar

Wells foi un autor prolífico que escribiu nunha variedade de xéneros literarios, incluíndo ciencia ficción, ducias de novelas, relatos, obras de crítica social, sátiras, biografías e autobiografías. É lembrado polas súas novelas de ciencia ficción e é frecuentemente citado como o "pai da ciencia ficción" xunto con Jules Verne e Hugo Gernsback.[4][5]

Visión social

editar

Durante a súa vida foi recoñecido como un crítico social con visión de futuro, mesmo profética, que dedicou o seu talento literario ao desenvolvemento dunha visión progresista escala global. Wells estudou orixinalmente bioloxía e as súas ideas sobre cuestións éticas desenvolvéronse nun contexto específico e fundamentalmente darwinista.[6] Tamén foi sempre un socialista que moitas veces (aínda que non sempre, como no inicio da primeira guerra mundial) simpatizaba coas opinións pacifistas. Os seus traballos posteriores foron cada vez máis políticos e didácticas, deixando de lado a ciencia ficción, mentres que ás veces indicaba en documentos oficiais que a súa profesión era o xornalismo.[7] Novelas como Kipps ou The Story of Mr. Polly, que describen a vida de clase media baixa, levou a suxerir que era un digno sucesor de Charles Dickens,[8] aínda que Wells retratou numerosos estratos sociais e mesmo intentou, en Tono-Bungay (1909), un diagnóstico da sociedade inglesa no seu conxunto. Padecendo diabetes, Wells cofundou The Diabetic Association (hoxe coñecida como Diabetes UK) en 1934 con fins benéficos. Por mor dos seus escritos relacionados coa ciencia, en 1970 decidiuse na súa honra chamar H. G. Wells a un astroblema lunar situado no lado afastado da Lúa.[9]

Imaxinou viaxar no tempo, invasións alieníxenas, invisibilidade e enxeñería biolóxica. Entre as súas obras máis destacadas están A máquina do tempo (1895, levada ao cine polo seu bisneto Simon Wells como A máquina do tempo en 2002), A illa do doutor Moreau (1896), O home invisible ( 1897), A guerra dos mundos (1898) e A guerra no aire (1907).

Como futurista, escribiu varias obras utópicas e previu a chegada dos avións, tanques, viaxes espaciais, armas nucleares, televisión por satélite, e foi dos poucos, con Isaac Asimov, que predixo algo similar a Internet.[10]

 
Herbert George Wells

En 1888 publica o seu primeiro relato, The Chronic Argonauts, en The Science School Journal, pero foi con The Time Machine (A máguina do tempo) (1895), The Island of Dr. Moreau (A illa do doutor Moreau), The Invisible Man (O home invisible) (1896) e The War of the Worlds (A guerra dos mundos) (1898) cos que acada a popularidade. Con clara influencia de Jules Verne, trata temas que se converterán en clásicos da ciencia ficción como o da fantasía científica, o cuestionamento da propia humanidade ou a invasión extraterrestre. Escribiu tamén unha serie de novelas utópicas como In the Days of the Comet ou The Shape of Things to Come

Listaxe

editar
  1. 1,0 1,1 Parrinder, Patrick (2004). Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. 
  2. [https://www.nobelprize.org/nomination/archive/show_people.php?id=10075 "Base de datos de nominacións : Herbert G Wells". Premio Nobel.org. Consultado o 19 de marzo de 2015.
  3. Traverso, Alba Hernández (2020-12-15). "El asesinato de Hildegart Rodríguez Carballeira. La Virgen Roja". Archivos de la Historia (en castelán). Consultado o 2022-04-22. 
  4. Adam Charles Roberts (2000), [https: / /books.google.com/books?id=IRw_MIPjnXwC&pg=PA48"A historia da ciencia ficción", páx. 48.] En: Ciencia ficción, Routledge, ISBN 0-415-19204-8.
  5. Siegel, Mark Richard (1988). Hugo Gernsback, pai da ciencia ficción moderna: con ensaios sobre Frank Herbert e Bram Stoker. Borgo Pr. ISBN 0-89370-174-2. 
  6. Robert M. Philmus e David Y. Hughes, ed., ' 'H. G. Wells: Early Writings in Science and Science Fiction (Berkeley, Los Angeles e Londres: University of California Press, 1975), p. 179.
  7. Vincent Joke, H . G. Wells: A Biography (Londres, Nova York e Toronto: Longmans, Green, 1951).
  8. Vincent Brome, H. G. Wells: A Biography (Londres, Nova York e Toronto: Longmans, Green, 1951), p. 99.
  9. [http: / /planetarynames.wr.usgs.gov/jsp/FeatureNameDetail.jsp?feature=62474 Ficha técnica do cráter lunar H. G. Wells, Gazeteer of Planetary Nomenclature.] Consultado o 5 de xullo de 2009.
  10. Modelo:Quote publication
  11. A máquina do tempo. Traducido por Raúl Araya (1ª ed.). A Coruña: Toxosoutos. 2002. ISBN 8474660203 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  12. A illa do doutor Moreau. Traducido por Onofre Savaté (1ª ed.). Edicións Positivas. 2005. ISBN 84-87783-86-4 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  13. O home invisible. Traducido por Francisco Bedoya Díaz. Xerais. 1991 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  14. Ficha Arquivado 10 de decembro de 2017 en Wayback Machine. en BiTraGa. Traducido por Esther Sánchez Rodríguez e Gonzalo Constenla Bergueiro e publicado por Edición Xerais (Col. Xabarín, nº 55) en 1997.
  15. traducido por Alejandro Tobar e publicado pola Editorial Hugin e Munin en 2018.
  16. Salgado, Daniel. Sermos Galiza, ed. "O futurismo crítico de H.G. Wells". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2018. Consultado o 4 de abril de 2018. 
  17. Ficha Arquivado 11 de decembro de 2017 en Wayback Machine. en BITRAGA. Traducido por Celia Recarey e publicado por Irmás Cartoné en 2017.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar