Gregarismo
Un animal ou persoa gregaria é a que practica o gregarismo. Vén do latín gregarĭus.[1][2][3] Isto significa que segue unha tendencia de agruparse en mandas ou colonias (insectos eusociais), no caso dos animais, ou en grupos sociais, no caso das persoas, ou tamén que o ser precisa dun grupo para sentirse ben.
Filosoficamente dise que o ser humano non é nin completamente gregario, como as formigas ou as abellas, nin totalmente solitario, como os tigres ou os leopardos, senón que é máis complexo e tende a ser semigregario, é dicir, algúns dos seus impulsos e necesidades son sociais e outros son solitarios.
O gregarismo é unha relación intraespecífica que se dá cando os individuos dunha poboación se asocian e traballan xuntos para conseguir un obxectivo común.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gregario.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gregarismo.
- ↑ Entrada de gregario no dicionario Ir Indo[Ligazón morta]
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Russell, Bertrand (2002): Sociedad humana: ética y política, 3ª ed. Madrid: Ediciones Cátedra. ISBN 978-84-376-0458-9.