Grao sesaxesimal
Un grao sesaxesimal, ou sexaxesimal, corresponde a un ángulo central subtendido por un arco de lonxitude 1/360 de circunferencia, a nonaxésima parte dun ángulo recto. Non se debe confundir co grao centesimal.
Chamado comunmente simplemente grao, de símbolo, °, é orixinario da civilización babilónica. Para estabelecer o grao, os babilonios dividiron o círculo en 360 partes iguais, pois esa era a cantidade de días referente ao período dun ano e porque o seu sistema de numeración era de base sesenta. Outra herdanza dos babilonios é a división en minutos e segundos, e así temos o minuto sexaxesimal (′, arcmin), e o segundo sexaxesimal (″), que están definidos do seguinte xeito:
- 1º = 60′
- 1′ = 60″
Notación decimal
editarUnha cantidade en graos pódese expresar tranquilamente en forma decimal, sen recorrer a minutos nin segundos, separando a parte enteira da fraccionaria coa coma decimal. Por exemplo:
- 23,2345°
- 12,32°
- -50,265°
- 123,696°
Para pasar á notación sesaxesimal, collemos os decimais de grao, multiplicámolos por sesenta e obtemos os minutos. Se obtiveramos decimais nos minutos, tomariamos estes decimais e multiplicariámolos novamente por sesenta, obtendo así os segundos.
Notación sesaxesimal
editarPodemos expresar unha cantidade en graos, minutos e segundos, expresando as partes de grao inferiores ao segundo como parte decimal deste, por exemplo:
- 12°34′34″
- 13°3′23,8″
- 124°45′34,70″
- -2°34′10″
Como norma xeral de notación, non se deixan espazos entre as cifras.
Podemos pasar á forma decimal a medida dun ángulo en representación sesaxesimal tendo en conta que:
- 1’ = (1/60)°
- 1” = (1/60)′ = (1/3600)° = 0,00027778°
Así:
- 12°15′23″ = 12° 15(1/60)° 23(1/3600)° ≈ 12,25639°
Relación entre radiáns e graos
editarPartido de que unha circunferencia completa ten radiáns, e que unha circunferencia ten 360°, temos logo:
Facendo unha regra de tres chégase a que a relación de conversión de graos a radiáns é:
Logo temos que, para un ángulo x dado en graos, o seu equivalente X en radiáns é:
e ao revés, un ángulo X dado en radiáns, o seu equivalente x en graos é:
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Grao centesimal
- Radián
- Circunferencia
- Función trigonométrica
- Minuto de arco
- Regra da man dereita
- Segundo de arco
- Sistema decimal
- Sistema sesaxesimal