Gran Premio dos Estados Unidos de 1980
O Gran Premio dos Estados Unidos de 1980 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 5 de outubro de 1980 no circuíto de Watkins Glen de Watkins Glen, Nova York. Foi a 14ª carreira da tempada de Fórmula Un de 1980. Esta carreira tamén se coñece como o Gran Premio do leste dos Estados Unidos co fin de distinguila da Gran Premio do oeste dos Estados Unidos, celebrada o 30 de marzo de 1980 en Long Beach (California).
Nome oficial | XXIII Toyota United States Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio dos Estados Unidos |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1980 |
Distancia do evento | 59 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Watkins Glen (Dix (en) ) 42°20′13″N 76°55′38″O / 42.336944444444, -76.927222222222 |
País | Estados Unidos de América |
Data | 5 de outubro de 1980 |
Competición | |
Primeiro posto | Alan Jones |
Pole position | Bruno Giacomelli |
Volta máis rápida | Alan Jones |
Foi a última carreira da tempada 1980 de Fórmula Un. A carreira foi o 30 Gran Premio dos Estados Unidos, e o 20º e último durante nove anos, que se celebrou en Watkins Glen. A carreira disputouse sobre 59 voltas ao circuíto de 5´435 quilómetros para unha distancia total de carreira de 321 quilómetros.
A carreira foi gañada polo novo campión do mundo, o piloto australiano Alan Jones, pilotando un Williams FW07B. Foi a quinta vitoria de Jones da tempada oficial e o sexto dos sete Grandes Premios (incluíndo España e Australia) que ía gañar nesa tempada. Jones gañou por catro segundos sobre o seu compañeiro de equipo o arxentino Carlos Reutemann con piloto francés Didier Pironi terminando terceiro no seu Ligier JS11 / 15.
Resumo da carreira
editarA primeira tempada no Campionato de Frank Williams como escudaría e a undécima como propietario, terminou cunha nova vitoria do líder do equipo e novo campión do mundo de pilotos Alan Jones, este foi o último Gran Premio que se celebrou na histórica pista de Watkins Glen nos outeiros ao pé de Seneca Lake. A desaparición de Glen produciuse logo e que os intentos de rexurdir a pista demostraron non ser suficientes, as zonas de seguridade quedaron pequenas para as novas velocidades, e a asistencia non era a que fora, ata esta carreira estivera en dúbida ata xusto un mes antes.
Na fin de semana do último Gran Premio da tempada a gran sorpresa foi a clasificación do Alfa Romeo do italiano Bruno Giacomelli, que foi o máis rápido nas sesións do venres e sábado, cunha media de 208´502 km/h. O italiano logrou a única pole das súas 69 carreiras, e a primeira para Alfa Romeo desde 1951, logrouna por tres cuartos de segundo sobre un grupo formado por Nelson Piquet no Brabham, Carlos Reutemann no Williams, Elio de Angelis no Lotus e Jones no segundo Williams.
O día da carreira ameazaba choiva, pero non apareceu. Alain Prost, que completaba a súa primeira tempada de F1, sufría os efectos dun accidente na cualificación do sábado, e foi substituído despois da warmup polo holandés Jan Lammers. Ao comezo, Giacomelli saíu ben e lideraba na primeira curva. Jones pasou desde a quinta posición da grella ata a segunda posición entrando na curva un, pero non puido manter a súa progresión. Trompeou sobre a terra, recompúxose e continuou, terminando a primeira volta no décimo cuarto lugar.
Ao final da volta, Giacomelli abrira unha brecha con Piquet, seguido de Reutemann, Didier Pironi, de Angelis e Héctor Rebaque. En dúas voltas máis, o Alfa adiantouse dous segundos e medio. Mentres tanto, Jones estaba loitando para remontar, e na volta 7, xa estaba detrás do McLaren de John Watson, tratando de tomar o sétimo lugar. Watson mantívoo baixo control ata a décima volta, cando logrou pasalo, Jones foise a por de Angelis e Pironi.
Giacomelli seguiu marcando un ritmo uniforme, e a súa vantaxe era de dez segundos na volta 21, Reutemann ameazaba a Piquet, cuxos pneumáticos estaban empezando a desfalecer. Jones alcanzara a De Angelis, e na seguinte volta, estaba quinto.
A presión de Reutemann, e o aumento da falta de adherencia do Brabham, provocaron que finalmente Piquet, na volta 26, fixera un trompo na primeira curva. Na saída de pista danou un faldrón, e retirouse logo de chegar aos boxes. Tres voltas máis tarde, Jones pasou a Pironi poñéndose terceiro, o Ligier tamén sufría o desgaste dos pneumáticos.
O único coche entre Jones e o líder agora era o do seu compañeiro de equipo Reutemann, pero co campionato de pilotos xa en mans de Jones, non habería ordes de equipo. Pero o arxentino tiña subviraxe provocado polo desgastado pneumático dianteiro esquerdo, e Jones pasouno facilmente na volta 30 e puxo a súa mirada en Giacomelli, agora con 12 segundos de vantaxe. O Alfa Romeo vermello e branco correu ata deterse no inicio da volta 32 con problemas eléctricos. Unha vez á cabeza, Jones foi máis e máis rápido, para rematar facendo un 1:34.068 na volta 44, mellor que o seu tempo de cualificación.
Cando Watson entrou en boxes para substituír un amortecedor roto do seu McLaren, o favorito do público Mario Andretti entrou en posición de puntos. Un xogo de pneumáticos novos permitiu a René Arnoux capturar e pasar ao americano, pero unha faldrón roto freou o Renault, e Andretti foi capaz de recuperar o sexto posto para lograr o seu único punto da tempada.
O equipo Williams celebrou a culminación dun ano cun dobrete. A carreira viu non só o final das carreiras de Fórmula Un en Watkins Glen, tamén foi o último Gran Premio dos ex campións mundiais Emerson Fittipaldi e Jody Scheckter e a última carreira de Mario Andretti para Colin Chapman e Lotus.
Clasificación
editarCualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Difereza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 23 | Bruno Giacomelli | Alfa Romeo | 1:33.291 | - |
2 | 5 | Nelson Piquet | Brabham-Ford | 1:34.080 | .789 |
3 | 28 | Carlos Reutemann | Williams-Ford | 1:34.111 | .820 |
4 | 12 | Elio de Angelis | Lotus-Ford | 1:34.185 | .894 |
5 | 27 | Alan Jones | Williams-Ford | 1:34.216 | .925 |
6 | 16 | René Arnoux | Renault | 1:34.839 | 1.548 |
7 | 26 | Didier Pironi | Ligier-Ford | 1:34.971 | 1.680 |
8 | 6 | Héctor Rebaque | Brabham-Ford | 1:35.166 | 1.875 |
9 | 7 | John Watson | McLaren-Ford | 1:35.202 | 1.921 |
10 | 22 | Andrea de Cesaris | Alfa Romeo | 1:35.235 | 1.954 |
11 | 11 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 1:35.343 | 2.052 |
12 | 25 | Jacques Laffite | Ligier-Ford | 1:35.421 | 2.130 |
13 | 8 | Alain Prost | McLaren-Ford | 1:35.988 | 2.697 |
14 | 21 | Keke Rosberg | Fittipaldi-Ford | 1:36.332 | 3.041 |
15 | 50 | Rupert Keegan | Williams-Ford | 1:36.750 | 3.459 |
16 | 31 | Eddie Cheever | Osella-Ford | 1:36.908 | 3.607 |
17 | 9 | Marc Surer | ATS-Ford | 1:37.001 | 3.710 |
18 | 2 | Gilles Villeneuve | Ferrari | 1:37.040 | 3.749 |
19 | 20 | Emerson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 1:37.088 | 3.797 |
20 | 29 | Riccardo Patrese | Arrows-Ford | 1:37.405 | 4.114 |
21 | 4 | Derek Daly | Tyrrell-Ford | 1:37.923 | 4.632 |
22 | 3 | Jean-Pierre Jarier | Tyrrell-Ford | 1:37.966 | 4.675 |
23 | 1 | Jody Scheckter | Ferrari | 1:38.149 | 4.858 |
24 | 30 | Jochen Mass | Arrows-Ford | 1:38.526 | 5.535 |
25 | 14 | Jan Lammers | Ensign-Ford | 1:38.532 | 5.541 |
NSC | 43 | Mike Thackwell | Tyrrell-Ford | 1:51.102 | 17.811 |
NSC | 51 | Geoff Lees | Williams-Ford | - | - |
Carreira
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 27 | Alan Jones | Williams-Ford | 59 | 1:34:36.05 | 5 | 9 |
2 | 28 | Carlos Reutemann | Williams-Ford | 59 | 4.21 segs | 3 | 6 |
3 | 25 | Didier Pironi | Ligier-Ford | 59 | 12.57 segs | 7 | 4 |
4 | 12 | Elio de Angelis | Lotus-Ford | 59 | 29.69 segs | 4 | 3 |
5 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Ford | 58 | 1 volta | 12 | 2 |
6 | 11 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 58 | 1 volta | 11 | 1 |
7 | 16 | René Arnoux | Renault | 58 | 1 volta | 6 | |
8 | 9 | Marc Surer | ATS-Ford | 57 | 2 voltas | 17 | |
9 | 50 | Rupert Keegan | Williams-Ford | 57 | 2 voltas | 15 | |
10 | 21 | Keke Rosberg | Fittipaldi-Ford | 57 | 2 voltas | 14 | |
11 | 1 | Jody Scheckter | Ferrari | 56 | 3 voltas | 23 | |
NC | 7 | John Watson | McLaren-Ford | 50 | 9 voltas | 9 | |
Ret | 2 | Gilles Villeneuve | Ferrari | 49 | Accidente | 18 | |
NC | 3 | Jean-Pierre Jarier | Tyrrell-Ford | 40 | 19 voltas | 22 | |
Ret | 30 | Jochen Mass | Arrows-Ford | 36 | Transmisión | 24 | |
Ret | 23 | Bruno Giacomelli | Alfa Romeo | 31 | Eléctrico | 1 | |
Ret | 5 | Nelson Piquet | Brabham-Ford | 25 | Trompo | 2 | |
Ret | 6 | Héctor Rebaque | Brabham-Ford | 20 | Motor | 8 | |
Ret | 31 | Eddie Cheever | Osella-Ford | 20 | Suspensión | 16 | |
Ret | 29 | Riccardo Patrese | Arrows-Ford | 16 | Trompo | 20 | |
Ret | 14 | Jan Lammers | Ensign-Ford | 16 | Dirección | 25 | |
Ret | 20 | Emerson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 15 | Suspensión | 19 | |
Ret | 4 | Derek Daly | Tyrrell-Ford | 3 | Trompo | 21 | |
Ret | 22 | Andrea de Cesaris | Alfa Romeo | 2 | Accidente | 10 | |
NTS | 8 | Alain Prost | McLaren-Ford | Lesionado | 13 | ||
NSC | 43 | Mike Thackwell | Tyrrell-Ford | ||||
NSC | 51 | Geoff Lees | Williams-Ford |
Líderes por volta
editar- Líderes por volta: Bruno Giacomelli 31 voltas (1-31), Alan Jones 28 voltas (32-59)
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 5 mellores resultados das 7 primeiras carreiras e os 5 mellores resultados das últimas 7 carreiras contan para o campionato de pilotos. Números sen paréntesis son puntos no Campionato; os números entre paréntesis son os puntos totais anotados.
Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 1980 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1980 |
Carreira seguinte: Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1981 |
Carreira anterior: Gran Premio dos Estados Unidos de 1979 |
Gran Premio dos Estados Unidos | Carreira seguinte: Gran Premio dos Estados Unidos de 1989 |
Notas
editar- Rob Walker (xaneiro de 1981). "22nd United States Grand Prix: Final Round". Road & Track, 110-113.
Bibliografía
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio dos Estados Unidos de 1980 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |