Gran Premio do Reino Unido de 1998
O Gran Premio do Reino Unido de 1998 (oficialmente o LI RAC British Grand Prix) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 celebrada o 12 de xullo de 1998 no Circuíto de Silverstone, Silverstone, Northamptonshire, Inglaterra. Foi a novena rolda da tempada de Fórmula Un de 1998. A carreira de 60 voltas gañouna Michael Schumacher pilotando un Ferrari tras comezar desde a segunda posición. Mika Häkkinen, que comezou desde a pole position, terminou segundo con Eddie Irvine terceiro no outro Ferrari. A vitoria de Schumacher foi a cuarta da tempada, e a súa terceira vitoria consecutiva logo de gañar no Canadá e no Gran Premio de Francia, pero foi baixo circunstancias controvertidas, evitou un stop-and-go ao ingresar no pit lane para facelo na última volta, cruzando a liña de chegada no pit lane para gañar a carreira antes de chegar ao seu box, aínda que a penalozacoón foi posteriormente rescindida.
Nome oficial | LI RAC British Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio do Reino Unido |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1998 |
Distancia do evento | 60 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Silverstone (Silverstone) 52°04′30″N 1°01′00″O / 52.075, -1.0167 |
Lonxitude | 5,891 km |
País | Reino Unido |
Data | 12 de xullo de 1998 |
Competición | |
Primeiro posto | Michael Schumacher |
Pole position | Mika Häkkinen |
Volta máis rápida | Michael Schumacher |
Informe
editarClasificación
editarMika Häkkinen logoru a pole por case medio segundo sobre o seu rival Michael Schumacher. Jacques Villeneuve tomou a terceira posición, mentres que o compañeiro de equipo de Häkkinen, David Coulthard, clasificouse na cuarta posición. A Ralf Schumacher e Olivier Panis elimináronlles os tempos porque non puideron saír dos seus coches o suficientemente rápido durante un simulacro de seguridade da FIA, para practicar a evacuación da cabina en caso de incendio. Ralf Schumacher trompeou e calou o motor no inicio da clasificación e cualificou no coche de reposto, que estaba preparado para o seu compañeiro de equipo, Damon Hill.
Carreira
editarA choiva caeu durante a mañá antes da carreira. Aínda que a choiva parou antes do inicio, houbo unha mestura de zonas húmidas e secas no circuíto e, como resultado, todos menos dous coches comezaron con pneumáticos de composto intermedios. Os dous Stewart-Fords decidiron comezar con pneumáticos de seco.[1] A primeira retirada chegou logo de 13 voltas, cando Damon Hill perdeu o control na pista húmida mentres loitaba con Villeneuve polo sétimo lugar. Tras 16 voltas, comezou a chover novamente, e moitos pilotos montaron o pneumático de chuvia. Johnny Herbert trompeou e regresou á pista, pero danou o seu coche e retirouse ao chegar aos boxes.
David Coulthard, con intermedios, trompeou na volta 38 mentres pasaba a un dobrado. Jarno Trulli trompeou na mesma volta que Coulthard cando Barrichello trompeou e bateu contra o muro no Club na volta 40. O seu compañeiro de equipo de McLaren Mercedes Mika Häkkinen construíu unha vantaxe de 49 segundos sobre o segundo piloto, Michael Schumacher cando catro voltas despois saíuse do circuíto, fixo un trompo completo de 360º antes de continuar. O incidente danou o alerón dianteiro do seu coche e custoulle 10 segundos de ventaxe pero logo de varias voltas de empeoramento das condicións climatolóxicas, saíu o coche de seguridade que desacelerou os coches e eliminou por completo a vantaxe de Häkkinen sobre Schumacher.[2]
A carreira reiniciouse na volta 50 e só pasaron dúas voltas antes de que Häkkinen cometese outro erro, o que puxo a Schumacher á cabeza. O alemán rapidamente distanciose do seu rival, que agora estaba cuidaba o seu McLaren.
No entanto, dúas voltas antes do final, Schumacher recibiu unha penalización de stop & go por pasar Giancarlo Fisichella[3] co coche de seguridade na pista na volta 43. Tiña que entrar aos pits dentro de tres voltas para cumprir a súa penalización, o que fixo entrando no pit lane na última volta da carreira, pero ao facelo cruzou a liña de meta, que se estende ao longo do pit lane, antes de chegar ao seu boxs e gañou a carreira sen cumprir a penalización. O seu equipo argumentou que a penalización debería emitirse no prazo de 25 minutos logo do incidente, pero que foron informados logo de 31 minutos. Tamén argumentaron que a notificación manuscrita non estaba clara en canto a que penalización se emitiu realmente: un stop-and-go ou unha suma de 10 segundos ao tempo de carreira de Schumacher. Os comisarios entón decidiron aplicar a adición de 10 segundos despois da carreira. Con todo, a penalización de tempo adicional só se pode empregar para castigar unha infracción nas últimas 12 voltas dun Gran Premio, polo que non se aplicou aquí. Os comisarios eventualmente cancelaron a penalización por completo.[4] Presentouse unha protesta por parte de McLaren e Mercedes, que se sentían enganados por Ferrari por non ter Schumacher que cumprir a penalización, pero esta foi rexeitado pola FIA. Como resultado, os tres comisarios entregaron as súas licenzas nunha reunión extraordinaria do Consello Mundial da FIA.[5]
Clasificación
editarCualificación
editarCarreira
editarPosicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos na clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1998 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1998 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Austria de 1998 |
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 1997 |
Gran Premio do Reino Unido | Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1999 |
Notas
editar- ↑ Autosport.com: British Grand Prix Review
- ↑ BBC News:Schumacher wins British GP
- ↑ Lindsay, Alasdair. "Classic British Grand Prix: 1998". The Checkered Flag. Consultado o 10 de xullo 2018.
- ↑ "Scandal at Silverstone"
- ↑ "...but the stewards get the axe"
- ↑ 6,0 6,1 Os tempos de clasificación de Ralf Schumacher e Olivier Panis foron eliminados porque fallaron nun simulacro de seguridade da FIA.
- ↑ "1998 British Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Reino Unido de 1998 |