Gran Premio do Brasil de 1990
O Gran Premio do Brasil de 1990 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 25 de marzo de 1990 no circuíto de Interlagos de São Paulo. Foi a segunda carreira da tempada de 1990 e tamén foi o décimo noveno Gran Premio do Brasil e o noveno en Interlagos. O circuíto de São Paulo non albergaba o Gran Premio desde 1980 e o circuíto foi amplamente renovado e a lonxitude do circuíto reducida case á metade. A carreira disputouse sobre 71 voltas ao circuíto de catro quilómetros (fronte a 40 nas carreiras do circuíto orixinal), para unha carreira de 307 quilómetros.
Nome oficial | XIX Brazilian Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio do Brasil |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1990 |
Distancia do evento | 71 |
Localización e Datas | |
Localización | Autódromo José Carlos Pace (Cidade Dutra) 23°42′04″S 46°41′50″O / -23.701111111111, -46.697222222222 |
Lonxitude | 4,309 km |
País | Brasil |
Data | 25 de marzo de 1990 |
Competición | |
Primeiro posto | Alain Prost |
Pole position | Ayrton Senna |
Volta máis rápida | Gerhard Berger |
A carreira foi gañada por sexta vez polo campión do mundo reinante Alain Prost pilotando un Ferrari 641. O triunfo ampliou a marca de Prost como máximo vencedor do Gran Premio do Brasil. A marxe de vitoria de Prost foi de 13 segundos sobre o piloto austríaco Gerhard Berger que pilotaba un McLaren MP4/5B. O compañeiro de equipo de Berger, Ayrton Senna, foi terceiro.
Resumo da carreira
editarCualificación
editarO circuíto reconstruído que era a sede da carreira por primeira vez desde 1980 alterouse drasticamente, a pista fora acurtada en 3´5 km e perdeu moitas curvas rápidas e a recta Retao, que permitía aos pilotos de Fórmula 1 usar o acelerador a fondo durante 20 segundos.
Na pre-cualificación, o equipo de Life Racing Engines viu ao seu coche estalar a 400 metros logo de saír dos boxes, Gary Brabham afirmou que os mecánicos estaban en folga e negáranse a poñer gasolina no coche.[Cómpre referencia]
O heroe local Ayrton Senna logrou a súa 43ª pole position na carreira e liderou desde o principio. Gianni Morbidelli cualificou por primeira vez na súa carreira na Fórmula Un.
Carreira
editarLogo de cualificarse, o piloto de Williams Thierry Boutsen, 3º na grella, predixo que a Scuderia Ferrari na 3ª fila da grella serían os coches a bater, citando a súa transmisión semiautomática e o seu cambio semiautomático que permitían a Alain Prost e Nigel Mansell manter as súas mans no volante ao redor das curvas cheas de fochancas na parte posterior do circuíto.
Na primeira curva, Jean Alesi, Alessandro Nannini e Andrea de Cesaris engancháronse, eliminando a de Cesaris e obrigando ao piloto de Benetton a deterse para cambiar o morro. Na volta 8, Boutsen pasou a Berger para o segundo lugar, e Prost no Ferrari adiantou ao piloto de McLaren na volta 17. Mansell entrou nos boxes na volta 27 para poñer pneumáticos novos e tamén para inspeccionar unha barra estabilizadora rota, reincorporándose no noveno lugar.
A parada en boxes de Boutsen na volta 30 foi un desastre. Falláronlle os freos, e no pitlane, o Williams non puido parar e estrelouse contra un montón de pneumáticos que o equipo tiña apilados fora do garaxe. Isto requiriu un novo morro e cando reincorporouse, estaba na 11ª posición.
Prost presionaba, na volta 35 puxérase segundo a 10 segundos de Senna, e estaba agora por diante de Riccardo Patrese, Berger e Nelson Piquet. Cando Senna achegouse ao seu excompañeiro de equipo en Lotus, Satoru Nakajima, contactaron e o McLaren tivo que entrar en boxes a poñer un morro novo. Reincorporouse e loitou duramente, pero os reducidos niveis da carga aerodinámica fixeron o coche difícil conducir. Na volta 66, Patrese retirouse co refrixerador de aceite roto.
Prost obtivo o seu 40ª vitoria, e a súa primeira con Ferrari, por diante de Berger e un recuperado Senna. Mansell terminou nun excelente 4º, logo de conducir a través da pista cunha barra estabilizadora rota. Boutsen finalizou nun meritorio 5º posto e Piquet logrou o último punto fronte ao seu público en casa logo de pasar a Alesi, que sufría un severo desgaste dos pneumáticos logo de intentar correr sen parar cos seus Pirelli, na última volta.
Clasificación
editarPre Cualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 29 | Éric Bernard | Lola-Lamborghini | 1:23.763 | — |
2 | 30 | Aguri Suzuki | Lola-Lamborghini | 1:23.982 | 0.219 |
3 | 14 | Olivier Grouillard | Osella-Ford | 1:23.987 | 0.224 |
4 | 18 | Yannick Dalmas | AGS-Ford | 1:24.015 | 0.252 |
5 | 17 | Gabriele Tarquini | AGS-Ford | 1:24.265 | 0.502 |
6 | 33 | Roberto Moreno | EuroBrun-Judd | 1:25.763 | 2.000 |
7 | 31 | Bertrand Gachot | Coloni-Subaru | 1:34.046 | 10.283 |
8 | 34 | Claudio Langes | EuroBrun-Judd | 1:39.188 | 15.425 |
9 | 39 | Gary Brabham | Life | — | — |
Cualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 27 | Ayrton Senna | McLaren-Honda | 1:17.769 | 1:17.277 | — |
2 | 28 | Gerhard Berger | McLaren-Honda | 1:17.888 | 1:18.504 | 0.611 |
3 | 5 | Thierry Boutsen | Williams-Renault | 1:18.375 | 1:18.150 | 0.873 |
4 | 6 | Riccardo Patrese | Williams-Renault | 1:18.465 | 1:18.288 | 1.011 |
5 | 2 | Nigel Mansell | Ferrari | 1:18.509 | 1:19.475 | 1.232 |
6 | 1 | Alain Prost | Ferrari | 1:18.631 | 1:18.884 | 1.354 |
7 | 4 | Jean Alesi | Tyrrell-Ford | 1:19.230 | 1:18.923 | 1.646 |
8 | 23 | Pierluigi Martini | Minardi-Ford | 1:19.039 | 1:19.688 | 1.762 |
9 | 22 | Andrea de Cesaris | Dallara-Ford | 1:19.125 | 1:19.964 | 1.848 |
10 | 26 | Philippe Alliot | Ligier-Ford | 1:19.309 | — | 2.032 |
11 | 29 | Éric Bernard | Lola-Lamborghini | 1:19.406 | 1:21.024 | 2.129 |
12 | 8 | Stefano Modena | Brabham-Judd | 1:19.425 | 1:20.126 | 2.148 |
13 | 20 | Nelson Piquet | Benetton-Ford | 1:19.629 | 1:20.317 | 2.352 |
14 | 12 | Martin Donnelly | Lotus-Lamborghini | 1:20.032 | — | 2.755 |
15 | 19 | Alessandro Nannini | Benetton-Ford | 1:20.055 | 1:20.317 | 2.778 |
16 | 21 | Gianni Morbidelli | Dallara-Ford | 1:20.164 | 1:20.229 | 2.887 |
17 | 24 | Paolo Barilla | Minardi-Ford | 1:20.282 | 1:21.121 | 3.005 |
18 | 30 | Aguri Suzuki | Lola-Lamborghini | 1:20.557 | 1:21.086 | 3.280 |
19 | 3 | Satoru Nakajima | Tyrrell-Ford | 1:20.568 | 1:21.086 | 3.291 |
20 | 25 | Nicola Larini | Ligier-Ford | 1:20.650 | 1:20.794 | 3.373 |
21 | 14 | Olivier Grouillard | Osella-Ford | 1:21.292 | 1:20.884 | 3.607 |
22 | 7 | Gregor Foitek | Brabham-Judd | 1:20.965 | 1:20.902 | 3.625 |
23 | 9 | Michele Alboreto | Arrows-Ford | 1:20.920 | 1:21.002 | 3.643 |
24 | 11 | Derek Warwick | Lotus-Lamborghini | 1:21.244 | 1:20.998 | 3.721 |
25 | 10 | Alex Caffi | Arrows-Ford | 1:21.065 | 1:22.057 | 3.788 |
26 | 18 | Yannick Dalmas | AGS-Ford | 1:22.426 | 1:21.087 | 3.810 |
27 | 35 | Stefan Johansson | Onyx-Ford | 1:21.241 | 1:22.184 | 3.964 |
28 | 36 | JJ Lehto | Onyx-Ford | 1:21.323 | 1:21.417 | 4.046 |
29 | 16 | Ivan Capelli | Leyton House-Judd | 1:21.383 | 1:21.422 | 4.106 |
30 | 15 | Maurício Gugelmin | Leyton House-Judd | 1:21.616 | 1:22.862 | 4.339 |
Carreira
editarPosicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio dos Estados Unidos de 1990 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1990 |
Carreira seguinte: Gran Premio de San Marino de 1990 |
Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 1989 |
Gran Premio do Brasil | Carreira seguinte: Gran Premio do Brasil de 1991 |
Notas
editar- ↑ "1990 Brazilian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Brasil de 1990 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |