Gran Premio de México de 1987
O Gran Premio de México de 1987 de Fórmula 1 celebrouse na Cidade de México o 18 de outubro de 1987. A carreira, que foi a décimo cuarta da Fórmula Un de 1987. Foi o 11º Gran Premio de México e o segundo desde o regreso ao calendario do Mundial do Autódromo Irmáns Rodríguez, logo da súa renovación.
Nome oficial | Mexican Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de México |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1987 |
Distancia do evento | 63 |
Localización e Datas | |
Localización | Autódromo Hermanos Rodríguez (Iztacalco (pt) ) 19°24′15″N 99°05′19″O / 19.404197222222, -99.088747222222 |
Lonxitude | 4,304 km |
País | México |
Data | 18 de outubro de 1987 |
Competición | |
Primeiro posto | Nigel Mansell |
Pole position | Nigel Mansell |
Volta máis rápida | Nelson Piquet |
Resumo
editarA carreira disputouse durante un total de 63 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia de carreira de 279 quilómetros. A carreira dividiuse involuntariamente en dúas partes logo de que o piloto británico Derek Warwick chocara fortemente co seu Arrows A10 a gran velocidade na saída da curva Peraltada na volta 31. Os resultados das primeiras 30 voltas combináronse cos resultados da segunda carreira de 33 voltas para crear un resultado combinado.
A carreira foi gañada polo piloto británico Nigel Mansell pilotando un Williams FW11B. O tempo combinado de Mansell sobre as 63 voltas foi 26 segundos máis rápido que o seu compañeiro de equipo, o brasileiro e eventual campión do mundo de 1987, Nelson Piquet. Piquet en realidade foi o primeiro en chegar ao final da segunda manga, pero a vantaxe de Mansell sobre Piquet no momento do accidente de Warwick era substancialmente maior. Piquet atrasouse logo dunha colisión con Alain Prost (McLaren MP4/3) ao principio da carreira.
Foi a sexta e última vitoria nun Gran Premio de Mansell durante a tempada de 1987. Riccardo Patrese terminou en terceiro lugar pilotando un Brabham BT56. Foi o mellor resultado de Patrese desde que terminara terceiro no Gran Premio de Italia de 1984. Foi o segundo podio do ano para Brabham. Brabham só lograría outro podio antes da súa retirada en 1992.
O desgaste afectou fortemente á carreira e só quince coches tomaron a segunda saída da carreira. Ao final sobreviviron nove. O coches de aspiración natural do Jim Clark Trophy metéronse nos puntos con Philippe Alliot (Lola LC87) logrando o seu terceiro resultado top seis da tempada.
A vitoria de Mansell permitiulle achegarse a doce puntos do líder do campionato, o seu compañeiro de equipo. A falta de dúas carreiras, só os dous pilotos de Williams tiñan suficientes puntos para gañar o campionato.
Clasificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 5 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 63 | 1:26:24.207 | 1 | 9 |
2 | 6 | Nelson Piquet | Williams-Honda | 63 | 26.176 | 3 | 6 |
3 | 7 | Riccardo Patrese | Brabham-BMW | 63 | 1:26.879 | 8 | 4 |
4 | 18 | Eddie Cheever | Arrows-Megatron | 63 | 1:41.352 | 12 | 3 |
5 | 19 | Teo Fabi | Benetton-Ford | 61 | 2 voltas | 6 | 2 |
6 (1) | 30 | Philippe Alliot | Lola-Ford | 60 | 3 voltas | 24 | 1 |
7 (2) | 3 | Jonathan Palmer | Tyrrell-Ford | 60 | 3 voltas | 22 | |
8 (3) | 4 | Philippe Streiff | Tyrrell-Ford | 60 | 3 voltas | 25 | |
9 (4) | 29 | Yannick Dalmas | Lola-Ford | 59 | 4 voltas | 23 | |
Ret | 12 | Ayrton Senna | Lotus-Honda | 54 | Embrague | 7 | |
Ret | 16 | Ivan Capelli | March-Ford | 51 | Fuga auga | 20 | |
Ret | 21 | Alex Caffi | Osella-Alfa Romeo | 50 | Motor | 26 | |
Ret | 26 | Piercarlo Ghinzani | Ligier-Megatron | 43 | Fuaga auga | 21 | |
Ret | 23 | Adrián Campos | Minardi-Motori Moderni | 32 | Transmisión | 19 | |
Ret | 25 | René Arnoux | Ligier-Megatron | 29 | Temperatura | 18 | |
Ret | 17 | Derek Warwick | Arrows-Megatron | 26 | Accidente | 11 | |
Ret | 8 | Andrea de Cesaris | Brabham-BMW | 22 | Accidente | 10 | |
Ret | 28 | Gerhard Berger | Ferrari | 20 | Turbo | 2 | |
Ret | 20 | Thierry Boutsen | Benetton-Ford | 15 | Eléctrico | 4 | |
Ret | 24 | Alessandro Nannini | Minardi-Motori Moderni | 13 | Turbo | 14 | |
Ret | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 12 | Motor | 9 | |
Ret | 9 | Martin Brundle | Zakspeed | 3 | Turbo | 13 | |
Ret | 2 | Stefan Johansson | McLaren-TAG | 1 | Colisión | 15 | |
Ret | 11 | Satoru Nakajima | Lotus-Honda | 1 | Colisión | 16 | |
Ret | 10 | Christian Danner | Zakspeed | 1 | Colisión | 17 | |
Ret | 1 | Alain Prost | McLaren-TAG | 0 | Colisión | 5 | |
Source:[1]
|
Posicións logo da carreira
editar
|
|
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos nos catro grupos de clasificación.
Notas
editar- Os números entre parénteses refírense ás posicións dos participantes con motores normalmente aspirados que competían polo Jim Clark Trophy.
Carreira anterior: Gran Premio de España de 1987 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1987 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Xapón de 1987 |
Carreira anterior: Gran Premio de México de 1986 |
Gran Premio de México | Carreira seguinte: Gran Premio de México de 1988 |
Referencias
editar- ↑ "1987 Mexican Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de México de 1987 |
Ligazóns externas
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |