Gran Premio de Italia de 1991
O Gran Premio de Italia de 1991 (oficialmente Coca-Cola 62° Gran Premio d'Italia[1]) foi unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 8 de setembro de 1991 en Monza. Foi a duodécima carreira da tempada de Fórmula Un de 1991.
Nome oficial | Coca-Cola 62º Gran Premio d'Italia |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Italia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1991 |
Distancia do evento | 53 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Monza (Monza) 45°37′14″N 9°17′22″L / 45.620555555556, 9.2894444444444 |
Lonxitude | 5,793 km |
País | Italia |
Data | 8 de setembro de 1991 |
Competición | |
Primeiro posto | Nigel Mansell |
Pole position | Ayrton Senna |
Volta máis rápida | Ayrton Senna |
A carreira de 53 voltas foi gañada por Nigel Mansell, pilotando un Williams - Renault, logo de que comezase desde a segunda posición. Ayrton Senna terminou segundo nun McLaren - Honda, partindo desde a pole position, con Alain Prost terceiro nun Ferrari.
Informe
editarA gran noticia entre os Grandes Premios de Béxica e Italia viraba en torno ao mozo Michael Schumacher, que debutara no Jordan no Bélxica. Schumacher asinara con Benetton mentres aínda estaba baixo contrato con Jordan. Logo de moitas disputas legais, o alemán foi confirmado en Benetton, mentres que Roberto Moreno tomou o lugar de Schumacher en Jordan. Michael Bartels volveu a Lotus, xa que Johnny Herbert tiña máis compromisos na Fórmula 3000 xaponesa.
En cualificación, Ayrton Senna logrou a pole novamente, co seu rival ao título, Nigel Mansell en segundo lugar, e o inglés queixándose do tráfico nas súas últimas dúas voltas rápidas. Gerhard Berger foi terceiro, seguido de Riccardo Patrese, Alain Prost, Jean Alesi, Schumacher, Nelson Piquet, no seu 200º Gran Premio, Moreno e Pierluigi Martini, no Minardi motorizado por Ferrari.
Ao principio, Senna escapouse de Mansell, Berger, Patrese e Alesi, e todos lograron superar a dobre chicana de Rettifilo. Moreno foi unha das primeiras baixas xa que se saíu na volta 2.
Patrese comezou a atacar, primeiro desfíxose de Berger, e logo de Mansell. Na volta 26 pasou a Senna na chicana de Ascari, pero na volta seguinte unha falla na caixa de cambios sacouno da carreira. Senna agora lideraba diante de Mansell e Berger, con Mansell presionando a Senna para o liderado, e na volta 34 tomouno cunha manobra de freada perfectamente sincronizada ao entrar na chicana Ascari. Senna procedeu a cambiar pneumáticos e saíu no quinto lugar, pero non estaba de humor para quedar alí. Senna procedeu a pasar Schumacher entrando en Ascari, e logo pasando a Berger na primeira curva, e volveu ao segundo posto pasando ao seu archirival Prost entrando na segunda chicana. Mansell, mentres tanto, achegouse á vitoria diante de Senna, Prost, Berger, Schumacher e Piquet, Alesi retirouse co motor rebentado. Con catro carreiras por diante, Senna aínda lideraba sobre Mansell por 18 puntos, pero esta carreira confirmou que Mansell e Williams poderían vencer ao McLaren de Senna nunha pelexa directa.
Clasificación
editarCualificación previa
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 8 | Mark Blundell | Brabham-Yamaha | 1:24.271 | |
2 | 7 | Martin Brundle | Brabham-Yamaha | 1:25.117 | 0.846 |
3 | 14 | Olivier Grouillard | Fondmetal-Ford | 1:25.556 | 1.285 |
4 | 9 | Michele Alboreto | Footwork-Ford | 1:25.771 | 1.500 |
5 | 18 | Fabrizio Barbazza | AGS-Ford | 1:27.392 | 3.121 |
6 | 17 | Gabriele Tarquini | AGS-Ford | 1:27.401 | 3.130 |
7 | 10 | Alex Caffi | Footwork-Ford | 1:27.608 | 3.337 |
8 | 31 | Pedro Chaves | Coloni-Ford | — | — |
Cualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Ayrton Senna | McLaren-Honda | 1:21.114 | 1:21.245 | |
2 | 5 | Nigel Mansell | Williams-Renault | 1:21.328 | 1:21.247 | 0.133 |
3 | 2 | Gerhard Berger | McLaren-Honda | 1:21.360 | 1:21.346 | 0.232 |
4 | 6 | Riccardo Patrese | Williams-Renault | 1:21.619 | 1:21.372 | 0.258 |
5 | 27 | Alain Prost | Ferrari | 1:22.080 | 1:21.825 | 0.711 |
6 | 28 | Jean Alesi | Ferrari | 1:21.956 | 1:21.890 | 0.776 |
7 | 19 | Michael Schumacher | Benetton-Ford | 1:22.471 | 1:22.553 | 1.357 |
8 | 20 | Nelson Piquet | Benetton-Ford | 1:23.176 | 1:22.726 | 1.612 |
9 | 32 | Roberto Moreno | Jordan-Ford | 1:23.102 | 1:23.447 | 1.988 |
10 | 23 | Pierluigi Martini | Minardi-Ferrari | 1:23.294 | 1:23.789 | 2.180 |
11 | 8 | Mark Blundell | Brabham-Yamaha | 1:23.473 | 1:24.400 | 2.359 |
12 | 16 | Ivan Capelli | Leyton House-Ilmor | 1:23.674 | 1:24.755 | 2.560 |
13 | 4 | Stefano Modena | Tyrrell-Honda | 1:24.457 | 1:23.701 | 2.587 |
14 | 33 | Andrea de Cesaris | Jordan-Ford | 1:24.060 | 1:23.921 | 2.807 |
15 | 3 | Satoru Nakajima | Tyrrell-Honda | 1:24.464 | 1:24.265 | 3.151 |
16 | 21 | Emanuele Pirro | Dallara-Judd | 1:24.584 | 1:24.282 | 3.168 |
17 | 24 | Gianni Morbidelli | Minardi-Ferrari | 1:24.287 | 1:25.223 | 3.173 |
18 | 15 | Maurício Gugelmin | Leyton House-Ilmor | 1:24.391 | 1:25.023 | 3.277 |
19 | 7 | Martin Brundle | Brabham-Yamaha | 1:24.713 | 1:24.643 | 3.529 |
20 | 22 | JJ Lehto | Dallara-Judd | 1:24.733 | 1:24.725 | 3.611 |
21 | 25 | Thierry Boutsen | Ligier-Lamborghini | 1:26.133 | 1:25.177 | 4.063 |
22 | 26 | Érik Comas | Ligier-Lamborghini | 1:25.478 | 1:25.420 | 4.306 |
23 | 34 | Nicola Larini | Lambo-Lamborghini | 1:25.717 | 1:25.934 | 4.603 |
24 | 29 | Éric Bernard | Lola-Ford | 1:26.325 | 1:25.871 | 4.757 |
25 | 11 | Mika Häkkinen | Lotus-Judd | 1:26.701 | 1:25.941 | 4.827 |
26 | 14 | Olivier Grouillard | Fondmetal-Ford | 1:26.416 | 1:26.805 | 5.302 |
27 | 9 | Michele Alboreto | Footwork-Ford | 1:26.563 | 1:27.198 | 5.449 |
28 | 12 | Michael Bartels | Lotus-Judd | 1:27.169 | 1:26.829 | 5.715 |
29 | 35 | Eric van de Poele | Lambo-Lamborghini | 1:27.110 | 1:27.099 | 5.985 |
30 | 30 | Aguri Suzuki | Lola-Ford | 1:27.257 | 18:14.470 | 6.143 |
Carreira
editarPosicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
editar- ↑ "Motor Racing Programme Covers: 1991". The Programme Covers Project. Consultado o 13 de novembro de 2017.
- ↑ "1991 Italian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015.
- Henry, Alan (1991). AUTOCOURSE 1991-92. Hazleton Publishing. pp. 206–207. ISBN 0-905138-87-2.
Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1991 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1991 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Portugal de 1991 |
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1990 |
Gran Premio de Italia | Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1992 |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Italia de 1991 |
Ligazóns externas
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |