Gran Premio de Europa de 1997
O Gran Premio de Europa de 1997 (oficialmente o XLII Gran Premio de Europa) foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 26 de outubro de 1997 no Circuíto Permanente de Jerez, Xerez, España. Foi a décimo sétima carreira da tempada de Fórmula Un de 1997. Orixinalmente programado como Gran Premio de Portugal no circuíto do Estoril, mudouse cando os xestores de Estoril tiveron dificultades económicas. A carreira de 69 voltas gañouna Mika Häkkinen nun McLaren, a súa primeira vitoria na Fórmula Un. O seu compañeiro de equipo David Coulthard rematou en segundo lugar e o piloto de Williams quedou terceiro, o que lle foi suficiente para gañar o Campionato do Mundo. Ata 2017, estes foron os últimos Campionatos do Mundo de Pilotos e Construtores de Williams.
Nome oficial | XLII European Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Europa |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1997 |
Distancia do evento | 69 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Permanente de Jerez (Xerez da Fronteira) 36°42′30″N 6°02′03″O / 36.708333333333, -6.0341666666667 |
País | España |
Data | 26 de outubro de 1997 |
Competición | |
Primeiro posto | Mika Häkkinen |
Pole position | Jacques Villeneuve |
Volta máis rápida | Heinz-Harald Frentzen |
Michael Schumacher, pilotando para Ferrari, lideraba o campionato por un só punto diante de Villeneuve antes da carreira. Durante a carreira Villeneuve e Schumacher chocaron mentres loitaban polo liderado, o dano resultante no coche de Schumacher obrigouno a retirarse. A culpa do incidente foi posteriormente atribuída a Schumacher polo órgano de goberno do deporte, a Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e foi eliminado do seu segundo posto no campionato. As tácticas de Schumacher foron amplamente criticadas polos medios, incluíndo publicacións baseadas no seu país natal, Alemaña e no país de Ferrari, Italia.
Despois da carreira, Williams e McLaren foron acusados de pactar para decidir a orde final. Villeneuve afirmou que "era mellor deixarlles pasar e gañar o Campionato do Mundo". A FIA determinou que non había probas para apoiar as reivindicacións e desestimou as acusacións.
Informe
editarAntecedentes
editarOrixinalmente programado como Gran Premio de Portugal no circuíto de Estoril, a carreira trasladouse ao circuíto de Jerez cando a xestión de Estoril tivo dificultades económicas.[1] A carreira engadiuse ao calendario despois do Xapón porque o fornecedor de motores Renault non quería que a súa última carreira na Fórmula 1 fora no Xapón.[2] Chegando á derradeira carreira da tempada, dous pilotos aínda estaban en disputa polo Campionato Mundial de Pilotos de Fórmula Un. O piloto Michael Schumacher, da Scuderia Ferrari, lideraba con 78 puntos. O piloto de Williams Jacques Villeneuve era segundo con 77 puntos, un punto por detrás de Schumacher. Detrás de Schumacher e Villeneuve no Campionato de Pilotos, Heinz-Harald Frentzen era terceiro con 41 puntos no outro Williams, con Jean Alesi e David Coulthard con 36 e 30 puntos respectivamente.[3] Villeneuve gañara dúas carreiras máis que Schumacher durante a tempada, o que significaba que no caso de empate a puntos, Villeneuve sería campión do mundo.
Villeneuve tiña que rematar a carreira puntuando (os puntos adxudicábanse aos seis primeiros pilotos) e por diante de Schumacher para converterse no campión mundial de pilotos. Schumacher sería campión do mundo se terminaba por diante de Villeneuve, ou se Villeneuve non conseguía puntuar.
No Campionato Mundial de Construtores de Fórmula Un, Williams lideraba con 118 puntos e Ferrari era segundo en 100. Williams logrou o título de construtores antes da carreira, aínda que Ferrari terminase primeiro e segundo na carreira, logrando 16 puntos, e os dous coches Williams non conseguiran puntuar, non podían vencer a Williams.[3]
Tras o Gran Premio do Xapón de 1997 o 12 de outubro, os equipos realizaron sesións de proba en varios lugares do mundo. Williams, Benetton, Sauber, Jordan e McLaren realizáron unha sesión de proba no Circuíto de Silverstone. Williams, Sauber e Jordan probaron coches coas especificación de 1998, en preparación para a tempada 1998. Arrows realizou probas no circuíto Circuíto de Nevers Magny-Cours, realizando un desenvolvemento de pneumáticos de chuvia co fornecedor de pneumáticos Bridgestone co circuíto inundado para simular condicións climáticas de chuvia. Prost realizou probas no Circuíto de Barcelona-Cataluña e realizou probas de pneumáticos para Bridgestone, ademais de probar o seu coche coas especificacións de 1998. Ferrari permaneceu no circuíto de Suzuka probando un diferencial electrónico usado polo seu piloto Eddie Irvine na carreira anterior.[4]
Práctica e cualificación
editarCatro sesións de práctica realizáronse antes da carreira do domingo, as do venres de 11:00 a 12:00 e de 13:00 a 14:00 hora central de verán (CES) (UTC) 2 e as dous do sábado pola mañá celebrado de 09:00 a 09:45 e de 10:15 a 11:00 Tempo central europeo de verán.[5] Nas primeiras dúas sesións de prácticas, o piloto de Prost Olivier Panis marcou o tempo máis rápido cunha volta de 1 minuto e 22.735 segundos, unha décima de segundo máis rápido que o piloto de Arrows Damon Hill. Villeneuve e Rubens Barrichello foron terceiro e cuarto. Mika Häkkinen e Coulthard, fixeron o quinto e oitavo tempo máis rápidos respectivamente para McLaren, estiveron separados por Frentzen e Alesi. Michael Schumacher e Ralf Schumacher completaron o top ten.[6]
Nas dúas últimas sesións prácticas, Coulthard logrou a volta máis rápida cun tempo de 1:20.738, Häkkinen terminou co segundo tempo máis rápido. Os pilotos de Williams foron rápidos: Villeneuve terceiro e Frentzen sexto. Panis caeu ao cuarto lugar por diante de Gerhard Berger, os seus mellores tempos separados por unha décima de segundo. Estaban por diante do piloto de Stewart, Jan Magnussen, Shinji Nakano de Prost, Hill e Alesi.[6]
A sesión de cualificación celebrouse o sábado pola tarde e durou unha hora entre as 13:00 a 14:00 horas do CEST, permitindo que cada piloto ata doce voltas cronometradas, coa súa volta rápida utilizada para determinar a súa posición na grella. Os coches foron cronometrados usando un sistema de sincronización TAG Heuer, que medía a unha precisión dunha milésima de segundo.[7] Ao final da sesión, os tres pilotos máis rápidos fixaran o mesmo tempo, a primeira vez que isto ocorreu no historia do Campionato do Mundo.[8] Jacques Villeneuve foi o primeiro en definir un tempo de 1:21.072, aos catorce minutos da sesión dunha hora. Outros catorce minutos despois, Michael Schumacher marcou un tempo idéntico. A falta de nove minutos para rematar a sesión, Heinz-Harald Frentzen cruzou a liña, outra vez cun tempo de 1:21.072. De conformidade coa normativa, no caso de que os pilotos fixen o mesmo tempo na cualificación, considéranse a orde en que se fixaron os tempos, co primeiro piloto establecendo a prioridade. Villeneuve adxudicouse a pole position na grella inicial para a carreira, con Schumacher segundo e Frentzen terceiro. O cuarto lugar na grella foi para o vixente Campión do Mundo, Damon Hill, no seu Arrows, cun tempo de 1:21.130, 0´058 segundos por detrás dos tres primeiros. Hill estivo a piques de obter a pole position pero tivo que retroceder no final da volta debido ás bandeiras amarelas debido a un incidente que implicaba ao Minardi de Ukyo Katayama.
Carreira
editarA carreira tivo lugar pola tarde a partir das 14:00 horas o clima era seco e asollado. Villeneuve comezou a carreira na pole position, con Schumacher na segunda posición. Poucos momentos antes do inicio da carreira, un líquido azul saíu do Williams de Villeneuve. Con todo, isto non influíu no seu coche durante a carreira. A saída de Schumacher ao comezo foi mellor que a de Villeneuve e lideraba no momento en que chegaron á primeira curva. Schumacher lideraría 40 das primeiras 47 voltas da carreira[9] Frentzen tamén fixo unha mellor saída que Villeneuve e superouno. Baixo as ordes do equipo Williams, na volta oito Frentzen deixou pasar ao seu compañeiro de equipo Villeneuve. Schumacher fixo o seu primeiro pit-stop na volta 22 e Villeneuve fixo a súa primeira parada na seguinte volta. Ambos mantiveron as súas posicións. Durante a primeira rolda de pitstops, os McLarens intercambiaron prazas con David Coulthard e liderou Mika Häkkinen e Frentzen caeu en quinta posición por detrás deles. A orde dos líderes tras a segunda rolda de pitstops na volta 43 e volta 44 mantivose igual pero con Villeneuve máis preto de Schumacher.
Villeneuve entrou na volta 48 a menos dun segundo por detrás de Schumacher. A metade da volta, intentou superar a Schumacher na curva de "Dry Sack". Freou máis tarde que Schumacher, Villeneuve mantivo a liña interna e estaba adiante na pista cando Schumacher volveuse a provocando unha colisión. O entón reporteiro en boxes da ITV James Allen, observou que as gravacións de a bordo mostran a Schumacher virando o volante a esquerdo antes de virar á dereita contra Villeneuve.[10] Martin Brundle, na cabina de comentaristas xunto a Murray Walker, viu de inmediato que o movemento de Schumacher fora deliberado, dicindo: "Iso non funcionou Michael. Golpeachelo na parte equivocada, amigo meu".[11] A roda dianteira dereita do Ferrari de Schumacher golpeou a parte esquerda do radiador do Williams de Villeneuve, a diferenza da colisión de 1994 con Hill en 1994 no Gran Premio de Australia, onde Schumacher causou danos na suspensión de Hill, fixo que Schumacher se retirase. Villeneuve describiu o incidente logo da carreira "O coche sentiuse moi estraño. O golpe foi moi duro. Non foi algo pequeno".[12] Continuou pero o dano ao seu automóbil significou que era máis lento que os coches que viñan detrás.
No momento do incidente, faltaban 22 voltas. O ritmo máis lento do automóbil de Villeneuve significou que na última volta, fora atrapado por ambos McLarens, Häkkinen recuperara o segundo posto de Coulthard baixo ordes de equipo. Despois da carreira, Villeneuve afirmou que "Non loitei entón. Era mellor deixarlles pasar e gañar o Campionato do Mundo. Foi un bo cambio".[12] Gerhard Berger no cuarto lugar (no que resultou ser o seu derradeiro Gran Premio) tamén estaba atrapando a Villeneuve pero non o pasou antes de cruzar a meta. A marxe final entre Villeneuve e Berger foi de 0´116 segundos. O terceiro lugar significou que Villeneuve terminou por diante de Schumacher no campionato de pilotos por 3 puntos e foi campión do mundo. A vitoria de Häkkinen foi a primeira da súa carreira.
Post-carreira
editarColisión de Schumacher / Villeneuve
editarAntes da carreira en Xerez, o presidente da FIA, Max Mosley, prometera castigar a todos os que intentasen influenciar o resultado do campionato. Os responsables da carreira emitiron un comunicado logo da carreira afirmando que "concluíran unánimemente que fora un accidente de carreiras e non se necesitaba realizar máis accións".[13] Con todo, Schumacher foi posteriormente convocado a unha audiencia disciplinaria pola FIA e o 11 de novembro de 1997, anunciouse que Schumacher sería descualificado do Campionato Mundial de 1997. Isto significou que perdeu o segundo posto na clasificación xeral en favor de Heinz-Harald Frentzen, pero mantivo as súas vitorias nas carreira e outros resultados e non sería multado nin afrontaría ningún outro castigo na seguinte tempada. Max Mosley afirmou que o xurado "concluíu que aínda que as accións foran deliberadas non estaban premeditadas".[14] Schumacher tamén foi obrigado a participar nunha campaña de seguridade vial durante a tempada de 1998.[15]
Ferrari tamén escapou impune a pesar de que o artigo 123 do Código Deportivo Internacional da FIA indica: "O equipo será responsable de todos os actos ou omisións por parte do piloto". Baixo esta regra, que nunca foi invocada por un incidente de condución, Ferrari podería ser castigado por non controlar ao seu piloto. Cando se lle preguntou sobre o tema, Max Mosley dixo que o Consello Mundial decidira non invocar o artigo 123. Outra cuestión que o Consello Mundial non tivo en conta foi a existencia ou non de ningunha sanción pública contra os comisarios de Xerez que desestimaran o incidente entre Schumacher e Villeneuve, que segundo se alegou, foi un incumprimento do seu deber.[16]
Reacción dos medios
editarOs xornais alemáns estaban entre os moitos de toda Europa que atacaron a Schumacher. Bild dixo "Schumacher foi o culpable do accidente". "Apostou forte e perdeu todo: o Campionato do Mundo e a súa reputación de fair play. Non hai dúbida de que quería sacar a Villeneuve". O "Frankfurter Allgemeine" chamouno "un kamikaze sen honra" e comentou que "o monumento empeza a romper porque os fundamentos son defectuosos". Unha estación de televisión alemá pediu aos fanáticos as súas opinións e recibiu as opinións de 63.081 votos. O 28% dixeron que xa non podían soportar a Schumacher.[17]
En Italia houbo unha gran condena a Schumacher. O diario l'Unità pediu que fose despedido por Ferrari. "Schumacher debe enfrontar cargos nun tribunal español pola grave acción que cometeu", informou. "O piloto cubriuse a si mesmo, Ferrari e ao deporte italiano no seu conxunto de vergonza. Estamos esperando a que Ferrari anuncie que descarta a Michael Schumacher e contrata un novo piloto máis intelixente, con máis sabedoría e un verdadeiro sentido da moral.[17]
La Repubblica informou que "ver desaparecer un título mundial logo de esperar 18 anos é o suficientemente triste. Pero ver como se esfuma co movemento de Michael Schumacher lamentablemente é moito peor. É vergoñento". A Gazzetta dello Sport dixo que se Ferrari gañara o título sería "un título para esconderse" e dixo que prefería continuar esperando o día no que "a nosa paixón por Ferrari teña un final feliz."[17] Mesmo "La Stampa", o xornal pertencente á familia Agnelli, que tamén controla a Ferrari, dixo "A súa imaxe como un campión rompeu, como un vaso golpeado por unha pedra".
Circuíto de Xerez
editarO 12 de decembro de 1997, o Consello Mundial do Automóbil determinou que o alcalde de Xerez, Pedro Pacheco, interrompira a cerimonia do podio. Orixinalmente, o veredicto foi que non se concederían outras carreiras de Fórmula Un á pista. Non obstante, cando o señor Pacheco compareceu ante o WMSC, esta resolución revocouse.[18]
As persoas elixidas para presentar os trofeos dependían do resultado da carreira, co presidente de Daimler-Benz Jürgen Schrempp só disposto a facer unha entrega a un piloto de McLaren-Mercedes. Cando os McLarens de Häkkinen e Coulthard pasaron ao Williams de Villeneuve na última volta, significou que podería entregar o trofeo para a primeira ou segunda posición ou o trofeo de gañador de construtores. Houbo algunha confusión debido aos últimos cambios na posición e mentres o alcalde e o presidente da rexión entregaron os trofeos, Schrempp non fixo nada. O presidente da FIA, Max Mosley, anunciou máis adiante que "a perturbación provocou vergoña e inconvenientes aos que presentaban os trofeos e, polo tanto, non se realizarían roldas posteriores do Campionato do Mundo da Fórmula 1 no circuíto de Xerez".[19] Ata 2017, esta carreira foi a última vez que o Circuíto Permanente de Xerez organizou un Gran Premio de Fórmula Un, aínda que celebrou moitos días de probas de pretempada.
Accións de colusión
editarMurray Walker: Unha caixa de champaña de Ferrari a Sauber para Norberto Fontana. Porque o arxentino recentemente chegado da Fórmula 3 realmente axudou a Michael Schumacher no seu camiño.
Martin Brundle: ¿Que motores conseguiron en Sauber, Murray? Non é un Ferrari? Murray Walker: Ben, si. Martin, vostede é un tipo cínico. |
O 8 de novembro, o xornal The Times publicou un artigo acusando a Williams e McLaren de pactar o final do Gran Premio.[20] As reclamacións do artigo foron baseadas nas gravacións das transmisións de radio realizadas polos dous equipos.[21] O Consello Mundial da FIA rexeitou as alegacións cando o asunto foi interposto ante eles. O presidente da FIA, Max Mosley, declarou "Está claro que o resultado da carreira non se pactou. Non había acordos entre McLaren e Williams de que Mika Häkkinen ía gañar. Podían demostrar moi claramente que non era o caso."[22]
En 2006, Norberto Fontana afirmou nunha entrevista no xornal arxentino Olé[23] que unhas horas antes do Gran Premio o director do equipo de Ferrari Jean Todt visitou a autocaravana de Sauber e díxolle ao equipo suízo, que usaba os motores de Ferrari naquel momento, que os Saubers debían bloquear a Jacques Villeneuve se estaban en condicións de facelo para axudar a Michael Schumacher a gañar o Campionato do Mundo.
O dono e director do equipo Sauber naquel momento, Peter Sauber negou estas acusacións e dixo: "Ferrari nunca expresou o desexo de que obstruíramos a un adversario de Schumacher na pista".[24]
En 2014 David Coulthard deu unha entrevista a Charles Bradley en Autosport, onde afirmou que de feito había un acordo entre McLaren e Williams. "Ron Dennis fixera ese trato con Frank Williams, e ningún de nos sabía nada, se axudamos a Williams na súa procura de vencer a Ferrari, eles non entrarían no xeito de axudar a McLaren. Ron probablemente aínda negaríao hoxe. Isto é o que pasou ".[25]
Clasificación
editarCualificación
editarCarreira
editarPosicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. A clasificación do Campionato de Pilotos é exacta ao final da carreira. Michael Schumacher foi posteriormente descualificado do campionato, aínda que os seus puntos e resultados permanecen rexistrados.
- Texto en grosa indica Campionato do Mundo de 1997.
Carreira anterior: Gran Premio do Xapón de 1997 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1997 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Australia de 1998 |
Carreira anterior: Gran Premio de Europa de 1996 |
Gran Premio de Europa | Carreira seguinte: Gran Premio de Europa de 1999 |
Notas
editar- ↑ "Portugal is off!". Grandprix.com. Inside F1. 28 de xullo de 1997. Consultado o 22 de xuño de 2011.
- ↑ "Formula One - The road to Jerez". BBC News (BBC). 25 de outubro de 1997. Consultado o 28 de maio de 2014.
- ↑ 3,0 3,1 "F1 Points Tables - 1997". crash.net. Crash Media Group. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2016. Consultado o 12 de xaneiro de 2016.
- ↑ "The last major tests of the season". GrandPrix.com. 20 de outubro de 1997. Consultado o 28 de maio de 2014.
- ↑ Domenjoz, Luc (1997). Formula 1 Yearbook - 1997-98 (8th ed.). Parragon. p. 220. ISBN 0-7525-2386-4.
119. A práctica libre terá lugar:
a) dous días (Mónaco: tres días) antes da carreira de 11:00 a 12:00 e de 13:00 a 14:00.
b) o día anterior á carreira de 09:00 a 09:45 e de 10:15 a 11:00 - ↑ 6,0 6,1 "Gale Force 97 - European Grand Prix". Gale Force F1. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2006. Consultado o 28 de maio de 2014.
- ↑ "The Art of Timing". Atlas F1. 10 de febreiro de 1999.
- ↑ Henry, Alan (ed) Autocourse 1997-1998 p.239 Hazleton Publishing ISBN 1-874557-47-0
- ↑ Siano, Joseph (27 de outubro de 1997). "Auto Racing - Yesterday - European Grand Prix - Auto Racing - Yesterday - European Grand Prix - Villeneuve Captures Formula One Title". NYTimes.com. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ Allen, James (2000) Michael Schumacher : Driven to Extremes p.26 Bantam Books This is also noted in The Concise Encyclopedia of Formula One p.195
- ↑ "YouTube". Uk.youtube.com. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ 12,0 12,1 "Grand Prix Results: European GP, 1997". GP Encyclopedia. www.grandprix.com. Consultado o 29 de outubro de 2006.
- ↑ "1997 Grand Prix of Europe". GP Race Report. www.gpracing.net192.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2006. Consultado o 29 de outubro de 2006.
- ↑ "Schumacher loses championship runner-up crown". BBC News. 11 de novembro de 1997. Consultado o 28 de outubro de 2006.
- ↑ Thompson, Jack (12 de novembro de 1997). "Schumacher Gets Slap on Wrist". Chicago Tribune. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2014. Consultado o 28 de maio de 2014.
- ↑ "The FIA ignores its own rules". Grandprix.com. Inside F1. 17 de novembro de 1997. Consultado o 29 de outubro de 2006.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 "The lost honor of Michael Schumacher". www.grandprix.com. Consultado o 29 October 2006.
- ↑ Autosport magazine, 26 de xullo de 2007, page 8
- ↑ "Goodbye Jerez!". www.grandprix.com. Consultado o 29 de outubro de 2006.
- ↑ F1 Racing magazine, decembro de 1997 issue, page 18, British edition as imported to America
- ↑ "Race-rigging or press manipulation?". www.grandprix.com. 10 de novembro de 1997. Consultado o 21 de novembro de 2006.
- ↑ "A decent decision". www.grandprix.com. 17 de novembro de 1997. Consultado o 21 de novembro de 2006.
- ↑ "The truth will out?". www.grandprix.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2006. Consultado o 29 de outubro de 2006.
- ↑ "Sauber contradicts Fontana". www.grandprix.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2006. Consultado o 29 de outubro de 2006.
- ↑ Autosport magazine, 13 de marzo de 2014 issue, page 46
- ↑ "1997 European Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Europa de 1997 |