Gran Premio de España de 1994
O Gran Premio de España de 1994 foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 29 de maio de 1994 no Circuíto de Cataluña, Barcelona. Foi o 36º Gran Premio de España desde que se celebrou o primeiro en Guadarrama en 1913. Foi o cuarto que se celebrou no Circuíto de Cataluña. A carreira de 65 voltas foi a quinta rolda da tempada 1994 de Fórmula Un e foi gañada polo piloto británico Damon Hill, pilotando un Williams FW16, obtendo a súa primeira vitoria da tempada. Tamén foi a primeira vitoria da tempada para Williams, e un triunfo catártico para o equipo aínda conmocionado pola morte de Ayrton Senna unhas semanas antes no Gran Premio de San Marino de 1994. Hill gañou por 24 segundos sobre o piloto alemán Michael Schumacher, quen durante a maior parte da carreira quedou atrapado en quinta velocidade no seu Benetton B194. O terceiro foi o piloto británico Mark Blundell conducindo un Tyrrell 022. Sería o terceiro e último podio da carreira de Blundell e sería o momento culminante da tempada para o equipo de Tyrrell.
Nome oficial | XXXVI Gran Premio Marlboro de España |
---|---|
Tipo | Gran Premio de España |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1994 |
Distancia do evento | 65 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Cataluña (Vallès Oriental) 41°34′12″N 2°15′40″L / 41.57, 2.2611111111111 |
Lonxitude | 4,675 km |
País | España |
Data | 29 de maio de 1994 |
Competición | |
Primeiro posto | Damon Hill |
Pole position | Michael Schumacher |
Volta máis rápida | Michael Schumacher |
O Gran Premio tamén destacou polo accidente na recta dianteira que rematou coa tempada do piloto italiano Andrea Montermini no seu Simtek S941. Montermini, ascendido desde o emprego de piloto de probas logo da morte de Roland Ratzenberger no Gran Premio de San Marino, estrelouse fortemente contra a parede do pit. Tamén marcou o debut na Fórmula 1 do piloto británico David Coulthard, substituíndo a Senna en Williams.[1]
Informe
editarPre-carreira
editarEsta foi a primeira carreira da recentemente formada Grand Prix Drivers Association (GPDA). Varios nomes de alto nivel, como Michael Schumacher, Damon Hill e Gerhard Berger, foron fundamentais na configuración e execución da GPDA, e tomaron a decisión de instalar unha chicana temporal na curva Nissan, para intentar frear os autos antes da forquita de La Caixa.[2] Foi un intento de mellorar a seguridade, así como limitar as velocidades ao redor da pista, xa que a curva Nissan xeralmente tomábase con velocidades a tope.
Cualificación
editarMichael Schumacher logrou a segunda pole position seguida e a segunda da súa carreira. Damon Hill tamén aliñouse na primeira fila, o seu tempo fora superado por Schumacher por máis de medio segundo, e estaba só unha milésima de segundo por diante de Mika Häkkinen. Os respectivos compañeiros da parella Williams e McLaren se aliñaron oitavo e noveno, o McLaren de Martin Brundle na cuarta fila diante dun decepcionado David Coulthard no Williams. O compañeiro de equipo de Schumacher en Benetton, JJ Lehto, o fixera mellor e aliñárase en cuarto lugar. Rubens Barrichello no Jordan clasificou quinto, seguido polos dous Ferraris. O piloto de Tyrrell Ukyo Katayama foi o outro piloto entre os dez primeiros, mentres que na parte traseira Andrea Montermini estrelouse fortemente no Simtek pilotado previamente por Roland Ratzenberger e rompeuse os nocellos. Obviamente non puido establecer unha volta cronometrada na segunda sesión e non puido clasificar.
Carreira
editarSchumacher liderou desde a pole position no comezo da carreira, mentres que Barrichello e Berger chocaron na primeira curva. Ningún dos pilotos retirouse como resultado directo da colisión, aínda que finalmente fixérono, pero Berger viuse obrigado correr pola herba e perder posicións. Coulthard subiu ao quinto lugar desde o seu noveno posto de saída, pero o seu auto se calou en boxes na 16ª volta. Malia retirarse cando ía no duodécimo posto na volta 32, describiu a súa carreira como un "bo debut en xeral".[3] Mentres que Williams logrou a súa primeira vitoria da tempada, e primeira logo da morte de Ayrton Senna, o líder do campionato Michael Schumacher terminou segundo, malia estar atascado na quinta velocidade durante a maior parte da carreira. Sabendo que tiña un problema importante,[3] logrou facer unha parada en boxes (e arrincar da parada en boxes en 5ª marcha), e durante o transcurso da carreira non cedeu nada ao ritmo do líder, Hill. Tivo que cambiar o seu estilo de condución para atopar novas traxectorias e vértices de curva, e a súa experiencia pasada como piloto de World Sports Car axudouno a facelo.[4] Logo das paradas en boxes, Mika Häkkinen estaba no terceiro lugar co McLaren detrás de Hill e Schumacher, logo de estar temporalmente diante de Schumacher ao principio da carreira. O motor de Häkkinen fallou, aínda que cedeu o lugar ao seu compañeiro de equipo Martin Brundle. Brundle retirouse logo dunha explosión na parte traseira do seu auto na primeira curva. Mark Blundell, co Tyrrell, completou as celebracións do podio.
Post-carreira
editarLogo da carreira, o equipo Williams emocionouse moito coa vitoria de Hill.
Non creo que coñeza un mes tan difícil. Todos en Williams pasaron por un momento terrible. Esta vitoria debe ser para eles e para todos os seareiros de Ayrton Senna aos que coñecín en Brasil. Querían que Williams tivese éxito. Era importante facelo ben nesta carreira e gañala é mellor do que esperaba.Damon Hill falando de Senna Transcrición da gravación desde Grand Prix Racing.
Clasificación
editarCualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo Q1 | Tempo Q2 | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 5 | Michael Schumacher | Benetton-Ford | 1:23.426 | 1:21.908 | |
2 | 0 | Damon Hill | Williams-Renault | 1:24.716 | 1:22.559 | 0.651 |
3 | 7 | Mika Häkkinen | McLaren-Peugeot | 1:24.580 | 1:22.660 | 0.752 |
4 | 6 | JJ Lehto | Benetton-Ford | 1:25.587 | 1:22.983 | 1.075 |
5 | 14 | Rubens Barrichello | Jordan-Hart | 1:25.990 | 1:23.863 | 1.686 |
6 | 27 | Jean Alesi | Ferrari | 1:24.997 | 1:23.700 | 1.792 |
7 | 28 | Gerhard Berger | Ferrari | 1:26.121 | 1:23.715 | 1.807 |
8 | 8 | Martin Brundle | McLaren-Peugeot | 1:26.614 | 1:23.763 | 1.855 |
9 | 2 | David Coulthard | Williams-Renault | 1:27.428 | 1:23.782 | 1.874 |
10 | 3 | Ukyo Katayama | Tyrrell-Yamaha | 1:27.017 | 1:23.969 | 2.061 |
11 | 4 | Mark Blundell | Tyrrell-Yamaha | 1:25.863 | 1:23.981 | 2.073 |
12 | 30 | Heinz-Harald Frentzen | Sauber-Mercedes | 1:25.115 | 1:24.254 | 2.346 |
13 | 15 | Eddie Irvine | Jordan-Hart | 1:26.368 | 1:24.930 | 3.022 |
14 | 24 | Michele Alboreto | Minardi-Ford | 1:26.595 | 1:24.996 | 3.088 |
15 | 10 | Gianni Morbidelli | Footwork-Ford | 1:27.459 | 1:25.018 | 3.110 |
16 | 20 | Érik Comas | Larrousse-Ford | 1:26.097 | 1:25.050 | 3.142 |
17 | 19 | Olivier Beretta | Larrousse-Ford | 1:28.011 | 1:25.161 | 3.253 |
18 | 23 | Pierluigi Martini | Minardi-Ford | 1:25.502 | 1:25.247 | 3.339 |
19 | 26 | Olivier Panis | Ligier-Renault | 1:27.872 | 1:25.577 | 3.669 |
20 | 25 | Éric Bernard | Ligier-Renault | 1:28.289 | 1:25.766 | 3.858 |
21 | 9 | Christian Fittipaldi | Footwork-Ford | 1:27.631 | 1:26.084 | 4.176 |
22 | 12 | Johnny Herbert | Lotus-Mugen-Honda | 28:05.683 | 1:26.397 | 4.489 |
23 | 11 | Alessandro Zanardi | Lotus-Mugen-Honda | 1:30.379 | 1:27.685 | 5.777 |
24 | 31 | David Brabham | Simtek-Ford | 1:30.797 | 1:28.151 | 6.243 |
25 | 34 | Bertrand Gachot | Pacific-Ilmor | 1:34.318 | 1:28.873 | 6.965 |
26 | 33 | Paul Belmondo | Pacific-Ilmor | 1:31.750 | 1:30.657 | 8.749 |
27 | 32 | Andrea Montermini | Simtek-Ford | 1:31.111 | sen tempo | 9.203 |
Carreira
editarPosicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
editar- ↑ "Ayrton Senna death: David Coulthard - I owe him my career". BBC Sport. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2014. Consultado o 9 de maio de 2014.
- ↑ "F1 – 1994 FIA Review – 05 Spain". YouTube. Consultado o 2017-03-29.
- ↑ 3,0 3,1 "At last - Hill challenges the Schumacher monopoly". Grand Prix Racing. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2008. Consultado o 23 de xaneiro de 2016.
- ↑ "1994 Spanish Grand Prix flashback". F1 Fanatic. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2014. Consultado o 23 de xaneiro de2016.
- ↑ "Past Results - Spanish Grand Prix". www.skysports.com. Consultado o 2017-04-11.
- ↑ "1994 Spanish Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 6 de novembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015.
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1994 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1994 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 1994 |
Carreira anterior: Gran Premio de España de 1993 |
Gran Premio de España | Carreira seguinte: Gran Premio de España de 1995 |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de España de 1994 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |