Gran Premio de España de 1988
O Gran Premio de España de 1988 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Circuíto Permanente de Xerez en Xerez da Fronteira, España o 2 de outubro de 1988. A carreira foi a décimo cuarta rolda da tempada 1988 de Fórmula Un. Foi o 30º Gran Premio de España e a terceiraa que se celebrou en Xerez. A carreira disputouse sobre 72 voltas no circuíto de catro quilómetros para un distancia da carreira de 304 quilómetros.
Nome oficial | XXX Gran Premio Tio Pepe de España |
---|---|
Tipo | Gran Premio de España |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1988 |
Distancia do evento | 72 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Permanente de Jerez (Xerez da Fronteira) 36°42′30″N 6°02′03″O / 36.708333333333, -6.0341666666667 |
País | España |
Data | 2 de outubro de 1988 |
Competición | |
Primeiro posto | Alain Prost |
Pole position | Ayrton Senna |
Volta máis rápida | Alain Prost |
Antes da carreira
editarBenetton anunciou que o piloto británico de Fórmula 3000 Johnny Herbert uniríase ao equipo en 1989 para substituír a Thierry Boutsen que se uniría Williams. No momento do anuncio Herbert aínda estaba no hospital recuperándose do seu accidente na F3000 no circuíto de Brands Hatch tan só unhas semanas antes.
Cualificación
editarDurante a cualificación, o piloto máis experimentado de F1 nesemomento Riccardo Patrese (que só estaba a 3 carreiras de igualar a marca de Graham Hill no número participacións na F1), estaba na súa volta rápida cando o lento Julian Bailey (que se dirixía aos boxes) trazou polo lado equivocado da pista e Patrese tivo que reducir a velocidade considerablemente para evitar golpear Bailey, arruinando a súa volta rápida. Un furioso Patrese vingouse e cando marchaba diante de Bailey puxo a proba os freos do Tyrrell, provocando unha colisión que enviou o coche de Bailey polo aire e deixouno fóra da pista na trampa de grava. Os comisarios culparon en principio a Bailey e tamén chamaron ao seu compañeiro de equipo en Tyrrell Jonathan Palmer á audiencia pola premisa de que os Tyrrells eran máis lentos e unha ameaza polo que necesitaban a ambos pilotos para comprobalo. Logo dunha protesta de Ken Tyrrell, os funcionarios revisaron o incidente de novo e Patrese foi multado con 10 000 dólares polas súas accións, aínda que a maioría dos participantes na Fórmula Un pensaron que a multa de Patrese non era suficiente, e que tamén debía pagar ao equipo Tyrrell a reparación dos danos no Tyrrell 017 e a sensación xeral era que Patrese, o piloto máis experimentado dos Grandes Premios no momento, debería enfrontar unha pena máis severa. Un piloto non identificado, dixo , espero que o multen pola súa accción. Existen suficientes accidentes neste negocio sen necesidade de xente que trate de provocalos .....
McLaren acadou a primeira fila por 10ª vez en 14 carreiras en 1988 con Ayrton Senna na pole por 11ª vez. Neste estreito e revirado circuíto que era máis esvaradizo que nunca debido á súa contorna con moitísimo po e a falta de uso por outros coches e carreiras de moto, non foi unha sorpresa ver ao gañadorr no Gran Premio español de 1987 Nigel Mansell no terceiro lugar no seu Williams a só 2/10 da pole. De feito, a natureza do circuíto permitiu aos coches atmosféricos quedar de 3º a 7º na grella. O seguinte mellor turbo detrás dos McLaren foi o Ferrari de Gerhard Berger no 8º lugar, aínda que o austríaco foi só 1.399 máis lento que Senna.
Os dous Zakspeed turbos de Piercarlo Ghinzani e Bernd Schneider non se clasificaron, do mesmo xeito que Julian Bailey, mentres que houbo un suspiro xeral de alivio neste circuíto cando o EuroBrun de Oscar Larrauri que demostrara ser algo así como unha chicana móbil no seu ano de novato e tiña a reputación de ignorar as bandeiras azuis e os seus espellos, cando fallou no corte. Gabriele Tarquini non precualificou o seu Coloni.
Resumo da carreira
editarDesde a súa 10ª primeira fila do ano de McLaren, Alain Prost fixo un bo comezo, co Williams de Nigel Mansell pasando a Ayrton Senna. Ivan Capelli e Thierry Boutsen tocáronse, danando o morro do Benetton.. Na volta 2, Senna pasou Mansell, pero saíuse, o que permitiu que o inglés volvera a tomar a dianteira. Na volta 16, Michele Alboreto retirouse con problemas de motor no seu Ferrari. Durante as primeiras 28 voltas non houbo cambios entre os 7 primeiros: Prost (con cautela para conservar os pneumáticos e combustible, logo dos problemas experimentados en Portugal) lideraba sobre Mansell por só medio segundo. Senna tivo que defender o seu 3º lugar con Riccardo Patrese e Capelli, quen á súa vez eran desafiados por Alessandro Nannini e Gerhard Berger.
Ao redor da volta 30, Nannini, Berger e Piquet entraron todos aos boxes para poñer pneumáticos novos. Logo de ir perdendo o Williams durante a primeira hora da carreira, e facelo sen embrague desde as primeiras voltas, Capelli logrou pasar a Patrese para gañar o 4º lugar na volta 36 e logo tres voltas máis tarde exactamente na mesma curva pasou ao McLaren de Senna. Lamentablemente na volta 46 o seu motor comezou a fumear e o piloto de March retirouse logo dunha pilotaxe excepcional.
Mansell logrou manterse a pouca distancia de Prost, pero cun motor menos potente no estreito circuíto de Xerez, non conseguiu pasalo, ou estar o suficientemente preto, o francés pilotaba unha carreira perfecta (Mansell describiuno como "seguir ao mestre"). Na volta 47 Mansell entrou en boxes e unha porca da roda atrasouno. Mentres tanto, Nannini ía rápido cos seus novos pneumáticos, pasando tanto a Patrese e Senna nunha volta. A parada lenta de Mansell permitiu a Prost entrar a boxes na volta 50 sen perder a súa vantaxe (malia que accidentalmente seleccionou a segunda marcha e saíu lento do seu pit), e unha volta máis tarde Senna tamén entrou a poñer pneumáticos novos e deixouse caer fóra dos puntos. Pasou a Gugelmin e Berger antes de que finalmente superara a Patrese na volta 65, que fixera toda a carreira cun xogo de pneumáticos.
Prost selou a súa vitoria número 34 cun récord de volta rápida e Mansell logrou o segundo posto do ano con tan só dous acabados. Nannini logrou un novo podio por diante de Senna (preocupado con problemas de lectura de combustible novo, cruzando a liña coa súa lectura dicíndolle que non tiña practicamente ningún combustible), 5º Patrese e Berger (case sen combustible) en 6ª posición.[Cómpre referencia]
Clasificación
editarCualificación
editarPos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 12 | Ayrton Senna | McLaren-Honda | 1:24.775 | 1:24.067 | — |
2 | 11 | Alain Prost | McLaren-Honda | 1:26.735 | 1:24.134 | 0.067 |
3 | 5 | Nigel Mansell | Williams-Judd | 1:25.898 | 1:24.269 | 0.202 |
4 | 20 | Thierry Boutsen | Benetton-Ford | EX | 1:24.904 | 0.837 |
5 | 19 | Alessandro Nannini | Benetton-Ford | 1:26.673 | 1:25.032 | 0.965 |
6 | 16 | Ivan Capelli | March-Judd | 1:26.221 | 1:25.115 | 1.048 |
7 | 6 | Riccardo Patrese | Williams-Judd | 1:27.504 | 1:25.217 | 1.150 |
8 | 28 | Gerhard Berger | Ferrari | 1:27.796 | 1:25.466 | 1.399 |
9 | 1 | Nelson Piquet | Lotus-Honda | 1:28.015 | 1:25.648 | 1.581 |
10 | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 1:29.034 | 1:26.447 | 2.380 |
11 | 15 | Maurício Gugelmin | March-Judd | 1:27.414 | 1:26.578 | 2.511 |
12 | 30 | Philippe Alliot | Lola-Ford | 1:27.927 | 1:26.832 | 2.765 |
13 | 14 | Philippe Streiff | AGS-Ford | 1:28.099 | 1:26.971 | 2.904 |
14 | 21 | Nicola Larini | Osella | 1:28.417 | 1:27.012 | 2.945 |
15 | 2 | Satoru Nakajima | Lotus-Honda | 1:28.840 | 1:27.171 | 3.104 |
16 | 29 | Yannick Dalmas | Lola-Ford | 1:29.688 | 1:27.187 | 3.120 |
17 | 17 | Derek Warwick | Arrows-Megatron | 1:28.473 | 1:27.240 | 3.173 |
18 | 36 | Alex Caffi | Dallara-Ford | 1:27.907 | 1:27.350 | 3.283 |
19 | 25 | René Arnoux | Ligier-Judd | 1:29.157 | 1:27.351 | 3.284 |
20 | 23 | Pierluigi Martini | Minardi-Ford | 1:27.826 | 1:27.407 | 3.340 |
21 | 26 | Stefan Johansson | Ligier-Judd | 1:28.009 | 1:27.474 | 3.407 |
22 | 3 | Jonathan Palmer | Tyrrell-Ford | 1:27.582 | 1:27.548 | 3.481 |
23 | 22 | Andrea de Cesaris | Rial-Ford | 1:28.315 | 1:27.798 | 3.731 |
24 | 24 | Luis Pérez-Sala | Minardi-Ford | 1:28.694 | 1:27.833 | 3.816 |
25 | 18 | Eddie Cheever | Arrows-Megatron | 1:29.305 | 1:27.859 | 3.792 |
26 | 33 | Stefano Modena | EuroBrun-Ford | 1:30.759 | 1:27.977 | 3.910 |
DNQ | 10 | Bernd Schneider | Zakspeed | 1:31.144 | 1:28.194 | 4.127 |
NSC | 32 | Oscar Larrauri | EuroBrun-Ford | 1:31.366 | 1:28.664 | 4.597 |
NSC | 4 | Julian Bailey | Tyrrell-Ford | 1:30.125 | 1:29.066 | 4.999 |
NSC | 9 | Piercarlo Ghinzani | Zakspeed | 1:29.824 | 1:29.503 | 5.436 |
NSCP | 31 | Gabriele Tarquini | Coloni-Ford | 1:30.459 |
- Nota: O tempo de Boutsen na Q1 eliminouse porque as placas dos extremos das ás dianteiras eran 5 mm máis longas do permitido.
Carreira
editarPosicións logo da carreira
editar- Texto en negra indica Campión mundial.
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Os puntos son os exactos ao final da carreira. Benetton foi descualificado oficialmente posteriormente polo Gran Premio de Bélxica e os seus puntos restados.
Carreira anterior: Gran Premio de Portugal de 1988 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1988 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Xapón de 1988 |
Carreira anterior: Gran Premio de España de 1987 |
Gran Premio de España | Carreira seguinte: Gran Premio de España de 1989 |
Notas
editar- ↑ "1988 Spanish Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 23 de decembro de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de España de 1988 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |