Gran Premio de Detroit de 1984
O Gran Premio de Detroit de 1984 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 24 de xuño de 1984 en Detroit, Míchigan. Foi a oitava carreira da tempada de Fórmula Un de 1984.
Nome oficial | 3rd Detroit Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Detroit |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1984 |
Distancia do evento | 63 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Detroit (Detroit) 42°19′47″N 83°02′24″O / 42.32975, -83.04011 |
País | Estados Unidos de América |
Data | 24 de xuño de 1984 |
Competición | |
Primeiro posto | Nelson Piquet |
Pole position | Nelson Piquet |
Volta máis rápida | Derek Warwick |
Resumo da carreira
editarO campión mundial o brasileiro Nelson Piquet superou un choque na primeira volta (grazas a unha nova saída) e dominou toda a fin de semana para lograr a súa segunda vitoria consecutiva. Partindo desde a pole, Piquet liderou de principio a fin e mantivo baixo control a un brillante piloto debutante, Martin Brundle no Tyrrell atmosférico, para gañar o terceiro Gran Premio de Detroit por menos dun segundo. O coche de Brundle foi finalmente descualificado logo dunha longa disputa por ter un lastre ilegal no sistema de auga. Foi unha carreira de desgaste brutal, e só terminaron 6 coches.
Durante as primeiras sesións de práctica, como é habitual nun circuíto urbano, moitos pilotos loitaban por evitar os muros de formigón que rodeaban o circuíto. Pero Nigel Mansell, de inmediato estableceu o estándar no seu Lotus, con só Niki Lauda preto del. Patrick Tambay pilotou de novo o Renault logo de romperse unha perna en Mónaco só tres semanas antes. O americano Mario Andretti, que fora chamado como posible substituto para Tambay na carreira, estaba satisfeito de pasar a fin de semana como espectador, vendo aos seus dous fillos correr nas carreiras de apoio.
O sábado, a pista estaba considerablemente máis rápida, Mansell mellorou en case catro segundos o seu mellor tempo provisional do día anterior, facendo 1:42.172. A pole position escapábaselle de novo, xa que Piquet rexistrou un impresionante 1:40.980. Alain Prost tamén eclipsou a Mansell cun 1:41.640 no seu McLaren para aliñarse á beira do Brabham na primeira fila. O novato brasileiro Ayrton Senna foi sétimo no Toleman, xusto por diante do estadounidense Eddie Cheever no Alfa Romeo.
O clima cálido e asollado, regresou o domingo logo dunha tormenta durante a noite que deixou a pista limpa, pero na saída, produciuse o caos. Mansell pensou que podería adiantar a Piquet na grella e apuntou o seu Lotus para o espazo entre os dous coches da primeira fila. Golpeou a parte traseira do McLaren de Prost e rebotou contra o costado do Brabham de Piquet, enviándoo contra á parede exterior da pista e o Ferrari de Michele Alboreto. A roda traseira dereita do Brabham saíu polo aire e aterrou na parte dianteira do Toleman de Senna, rompéndolle a suspensión. Ao mesmo tempo, Marc Surer que saía do fondo da grella viuse bloqueado polo coche de Piquet, e bateu co seu Arrows coa roda dianteira esquerda do Brabham. Para evitar riscos, os organizadores detiveron a carreira e prepararon unha nova saída.
Piquet, Alboreto e Senna tomaron os seus coches de reposto, pero Arrows non tiña ningún coche para Surer, polo que o suízo non puido saír cando volveuse a montar a grella. O segundo inicio saíu a pedir de boca, Piquet liderou sobre Prost e Mansell. Ao final da primeira volta, os tres eran seguidos por Alboreto, Cheever (que xa gañara tres lugares), Derek Warwick, Elio de Angelis, Lauda, Tambay e Senna. Prost seguía de cerca a Piquet nas primeiras voltas, pero foi perdendo tempo cando os seus pneumáticos traseiros comezaron a perder agarre. Como resultado, Mansell pechou diferenzas co francés e alcanzouno na volta 10, con Piquet cinco segundos por diante.
Inmediatamente, Mansell loitou duro para coller o líder. Piquet, ao parecer, conducía xusto o suficientemente rápido para manterse á fronte, e Mansell non puido acurtar distancia. Na volta 17, o Lotus desacelerou notablemente ao entrar no túnel de Atwater, xa que perdera a segunda marcha. Mentres tanto, non só Prost, tamén os Renault de Warwick e Tambay, e logo Lauda víronse obrigados a parar para poñer pneumáticos novos, mentres que Piquet non tiña ningún problema coa superficie abrasiva. Na volta 22, a roda traseira dereita de Senna bateu contra a barreira de pneumáticos na curva un,cando trataba de escapar do acoso de Keke Rosberg, Cheever retirouse da terceira posición co inter-cooler agretado. Mansell, finalmente renunciou á loita coa súa caixa de cambios rota na volta 28, entregando o segundo lugar a Alboreto, 15 segundos detrás de Piquet. Elio de Angelis quedou en terceiro lugar no segundo Lotus, logo dunha gran brecha, Rosberg e os impresionantes novatos de Tyrrell, Brundle e Stefan Bellof.
O equipo Tyrrell, aínda fiel aos motores V8 Cosworth-Ford de aspiración atmosferica, non tiñan ningunha oportunidade na tempada de ser competitivos fronte aos potentes turbos. Pero, xa puntuaran catro veces en sete carreiras, e no estreito circuíto, a combinación do seu pouco peso e menor potencia provocaban un menor desgaste dos pneumáticos. Isto permitiulles utilizar un composto de Goodyear máis brando, mentres que todos os demais tiñan que usar o composto máis duro. Ademais, a compactidade dos coches, en comparación cos turbos, era unha vantaxe no revirado circuíto entre os muros de formigón, especialmente a través da chicana que conduce á recta de boxes. E o máis importante, Brundle e Bellof tiñan moito mellores actuacións no seu primeiro ano do que ninguén esperaba.
Bellof, abandonou na volta 34 cando golpeou a parede ao saír da chicana antes dos boxes. Entón, xusto cando Brundle entrou en boxes, Warwick marcou a volta rápida da carreira e pasou a Rosberg e de Angelis en voltas consecutivas para colocarse no terceiro lugar. A piques de coller a Alboreto, o Renault de Warwick perdeu repentinamente a quinta marcha, permitindo a de Angelis e Rosberg adiantalo na volta 37. A súa caixa de cambios rompeu completamente na volta 41, e converteuse no décimo oitavo retirado do día, deixando só oito coches na pista. Rosberg sucumbiu co turbocompresor roto, e cando Alboreto rebentou o motor na volta 50, Piquet lideraba por máis de 30 segundos.
Brundle atopábase agora no terceiro lugar e acosaba a de Angelis, que conducía sen segunda marcha no seu Lotus como o fixera seu compañeiro de equipo Mansell antes de retirarse. Na volta 56, Brundle borrara os dez segundos entre el e o Lotus, e pasouno ao achegarse á chicana para o segundo lugar. a sete voltas para o final, Piquet tiña de 20 segundos de vantaxe e relaxouse permitindo a Prost desdobrarse. Brundle continuou atacando, pero, Piquet mantívose fresco e logrou a súa segunda vitoria en oito días por só uns poucos metros. Os finalistas que quedaban eran de Angelis, trinta segundos por detrás, o segundo Brabham de Teo Fabi (anotou os seus primeiros puntos); Prost e o Williams de Jacques Laffite.
Logo da cerimonia do podio, chegou a noticia de que os comisarios atoparan impurezas no sistema de inxección de auga no Tyrrell de Brundle e bólas de chumbo na bolsa de caucho que contiña a auga. As mostras de auga enviáronse a Francia e Texas para a análise e atopouse que contiñan niveis significativos de hidrocarburos. Ken Tyrrell foi chamado a unha reunión do Comité Executivo da FISA, o 18 de xullo e, baseándose nas impurezas na auga, que fora reenchida durante a parada en boxes, foi acusado de recargar o coche durante a carreira. (O reabastecemento de combustible prohibiuse antes da tempada 1984 e foi ilegal ata 1994). Ao equipo prohibíuselle participar o resto do Campionato do Mundo e perdeu os 13 puntos que xa gañaran, malia que continuaron no campionato, pero non para gañar puntos.
Clasificación
editarCualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Cual | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | 1:40.980 | — |
2 | 7 | Alain Prost | McLaren-TAG | 1:41.640 | 0.660 |
3 | 12 | Nigel Mansell | Lotus-Renault | 1:42.172 | 1.192 |
4 | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 1:42.246 | 1.266 |
5 | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Renault | 1:42.434 | 1.454 |
6 | 16 | Derek Warwick | Renault | 1:42.637 | 1.657 |
7 | 19 | Ayrton Senna | Toleman-Hart | 1:42.651 | 1.671 |
8 | 23 | Eddie Cheever | Alfa Romeo | 1:43.065 | 2.085 |
9 | 15 | Patrick Tambay | Renault | 1:43.289 | 2.309 |
10 | 8 | Niki Lauda | McLaren-TAG | 1:43.484 | 2.480 |
11 | 3 | Martin Brundle | Tyrrell-Ford | 1:43.754 | 2.774 |
12 | 26 | Andrea de Cesaris | Ligier-Renault | 1:43.998 | 3.018 |
13 | 18 | Thierry Boutsen | Arrows-BMW | 1:44.063 | 3.083 |
14 | 14 | Manfred Winkelhock | ATS-BMW | 1:44.228 | 3.248 |
15 | 28 | René Arnoux | Ferrari | 1:44.748 | 3.768 |
16 | 4 | Stefan Bellof | Tyrrell-Ford | 1:44.940 | 3.960 |
17 | 20 | Johnny Cecotto | Toleman-Hart | 1:45.231 | 4.251 |
18 | 25 | François Hesnault | Ligier-Renault | 1:45.419 | 4.439 |
19 | 5 | Jacques Laffite | Williams-Honda | 1:46.225 | 5.245 |
20 | 9 | Philippe Alliot | RAM-Hart | 1:46.333 | 5.353 |
21 | 6 | Keke Rosberg | Williams-Honda | 1:46.495 | 5.515 |
22 | 17 | Marc Surer | Arrows-Ford | 1:46.626 | 5.646 |
23 | 2 | Teo Fabi | Brabham-BMW | 1:47.335 | 6.355 |
24 | 10 | Jonathan Palmer | RAM-Hart | 1:47.743 | 6.673 |
25 | 22 | Riccardo Patrese | Alfa Romeo | 1:47.974 | 6.994 |
26 | 24 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Alfa Romeo | 1:48.865 | 7.885 |
NSC | 21 | Huub Rothengatter | Spirit-Ford | 1:49.995 | 8.975 |
Carreira
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | 63 | 1:55:41.842 | 1 | 9 |
2 | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Renault | 63 | 32.638 | 5 | 6 |
3 | 2 | Teo Fabi | Brabham-BMW | 63 | 1:26.528 | 23 | 4 |
4 | 7 | Alain Prost | McLaren-TAG | 63 | 1:55.258 | 2 | 3 |
5 | 5 | Jacques Laffite | Williams-Honda | 62 | 1 volta | 19 | 2 |
DSC | 3 | Martin Brundle | Tyrrell-Ford | 63 | Descualificado | 11 | |
Ret | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 49 | Motor | 4 | |
Ret | 6 | Keke Rosberg | Williams-Honda | 47 | Turbo | 21 | |
Ret | 16 | Derek Warwick | Renault | 40 | Caixa decambios | 6 | |
DSC | 4 | Stefan Bellof | Tyrrell-Ford | 33 | Descualificado | 16 | |
Ret | 15 | Patrick Tambay | Renault | 33 | Transmisión | 9 | |
Ret | 9 | Philippe Alliot | RAM-Hart | 33 | Freos | 20 | |
Ret | 8 | Niki Lauda | McLaren-TAG | 33 | Eléctrico | 10 | |
Ret | 12 | Nigel Mansell | Lotus-Renault | 27 | Caixa de cambios | 3 | |
Ret | 18 | Thierry Boutsen | Arrows-BMW | 27 | Motor | 13 | |
Ret | 26 | Andrea de Cesaris | Ligier-Renault | 24 | Temperatura | 12 | |
Ret | 20 | Johnny Cecotto | Toleman-Hart | 23 | Embrague | 17 | |
Ret | 23 | Eddie Cheever | Alfa Romeo | 21 | Motor | 8 | |
Ret | 19 | Ayrton Senna | Toleman-Hart | 21 | Accidente | 7 | |
Ret | 22 | Riccardo Patrese | Alfa Romeo | 20 | Trompo | 25 | |
Ret | 25 | François Hesnault | Ligier-Renault | 3 | Accidente | 18 | |
Ret | 24 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Alfa Romeo | 3 | Accidente | 26 | |
Ret | 28 | René Arnoux | Ferrari | 2 | Accidente | 15 | |
Ret | 10 | Jonathan Palmer | RAM-Hart | 2 | Pneumático | 24 | |
Ret | 14 | Manfred Winkelhock | ATS-BMW | 0 | Motor | 14 | |
Ret | 17 | Marc Surer | Arrows-Ford | 0 | Accidente | 22 | |
NSC | 21 | Huub Rothengatter | Spirit-Ford |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación. Tyrrell e os seus pilotos foron posteriormente descalificados do campionato mundial de 1984 e os seus resultados e puntos reasignados.
Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 1984 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1984 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Dallas de 1984 |
Carreira anterior: Gran Premio de Detroit de 1983 |
Gran Premio de Detroit | Carreira seguinte: Gran Premio de Detroit de 1985 |
Notas
editar- Dúas semanas máis tarde, celebrouse por única vez o Gran Premio de Dallas o último de nove anos consecutivos no que os Estados Unidos albergou máis dunha carreira nunha soa tempada de Fórmula Un.
- Os Tyrrells de Martin Brundle e Stefan Bellof foron excluídos debido a infraccións técnicas.
- Esta foi a última carreira ata o Gran Premio dos Estados Unidos de 2005, onde non se outorgou o último punto, debido á falta de finalistas. En realidade Brundle terminara segundo, a só 0´837 segundos por detrás do gañador Nelson Piquet, pero foi descualificado máis tarde deixando só 5 finalistas. Por coincidencia estas dúas carreiras disputáronse nos EE.UU..
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Detroit de 1984 |
Bibliografía
editar- Innes Ireland (outubro de 1984). "3rd Detroit Grand Prix: Look Out, Alain!". Road & Track, 150-154.
- Mike S. Lang (1992). Grand Prix!: Race-by-race account of Formula 1 World Championship motor racing. Volume 4: 1981 to 1984. Haynes Publishing Group. ISBN 0-85429-733-2