Gran Premio de Bélxica de 1995
O Gran Premio de Bélxica de 1995 foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 27 de agosto de 1995 no Circuíto de Spa-Francorchamps, Spa. Foi a undécima carreira do Campionato do Mundo de Fórmula 1 de 1995 da FIA.
Nome oficial | LIII Grand Prix de Belgique |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Bélxica |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1995 |
Distancia do evento | 44 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Spa-Francorchamps (Provincia de Liexa) 50°26′14″N 5°58′17″L / 50.437222222222, 5.9713888888889 |
Lonxitude | 7,003 km |
País | Bélxica |
Data | 27 de agosto de 1995 |
Competición | |
Primeiro posto | Michael Schumacher |
Pole position | Gerhard Berger |
Volta máis rápida | David Coulthard |
A carreira de 44 voltas gañouna Michael Schumacher, pilotando un Benetton - Renault. A pesar de cualificar 16º, Schumacher logrou a súa sexta vitoria da tempada tras unha intensa batalla con Damon Hill no Williams-Renault. Hill se logrou o segundo lugar, con Martin Brundle terceiro nun Ligier - Mugen-Honda.
Informe de carreira
editarA carreira contou coa presenza de máis de 100.000 persoas de países europeos.[1] Schumacher e Hill clasificaron máis baixo do habitual nunha sesión de cualificación en seco e mollado, pero contraatacaron durante a carreira. Tanto Jean Alesi como Johnny Herbert lideraron brevemente a carreira, pero Alesi rompeu e Harbert tivo que loitar por manter ritmo unha vez que a pista secou. O pole Gerhard Berger loitou antes de abandonar.
David Coulthard adiantouse co Williams antes de sufrir un problema na caixa de cambios, deixando a Hill liderando a carreira. Cando Hill fixo o seu primeiro pit stop para poñer pneumáticos novos e brandos, Schumacher tomou o control da pista. Logo empezou a chover e, mentres Hill regresaba aos boxes para poñer os pneumáticos de chuvia, Schumacher permaneceu cos seus pneumáticos de seco. O piloto de Williams superou rapidamente ao alemán, pero a pesar de ser seis segundos por volta máis lento, Schumacher puido manter a Hill detrás del ata que deixou a trazada mollada e Hill pasouno. Case inmediatamente, as condicións cambiantes da pista comezaron a favorecer aos slicks unha vez máis e Schumacher volveu pasar a Hill, que entrou outra vez a boxes, esta vez para poñer slicks.
A choiva volveuse a intensificar e a pista estabilizouse cando apareceu o coche de seguridade. Ambos pilotos entraron en boxes para por pneumáticos de chuvia e regresaron á pista con Schumacher por diante de Hill. Isto parecía poñer aos dous rivais nunha batalla polo liderado nas últimas dez voltas, pero Hill tivo que volver aos pits para cumprir unha penalización de stop & go de dez segundos por exceso de velocidade no pit lane, unha penalización que cumpriu seis voltas antes do final e deixouno na terceira posición. Hill recuperouse adiantando a Martin Brundle na recta Kemmel na última volta para recuperar o segundo lugar.
A actuación de Schumacher non impresionou a Hill logo de que os seus movementos defensivos obrigaran a Hill a frear ou saír da pista. Schumacher dixo que só bloqueara a Hill nas curvas de baixa velocidade, pero probas de vídeo suxeriron que Schumacher bloqueara a Hill nalgunhas curvas de alta velocidade, como o "Radillion" e "Blanchimont". Hill comentou despois que "nós (el e Schumacher) tivemos algúns momentos bastante peliagudos eu non estou satisfeito por verme obrigado a sairme, non creo que iso sexa aceptable. Esta ben, pero se foi a propósito, estaría moi molesto, os coches de F1 non son karts, creo que hai algunhas cousas que son aceptables e outras que non o son". Schumacher defendeuse aceptando que o toque das rodas nas curvas de alta velocidade non é "aceptable", pero engadiu que á velocidade que levaban el e Hill, considerou que era aceptable. Schumacher foi suspendido por unha carreira por conducir de forma agresiva para evitar que Hill o adiantase.[2]
Clasificación
editarCualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 28 | Gerhard Berger | Ferrari | 2:14.744 | 1:54.392 | — |
2 | 27 | Jean Alesi | Ferrari | 2:15.077 | 1:54.631 | 0.239 |
3 | 8 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 2:15.848 | 1:55.435 | 1.043 |
4 | 2 | Johnny Herbert | Benetton-Renault | — | 1:56.085 | 1.693 |
5 | 6 | David Coulthard | Williams-Renault | 2:15.232 | 1:56.254 | 1.862 |
6 | 7 | Mark Blundell | McLaren-Mercedes | 2:18.136 | 1:56.622 | 2.230 |
7 | 15 | Eddie Irvine | Jordan-Peugeot | 2:16.540 | 1:57.001 | 2.609 |
8 | 5 | Damon Hill | Williams-Renault | 2:15.143 | 1:57.768 | 3.376 |
9 | 26 | Olivier Panis | Ligier-Mugen-Honda | 2:17.579 | 1:58.021 | 3.629 |
10 | 30 | Heinz-Harald Frentzen | Sauber-Ford | 2:15.533 | 1:58.148 | 3.756 |
11 | 4 | Mika Salo | Tyrrell-Yamaha | 2:18.104 | 1:58.224 | 3.832 |
12 | 14 | Rubens Barrichello | Jordan-Peugeot | 2:17.144 | 1:58.293 | 3.901 |
13 | 25 | Martin Brundle | Ligier-Mugen-Honda | 2:17.207 | 1:58.314 | 3.922 |
14 | 29 | Jean-Christophe Boullion | Sauber-Ford | 2:17.406 | 1:58.356 | 3.964 |
15 | 3 | Ukyo Katayama | Tyrrell-Yamaha | 2:18.194 | 1:58.551 | 4.159 |
16 | 1 | Michael Schumacher | Benetton-Renault | 2:14.962 | 1:59.079 | 4.687 |
17 | 23 | Pedro Lamy | Minardi-Ford | 2:18.547 | 1:59.256 | 4.864 |
18 | 10 | Taki Inoue | Footwork-Hart | 2:23.311 | 2:00.990 | 6.598 |
19 | 24 | Luca Badoer | Minardi-Ford | 2:17.335 | 2:01.013 | 6.621 |
20 | 9 | Massimiliano Papis | Footwork-Hart | 2:19.300 | 2:01.685 | 7.293 |
21 | 17 | Andrea Montermini | Pacific-Ford | 2:25.291 | 2:02.405 | 8.013 |
22 | 22 | Roberto Moreno | Forti-Ford | 2:23.417 | 2:03.817 | 9.425 |
23 | 16 | Giovanni Lavaggi | Pacific-Ford | 2:26.311 | 2:06.407 | 12.015 |
24 | 21 | Pedro Diniz | Forti-Ford | 2:25.699 | 2:09.537 | 15.145 |
Carreira
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Michael Schumacher | Benetton-Renault | 44 | 1:36:47.875 | 16 | 10 |
2 | 5 | Damon Hill | Williams-Renault | 44 | 19.493 | 8 | 6 |
3 | 25 | Martin Brundle | Ligier-Mugen-Honda | 44 | 24.998 | 13 | 4 |
4 | 30 | Heinz-Harald Frentzen | Sauber-Ford | 44 | 26.972 | 10 | 3 |
5 | 7 | Mark Blundell | McLaren-Mercedes | 44 | 33.772 | 6 | 2 |
6 | 14 | Rubens Barrichello | Jordan-Peugeot | 44 | 39.674 | 12 | 1 |
7 | 2 | Johnny Herbert | Benetton-Renault | 44 | 54.043 | 4 | |
8 | 4 | Mika Salo | Tyrrell-Yamaha | 44 | 54.548 | 11 | |
9 | 26 | Olivier Panis | Ligier-Mugen-Honda | 44 | 1:06.170 | 9 | |
10 | 23 | Pedro Lamy | Minardi-Ford | 44 | 1:19.789 | 17 | |
11 | 29 | Jean-Christophe Boullion | Sauber-Ford | 43 | 1 volta | 14 | |
12 | 10 | Taki Inoue | Footwork-Hart | 43 | 1 volta | 18 | |
13 | 21 | Pedro Diniz | Forti-Ford | 42 | 2 voltas | 24 | |
14 | 22 | Roberto Moreno | Forti-Ford | 42 | 2 voltas | 22 | |
Ret | 3 | Ukyo Katayama | Tyrrell-Yamaha | 28 | Trompo | 15 | |
Ret | 16 | Giovanni Lavaggi | Pacific-Ford | 27 | Caixa de cambios | 23 | |
Ret | 24 | Luca Badoer | Minardi-Ford | 23 | Accidente | 19 | |
Ret | 28 | Gerhard Berger | Ferrari | 22 | Eléctrico | 1 | |
Ret | 15 | Eddie Irvine | Jordan-Peugeot | 21 | Lume | 7 | |
Ret | 9 | Massimiliano Papis | Footwork-Hart | 20 | Trompo | 20 | |
Ret | 17 | Andrea Montermini | Pacific-Ford | 18 | Sen combustible | 21 | |
Ret | 6 | David Coulthard | Williams-Renault | 13 | Caixa de cambios | 5 | |
Ret | 27 | Jean Alesi | Ferrari | 4 | Suspensión | 2 | |
Ret | 8 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 1 | Trompo | 3 | |
Fonte:[3]
|
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
editar- ↑ Murray Walker, Jonathan Palmer (1995). Grand Prix (Television Production). London, England: BBC. Escena en 00:51-01:04.
- ↑ "Schumacher in trouble again". GrandPrix.com. 28 de agosto de 1995. Consultado o 15 de decembro de 2006.
- ↑ "1995 Belgian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 2 de novembro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015.
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Bélxica de 1995 |
Carreira anterior: Gran Premio de Hungría de 1995 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1995 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1995 |
Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1994 |
Gran Premio de Bélxica | Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 1996 |