Gran Premio de Austria de 1997
O Gran Premio de Austria de 1997 (oficialmente o XXI Großer Preis von Österreich) foi unha carreira do Campionato do Mundo de Fórmula 1 celebrada no Circuíto de Österreichring o 21 de setembro de 1997. Foi a décima cuarta carreira da tempada de Fórmula Un de 1997, o 21º Gran Premio de Austria o décimo noveno que se celebrou en Österreichring e o primeiro Gran Premio de Austria desde o Gran Premio de Austria de 1987. A carreira disputouse sobre 71 voltas ao circuíto de 4´323 quilómetros para unha distancia total de carreira de 307 quilómetros.
Nome oficial | XXI Großer Preis von Österreich |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Austria |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1997 |
Localización e Datas | |
Localización | A1-Ring (Spielberg) 47°13′11″N 14°45′53″L / 47.219722222222, 14.764722222222 |
Lonxitude | 4,318 km |
País | Austria |
Data | 21 de setembro de 1997 |
Competición | |
Primeiro posto | Jacques Villeneuve |
Pole position | Jacques Villeneuve |
Volta máis rápida | Jacques Villeneuve |
Jacques Villeneuve, pilotando un Williams - Renault, gañou desde a pole position, xunto a David Coulthard en segundo lugar no McLaren - Mercedes, e o compañeiro de Villeneuve Heinz-Harald Frentzen foi terceiro. O rival de Villeneuve para o campionato de pilotos, Michael Schumacher, só puido ocupar o sexto posto no seu Ferrari.
Informes
editarA cualificación trouxo algunhas sorpresas, xa que os pneumáticos Bridgestone usados por varios dos equipos máis pequenos demostraron ser fortes, pero foi finalmente Jacques Villeneuve quen gañou. Mika Häkkinen liderou diante de Villeneuve despois do comezo pero o seu motor fallou de novo, antes de que puidese completar a primeira volta. como consecuencia Jarno Trulli liderou as primeiras voltas, e estaba correndo no segundo lugar (aínda que tiña que facer outro pit stop) cando o seu motor tamén fallou.
Ocorreu unha espectacular colisión entre Eddie Irvine e Jean Alesi. Cando loitaban polo cuarto lugar na volta 37, Alesi intentou adiantar a Irvine na chicana desde aproximadamente oito lonxitudes de automóbil atrás,[1] Irvine tomou medidas evasivas,[1] o francés chocou contra o auto do irlandés a tal velocidade que o coche de Alesi pasou por encima do coche de Irvine mentres este último trompeaba. Alesi quedou baixo investigación polos comisarios por condución perigosa despois da carreira,[1] aínda que non se fixeron acusacións formais contra ningún piloto.
Michael Schumacher foi terceiro, pero recibiu unha penalización dun stop&go por adiantar a Heinz-Harald Frentzen baixo bandeiras amarelas. Schumacher dixo que non as vira e que non eran visibles desde o interior da curva.[1][2]
O veterano piloto austríaco de Fórmula Un, Gerhard Berger, anunciou que se retiraría ao final da tempada, pouco despois de ter cualificado décimo oitavo na grella.
Clasificación
editarCualificación
editar- Notas
- Tarso Marques foi excluído de participar na carreira despois de que o seu coche atopase un peso insuficiente trala cualificación.
Carreira
editarPosicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1997 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1997 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Luxemburgo de 1997 |
Carreira anterior: Gran Premio de Austria de 1987 |
Gran Premio de Austria | Carreira seguinte: Gran Premio de Austria de 1998 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "From Österreichring to A1-Ring, a brief overview on Austria's fastest little circuit". spinsmag.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2014. Consultado o 24 de agosto de 2014.
- ↑ "Grand Prix Results: Austrian GP, 1997". grandprix.com. Consultado o 24 de agosto de 2014.
- ↑ "Austria 1997 - Qualifications". StatsF1. Consultado o 27 de marzo de 2016.
- ↑ "1997 Austrian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Austria de 1997 |