Gran Premio de Australia de 2000

O Gran Premio de Australia de 2000 (oficialmente LXV Qantas Australian Grand Prix) foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 12 de marzo de 2000 en Melbourne, Australia. Foi a primeira carreira do Campionato Mundial de Fórmula Un de 2000[1] e a 65ª carreira na historia combinada do Gran Premio de Australia que data do 100 Miles Road Race de 1928. A carreira disputada en 58 voltas ao circuíto de 5´3 quilómetros foi a oitava vez que se celebrarou no Albert Park, usado por primeira vez en 1953 e a quinta desde que o novo circuíto acolleu a carreira en 1996. A carreira gañouna Michael Schumacher para o equipo Ferrari logo de comezar na terceira posición. O novo compañeiro de Schumacher para a tempada de 2000, Rubens Barrichello terminou segundo no outro Ferrari, con Ralf Schumacher terceiro para Williams-BMW.[2]

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Australia de 2000
Imaxe
Nome oficialLXV Qantas Australian Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Australia Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2000 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento58 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónMelbourne Grand Prix Circuit (City of Port Phillip (en) Traducir) 37°50′59″S 144°58′06″L / -37.849722222222, 144.96833333333 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude5,278 km Editar o valor en Wikidata
PaísAustralia Editar o valor en Wikidata
Data12 de marzo de 2000 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoMichael Schumacher Editar o valor en Wikidata
Pole positionMika Häkkinen Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaRubens Barrichello Editar o valor en Wikidata

Mika Häkkinen comezou na pole position nun McLaren, co seu compañeiro de equipo David Coulthard xunto a el, pero ambos se retiraron con fallos na válvula pneumática.[3] Tres pilotos fixeron o seu debut no Gran Premio, o futuro campión mundial Jenson Button nun BMW-Williams, Nick Heidfeld nun Prost Grand Prix e Gastón Mazzacane nun Minardi. Mazzacane e Button retiráronse da súa carreira de debut, e Heidfeld terminou noveno, dúas voltas por detrás.[2][4]

Informe

editar

Antecedentes

editar

Cando chegou á primeira carreira da tempada 2000 de Fórmula Un, moitos inclináronse polo piloto da Scuderia Ferrari Michael Schumacher e polo campión de 1999 Mika Häkkinen de McLaren como principais contendentes para gañar o Campionato de Pilotos de 2000.[5] Schumacher era o favorito para gañar o Campionato segundo os corredores de apostas e algúns ex pilotos de Fórmula 1,[6][7] incluíndo o compañeiro de Schumacher da tempada de 1999, e novo piloto de Jaguar Eddie Irvine.[8] O último campión de pilotos de Ferrari, Jody Scheckter, que o fixo na tempada 1979 de Fórmula Un, tamén apostou por Schumacher para gañar o Campionato.[9]

Dos 11 equipos e 22 pilotos na grella de saída, tres pilotos debutaron. Nick Heidfeld uniuse ao equipo Prost ao lado de Jean Alesi.[10] ambos substituíron os pilotos de Prost da tempada de 1999 a Olivier Panis, que se mudou a McLaren como piloto de probas na Fórmula 1 e a Jarno Trulli que fichou por Jordan Grand Prix xunto con Heinz-Harald Frentzen despois da retirada de Damon Hill.[11][12] No equipo Minardi, Gastón Mazzacane substituíu a Luca Badoer, quen optou por seguir como piloto de probas de Ferrari, un papel que comezou en 1997.[13] O terceiro piloto novato na grella de pilotos de 2000 foi Jenson Button, que substituíu a Alessandro Zanardi en Williams. O Button, no seu momento, converteuse no piloto británico máis novo que en comezar unha carreira de Fórmula Un.[14]

Moitos observadores e compañeiros tamén tiñan opinións diferentes sobre a elección de Williams de fichar a Button. O piloto de Sauber, Mika Salo, declarou que debido á inexperiencia de Button, podería "lastimarse a se mesmo ou a alguén máis".[15]

Práctica e cualificación

editar

Mika Häkkinen logrou a pole tres décimas por diante do seu compañeiro de equipo David Coulthard, despois de que a parella copase a primeira liña para McLaren no comezo da tempada. Michael Schumacher quedou decepcionado co terceiro posto despois dun trompo de Coulthard que provocou unha bandeira vermella que o obrigou a abandonar o seu intento final.[16] Coulthard dixo que "non era a súa intención" molestar a Schumacher na súa última volta de cualificación. Os tres primeiros lugares na cualificación foron idénticos aos que foran os dous anos anteriores. O novo compañeiro en Ferrari de Schumacher, Rubens Barrichello, cualificou cuarto, xunto cos Jordans de Heinz-Harald Frentzen e Jarno Trulli detrás del na terceira fila. Eddie Irvine clasificou sétimo para Jaguar, xunto a Jacques Villeneuve, Giancarlo Fisichella e Mika Salo completando o top ten. Ralf Schumacher foi o undécimo para Williams - BMW, co seu compañeiro, o novato, Jenson Button 21º clasificado na súa primeira carreira, fixando un tempo de volta 1.6 segundos máis lentos. Detrás de Button quedou outro novato, Gastón Mazzacane e diante deles estaba Johnny Herbert de Jaguar. Button máis tarde describiu a súa sesión de cualificación dicindo "Non pode ser peor que iso".[17]

Carreira

editar

21 dos 22 autos comezaron na grella, co piloto de Prost, Alesi comezando no pit lane.[18] Häkkinen aproveitou a súa pole position na cualificación para liderar na primeira curva ao comezo da carreira. Coulthard e Schumacher permaneceron no segundo e terceiro lugar respectivamente, pero Barrichello foi superado por Frentzen na primeira curva, caendo ao quinto lugar. Trulli completaba os seis primeiros lugares ao final da 1ª volta.[18] Na parte de atrás da pista, Button gañou seis posicións, pasando da 21ª a 15ª posición.[17][19] Isto foi debido en parte a unha colisión entre o piloto de Minardi Marc Gené e o novato Heidfeld, que deixou a Gené último, xa que tivo que entrar a boxes.

O piloto de Jaguar, Johnny Herbert, foi o primeiro piloto en retirarse con problemas de embrague na 2ª volta. Na 4ª volta, os dous McLarens de Häkkinen e Coulthard, xunto con Schumacher, xa estaban afastándose do Jordan de Frentzen, que estab cinco segundos por detrás de Schumacher. Na volta 7, a suspensión dianteira do Arrows de Pedro de la Rosa fallou, enviándoo contra unha barreira de pneumáticos. O compañeiro de Herbert, Irvine, trmpeou cando intentou evitar un Arrows. Irvine non puido recuperar o Jaguar xa que sufriu un fallo no motor.[18] Ambos se retiraron da carreira. O coche de seguridade saíu para reducir a velocidade dos outros coches para que os comisarios puidesen limpar os restos.[19][20]

Cando ondeou a bandeira verde ao finalizar a volta 10, Coulthard diminuíu drasticamente e fixo unha parada en boxes con problemas de motor. Coulthard volveu á pista, pero o problema continuou e forzou a súa retirada na volta 11. Schumacher ascendeu a segunda posición, con Frentzen en terceiro lugar. Barrichello estaba no cuarto lugar, con Trulli quinto. Tras os cinco primeiros, o piloto de BAR Jacques Villeneuve estaba no sexto lugar, liderando unha cola de automóbiles ata Button no 12º lugar.[18] Häkkinen retirouse na 18ª volta, co mesmo problema que o seu compañeiro de equipo; unha retirada dobre case idéntica á de 1999.[19] Coa retirada de Häkkinen, Schumacher lideraba por 16,5 segundos sobre Frentzen, segundo. Schumacher fixo a súa única parada en boxes na 29ª volta, dando a vantaxe a Frentzen. Schumacher volveu a pista en terceiro lugar, xusto diante de Trulli. Barrichello era o seguinte piloto dos coches de cabeza en entraren boxes na volta 33, pero o equipo de Ferrari cambiou a unha estratexia de dúas paradas para que puidese saír por diante de Frentzen.[20]

Trulli retirouse co seu Jordan na volta 36 con problemas na caixa de cambios. Os retirados e as paradas en boxes auparon a Button, colocando ao piloto de Williams no terceiro lugar antes da súa parada en boxes na volta 36.[19] Frentzen tamén fixo unha parada en boxes na volta 36, ​​pero os mecánicos de Jordan tiveron problemas mentres recargaban o coche, perdendo Frentzen máis de dez segundos na parada. Frentzen regresou ao circuíto en sexto lugar, pero retirouse tres voltas despois con problemas na caixa de cambios. Barrichello tomou o liderado na volta 45, superando ao seu compañeiro de equipo Schumacher antes de facer a súa segunda parada en boxes. Barrichello volveu á pista en segundo lugar.[20]

As retiradas dos coches dos equipos McLaren e Jordan levaron a Ralf Schumacher, o compañeiro de Button en Williams a terceira posición. Villeneuve era cuarto, Giancarlo Fisichella era quinto no Benetton, con Button sexto.[18] A falta de 11 voltas Button retirouse da carreira cun fallo no motor.[17] Ricardo Zonta, nun BAR, ascendeu ao sexto posto, pero foi superado por Salo a falta dunhas poucas voltas.[18] Schumacher gañou a carreira logo de 58 voltas cun tempo de 1:34: 01.987, doce segundos oor diante do segundo posto de Barrichello, que completou un dobrete para Ferrari. Ralf Schumacher rematou en terceiro lugar, con Villeneuve detrás no cuarto, dando a BAR os seus primeiros puntos na Fórmula Un. Fisichella terminou quinto, con Salo inicialmente clasificado no sexto lugar no Sauber. Con todo, unhas horas logo da carreira, Salo foi desclasificado da carreira por unha infracción na carrozaría, promovendo a Zonta á sexta posición.[18]

Post-carreira

editar

Logo da carreira, Michael Schumacher dixo:

Pilotei bastante facilmente desde o principio, salvando os meus pneumáticos, salvando o meu combustible, listo para o momento final cando chegaron as paradas en boxes e tiven que atacar. Desafortunadamente os dous pilotos de diante de min romperon. Preferiría competir ata o final, para demostrar o bos que somos realmente.[20]

Clasificación

editar

Cualificación

editar
Pos. Piloto Construtor Tempo Diferenza
1 1   Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:30.556
2 2   David Coulthard McLaren-Mercedes 1:30.910 0.354
3 3   Michael Schumacher Ferrari 1:31.075 0.519
4 4   Rubens Barrichello Ferrari 1:31.102 0.546
5 5   Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda 1:31.359 0.803
6 6   Jarno Trulli Jordan-Mugen-Honda 1:31.504 0.948
7 7   Eddie Irvine Jaguar-Cosworth 1:31.514 0.958
8 22   Jacques Villeneuve BAR-Honda 1:31.968 1.412
9 11   Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 1:31.992 1.436
10 17   Mika Salo Sauber-Petronas 1:32.018 1.462
11 9   Ralf Schumacher Williams-BMW 1:32.220 1.664
12 18   Pedro de la Rosa Arrows-Supertec 1:32.323 1.767
13 19   Jos Verstappen Arrows-Supertec 1:32.477 1.921
14 12   Alexander Wurz Benetton-Playlife 1:32.775 2.219
15 15   Nick Heidfeld Prost-Peugeot 1:33.024 2.468
16 23   Ricardo Zonta BAR-Honda 1:33.117 2.561
17 14   Jean Alesi Prost-Peugeot 1:33.197 2.641
18 20   Marc Gené Minardi-Fondmetal 1:33.261 2.705
19 16   Pedro Diniz Sauber-Petronas 1:33.378 2.822
20 8   Johnny Herbert Jaguar-Cosworth 1:33.638 3.082
21 10   Jenson Button Williams-BMW 1:33.828 3.272
22 21   Gastón Mazzacane Minardi-Fondmetal 1:34.705 4.149
107% tempo: 1:36.895
Fonte:[21]

Carreira

editar
Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 3   Michael Schumacher Ferrari 58 1:34:01.987 3 10
2 4   Rubens Barrichello Ferrari 58 11.415 4 6
3 9   Ralf Schumacher Williams-BMW 58 20.009 11 4
4 22   Jacques Villeneuve BAR-Honda 58 44.447 8 3
5 11   Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 58 45.165 9 2
6 23   Ricardo Zonta BAR-Honda 58 46.468 16 1
7 12   Alexander Wurz Benetton-Playlife 58 46.915 14
8 20   Marc Gené Minardi-Fondmetal 57 1 volta 18
9 15   Nick Heidfeld Prost-Peugeot 56 2 voltas 15
Ret 10   Jenson Button Williams-BMW 46 Motor 21
Ret 16   Pedro Diniz Sauber-Petronas 41 Transmisión 19
Ret 21   Gastón Mazzacane Minardi-Fondmetal 40 caixa de cambios 22
Ret 5   Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda 39 Hidráulica 5
Ret 6   Jarno Trulli Jordan-Mugen-Honda 35 Motor 6
Ret 14   Jean Alesi Prost-Peugeot 27 Hidráulica PL
Ret 1   Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 18 Motor 1
Ret 19   Jos Verstappen Arrows-Supertec 16 Suspensión 13
Ret 2   David Coulthard McLaren-Mercedes 11 Motor 2
Ret 18   Pedro de la Rosa Arrows-Supertec 6 Suspensión/Accidente 12
Ret 7   Eddie Irvine Jaguar-Cosworth 6 Trompo/Accidente 7
Ret 8   Johnny Herbert Jaguar-Cosworth 1 Embrague 20 ;
DSC 17   Mika Salo Sauber-Petronas 58 Descualificado ( 45.624) 10
Fonte:[2]

Posicións logo da carreira

editar
  • Nota: só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións.


Carreira anterior:
Gran Premio do Xapón de 1999
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2000
Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 200
Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 1999
Gran Premio de Australia Carreira seguinte:
Gran Premio de Australia de 2001
  1. Tytler, Ewan. "The Australian GP Preview". Atlas F1 (Haymarket Publications). Consultado o 5 de xuño de 2008. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "2000 Australian Grand Prix". The Official Formula 1 Website. Formula One Management. Arquivado dende o orixinal o 7 de xuño de 2008. Consultado o 5 de xuño de 2008. 
  3. Mossop, James (13 de marzo de 2000). "Australian Grand Prix: Ferrari off to a flyer". Telegraph.co.uk (Telegraph Group). Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2002. Consultado o 5 de xuño de 2008. 
  4. "Slow starters, or dream debuts?". The Official Formula 1 Website (Formula One Management). 13 de marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 26 de decembro de 2015. 
  5. "Australian GP Preview Homepage". Atlas F1. Haymarket Publications. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2008. Consultado o 5 de xuño de 2008. 
  6. "Schumacher Bookie's Favourite to Win Drivers' Title". Atlas F1 (Haymarket Publications). 3 de marzo de 2000. Consultado o 5 de xuño de 2008. 
  7. The F1 Rumours Team. "The Grapevine - Rumours and speculation in the world of Formula One". Atlas F1 (Haymarket Publications). Consultado o 5 de xuño de 2008. 
  8. Allsop, Derick (1 de marzo de 2000). "Irvine provides new spin on McLaren rival". The Independent (Independent News and Media). Consultado o 5 de xuño de 2008. [Ligazón morta]
  9. Gordon, Ian (4 de marzo de 2000). "Schumacher can Scheck in for title". The Independent (Independent News and Media). Consultado o 5 de xuño de 2008. [Ligazón morta]
  10. "Prost Signs Heidfeld". Atlas F1 (Haymarket Publications). 27 de agosto de 1999. Consultado o 5 de xuño de 2008. 
  11. Fearnley, Paul (22 de outubro de 1999). "Pitpass: Ollie taks test". F1 Racing (Teddington, Middlesex, United Kingdom: Haymarket Magazine) (novembro de 1999): 21. ISSN 1361-4487. 
  12. Fearnley, Paul (18 de febreiro de 2000). "2000 Preview". F1 Racing (Teddington, Middlesex, United Kingdom: Haymarket Magazine) (marzo 2000): 54–86. ISSN 1361-4487. 
  13. "Minardi Announce Mazzacane as Second Driver". Atlas F1 (Haymarket Publications). 14 de febreiro de 2000. Consultado o 5 de xuño de 2008. 
  14. "Williams Launch New Car; Button Replaces Zanardi". Atlas F1 (Haymarket Publications). 24 de xaneiro de 2000. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2008. Consultado o 5 de xuño de 2008. 
  15. McRae, Donald (11 de marzo de 2000). "Moment of truth for Button, the most hyped driver since Senna". guardian.co.uk (Guardian News and Media). Consultado o 5 de xuño de 2008. 
  16. "Hakkinen Sets 22nd Pole in Qualifying - Australian GP". Atlas F1 and Reuters (Haymarket Publications). 11 de marzo de 2000. Consultado o 5 de xuño de 2008. 
  17. 17,0 17,1 17,2 Benson, Andrew (13 de marzo de 2000). "Button bright in baptism of fire". guardian.co.uk (Guardian News and Media). Consultado o 5 de xuño de 2008. 
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 18,5 18,6 Lupini, Michele. "The Australian GP Review". Atlas F1 (Haymarket Publications). Consultado o 5 de xuño de 2008. 
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 Windsor, Peter; Clarkson, Tom (17 de marzo de 2000). "Schuey's confidence repaid". F1 Racing (Teddington, Middlesex, United Kingdom: Haymarket Magazine) (marzo de 2000): 136–143. ISSN 1361-4487. 
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 Henry, Alan (13 de marzo de 2000). "Ferrari fire as Button comes undone". guardian.co.uk (Guardian News and Media). Consultado o 5 de xuño de 2008. 
  21. F1, STATS. "Australia 2000 - Qualifications • STATS F1". www.statsf1.com (en inglés). Consultado o 14 de novembro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar